DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 18 de maio de 2026 Páx. 28605

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, pola que se redistribúen os créditos orzamentarios e se dá publicidade ao esgotamento de crédito da Orde do 29 de decembro de 2025 pola que se establecen, para o período 2026-2029, as bases reguladoras polas que se rexerán as accións formativas Galicia Suma Talento: formación persoas ocupadas, e se procede á primeira convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva para o exercicio 2026-2027, código de procedemento TR302A (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro de 2026).

Primeiro. Mediante a Orde do 29 de decembro de 2025 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro), a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración estableceu as bases reguladoras para o período 2026-2029 e realizou a primeira convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, co fin de financiar accións formativas do Catálogo de especialidades formativas do Servizo Público de Emprego Estatal dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas, para os exercicios 2026-2027 (código de procedemento TR302A).

Segundo. A Orde do 29 de decembro recolle no seu artigo 41 o financiamento das axudas previstas con cargo ás aplicacións orzamentarias 14.03.323B.471.0 e 14.03.323B.481.0, código de proxecto 2013 00493, cunha contía total de 10.622.078,00 €, dos cales 9.972.078,00 € corresponden á anualidade 2026 e 650.000,00 € á anualidade 2027, procedentes de fondos finalistas transferidos polo Servizo Público de Emprego Estatal.

Aplicación orzamentaria

Entidades que financia

Anualidade 2026

Anualidade 2027

Importe total

14.03.323B.471.0

Empresas

8.467.611,00 €

500.000,00 €

8.967.611,00 €

14.03.323B.481.0

Entidades sen ánimo de lucro

1.504.467,00 €

150.000,00 €

1.654.467,00 €

Total

9.972.078,00 €

650.000,00 €

10.622.078,00 €

No mesmo artigo 41 establécese que eses créditos poderán ser obxecto de modificacións nos supostos e nas condicións previstas nos artigos 30 e 31 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

De acordo co disposto no artigo 31 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da devandita distribución non precisará dunha nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Unha vez instruídos os expedientes de acordo co procedemento establecido no artigo 15 das bases reguladoras, e obtida a relación de accións formativas que van ser subvencionadas que cumpren cos requisitos establecidos nas citadas bases, cómpre realizar unha redistribución do crédito entre as distintas aplicacións orzamentarias, en función do tipo de entidade que vai impartir a formación (empresas ou entidades sen ánimo de lucro), debido a que a dispoñibilidade de crédito considérase no seu conxunto.

Terceiro. A Orde do 29 de decembro establece no artigo 15.5 que as axudas concederánselles ás entidades solicitantes que reúnan todos os requisitos establecidos na orde, seguindo a orde de prelación temporal da presentación electrónica das solicitudes e ata o esgotamento do orzamento dispoñible ou, de ser o caso, o remate do prazo límite de presentación de solicitudes.

Indícase tamén que o esgotamento do crédito publicarase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e procederá a inadmisión de todas as solicitudes presentadas que non sexan tramitadas ata ese momento sen necesidade de ningunha actuación previa.

Cuarto. A disposición derradeira primeira da Orde do 29 de decembro establece que se autoriza a persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias para a interpretación, desenvolvemento e execución desta disposición.

En virtude do anterior, a persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego,

RESOLVE:

Primeiro. Modificar o crédito destinado ás axudas convocadas na Orde do 29 de decembro de 2025 pola que se establecen, para o período 2026-2029, as bases reguladoras polas que se rexerán as accións formativas Galicia Suma Talento: formación persoas ocupadas, e se procede á primeira convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva para o exercicio 2026-2027 (código de procedemento TR302A) redistribuíndo o crédito previsto na dita orde para a anualidade 2026 da seguinte maneira, sen variar o orzamento total:

Anualidade 2026

Aplicación orzamentaria

Código de proxecto

Orzamento inicial

Modificacións

Orzamento final

14.03.323B.471.0

2013 00493

8.467.611,00 €

+ 458.900,00 €

8.926.511,00 €

14.03.323B.481.0

2013 00493

1.504.467,00 €

- 458.900,00 €

1.045.567,00 €

Total

2013 00493

9.972.078,00 €

9.972.078,00 €

Segundo. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do esgotamento do crédito da anualidade 2026 indicado no punto terceiro, ao abeiro do procedemento TR302A, da Orde do 29 de decembro de 2025 pola que se establecen, para o período 2026-2029, as bases reguladoras polas que se rexerán as accións formativas Galicia Suma Talento: formación persoas ocupadas, e se procede á primeira convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva para o exercicio 2026-2027.

A derradeira solicitude que se poderá conceder antes do esgotamento do crédito é a correspondente ao expediente TR302A-2026/000188-0, acción formativa 2026/003061, presentada na sede electrónica, nos termos recollidos no artigo 6 da Orde, o día 24.4.2026 ás 9.17.20 horas.

Dado que o crédito da anualidade 2027 aínda non se esgotou, poderían concederse aquelas solicitudes de accións formativas que puidesen impartirse integramente dentro do ano 2027, aínda que a data de presentación fose posterior á indicada no parágrafo anterior.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2026

Zeltia Lado Lago
Directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego