DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 19 de maio de 2026 Páx. 28959

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 12 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas ás entidades recoñecidas como agrupacións de defensa sanitaria gandeira (ADSG) de Galicia e se convocan para os anos 2026 e 2027 (código de procedemento MR237B).

De conformidade co establecido no artigo 16 da Orde do 12 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás entidades recoñecidas como agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG) de Galicia e se convocan para os anos 2026 e 2027, e de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución de concesión e denegación das axudas publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Por outra parte, de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

En virtude do Decreto 223/2022, do 22 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica dá Consellería do Medio Rural, o director xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

RESOLVE:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 12 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas ás entidades recoñecidas como agrupacións de defensa sanitaria gandeira (ADSG) de Galicia e se convocan para os anos 2026 e 2027 (código de procedemento MR237B), que figuran como anexo nesta resolución.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2026

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Convocatoria:

Orde do 12 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas ás entidades recoñecidas como agrupacións de defensa sanitaria gandeira (ADSG) de Galicia e se convocan para os anos 2026 e 2027 (código de procedemento MR237B).

Aplicación orzamentaria:

a) Para o ano 2026: 15.04.713E.470.0, dotada para esta finalidade con 1.179.850 euros.

b) Para o ano 2027: 15.04.713E.470.0, dotada para esta finalidade con 1.200.150 euros.

Obxecto:

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ás agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (en diante, ADSG) para o desenvolvemento dos programas sanitarios establecidos no anexo VII da presente orde (MR237B).

Beneficiarias:

As entidades asociativas agrarias recoñecidas como ADSG e, polo tanto, inscritas no rexistro de ADSG de Galicia antes da finalización do prazo de solicitude establecido nesta orde, e que manteñan as condicións do recoñecemento ao longo de todo o período de execución da axuda.

Quedan excluídas da condición de beneficiarias as ADSG formadas exclusivamente por cebadeiros de gando vacún.

Recursos:

As resolucións de subvención ditadas ao abeiro desta orde, así como a desestimación presunta de solicitudes, poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se producise o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se producise o acto presunto.

Finalidade: Programas de planificación zoosanitaria.

ADSG beneficiarias e subvención:

NIF

Nome agrupación

Axuda total adxudicada

Axuda 1ª liña: persoal veterinario

Axuda 2ª liña: material funxible

G27441278

ADSG A Lagoa

29.073,20 €

28.184,60 €

888,60 €

G27427384

ADSG A Mariña

25.867,05 €

24.900,00 €

967,05 €

G27300953

ADSG A Pastoriza

61.224,00 €

59.481,00 €

1.743,00 €

G32360018

ADSG Acivo

48.679,50 €

48.679,50 €

0,00 €

G15084601

ADSG Agavi

8.300,00 €

8.300,00 €

0,00 €

F27317593

ADSG AIRA S.C.G.

106.880,35 €

103.000,00 €

3.880,35 €

G32291668

ADSG Asociación Agrogandeira A Veiga

24.288,29 €

23.600,00 €

688,29 €

V36366060

ADSG Avicultura, recría e posta

13.319,60 €

13.319,60 €

0,00 €

G32362154

ADSG Baixa Limia

20.765,95 €

20.200,00 €

565,95 €

G27290774

ADSG Becerreá

29.550,00 €

28.850,00 €

700,00 €

G27315084

ADSG Bubela

27.404,80 €

26.574,40 €

830,40 €

G27301704

ADSG Castelo verde

51.569,10 €

49.500,00 €

2.069,10 €

G27314947

ADSG Castro de Rei

68.863,55 €

66.800,00 €

2.063,55 €

F70509096

ADSG CLUN S.C.G.

41.884,00 €

40.400,00 €

1.484,00 €

G32141657

ADSG Colaboradores de Saprogal

6.988,25 €

6.548,70 €

439,55 €

F70305032

ADSG Coreber S.C.G.

8.300,00 €

8.300,00 €

0,00 €

V15469034

ADSG Coruña centro

20.326,42 €

19.721,26 €

605,16 €

G15477284

ADSG Coruña costa

18.614,21 €

17.327,56 €

1.286,65 €

G15961956

ADSG Coruña oeste

2.804,79 €

2.804,79 €

0,00 €

G15524945

ADSG Coruña sur

22.350,72 €

20.600,00 €

1.750,72 €

G70172085

ADSG Costa da Morte

63.500,00 €

61.700,00 €

1.800,00 €

G15914708

ADSG Curtis

64.100,00 €

61.800,00 €

2.300,00 €

G32285579

ADSG Avicultores de Ourense

28.500,00 €

28.500,00 €

0,00 €

V36037851

ADSG Gando porcino de Silleda

65.800,00 €

61.800,00 €

4.000,00 €

G15932379

ADSG Gando vacún de Boimorto

20.924,65 €

20.200,00 €

724,65 €

G15920739

ADSG Gando vacún de Mesía

21.058,94 €

20.392,04 €

666,90 €

G15941669

ADSG Gando vacún de Touro

20.796,33 €

19.588,68 €

1.207,65 €

G15932387

ADSG do gando vacún Terras do Queixo

27.825,30 €

27.045,00 €

780,30 €

G15972714

ADSG Encoro do Eume

14.050,55 €

13.647,21 €

403,34 €

G27302835

ADSG Fonsega

42.290,05 €

41.200,00 €

1.090,05 €

G27414465

ADSG Galicia centro

147.300,00 €

143.800,00 €

3.500,00 €

G27317569

ADSG Gandeiros de Pol

20.900,00 €

20.200,00 €

700,00 €

G27302728

ADSG Gandeiros do Corgo

20.615,00 €

20.200,00 €

415,00 €

G55400071

ADSG Gandeiros Ourense Sur

8.300,00 €

8.300,00 €

0,00 €

G70391206

ADSG Gando vacún de Frades

30.180,00 €

28.500,00 €

1.680,00 €

G15927163

ADSG Gandosán

7.293,87 €

7.082,67 €

211,20 €

F27013739

ADSG Lemos S.C.G.

72.665,75 €

70.100,00 €

2.565,75 €

G32347015

ADSG Macizo Central Ourensán

16.600,00 €

16.600,00 €

0,00 €

G15975220

ADSG Mandeume

8.786,30 €

8.300,00 €

486,30 €

G15975238

ADSG Mazaricos

60.300,00 €

57.800,00 €

2.500,00 €

G27430354

ADSG Miño Eo

20.840,35 €

20.200,00 €

640,35 €

G27426394

ADSG Montaña lucense

70.256,24 €

68.404,24 €

1.852,00 €

G15970023

ADSG Nicraria barcalesa

29.635,20 €

28.500,00 €

1.135,20 €

G70323282

ADSG O Cruceiro

55.565,60 €

53.766,80 €

1.798,80 €

G27302439

ADSG O Páramo

27.039,30 €

26.221,65 €

817,65 €

G70278148

ADSG Ortegal

8.603,90 €

8.300,00 €

303,90 €

G70024401

ADSG Pico Sacro Ulla

20.749,70 €

20.200,00 €

549,70 €

V36219582

ADSG Porcino do Deza

21.852,85 €

20.600,00 €

1.252,85 €

V27282938

ADSG Porcino Lugo centro norte

43.477,72 €

40.400,00 €

3.077,72 €

G27283043

ADSG Porcino Lugo sur

17.242,80 €

16.442,80 €

800,00 €

G32308843

ADSG Produtores de porcino de Ourense

51.711,24 €

51.711,24 €

0,00 €

G32285595

ADSG Produtores de pavos de Ourense e Lugo

8.152,00 €

8.152,00 €

0,00 €

G27355304

ADSG Río Narla

36.972,00 €

35.682,00 €

1.290,00 €

G27442748

ADSG Río Neira

63.716,39 €

62.100,00 €

1.616,39 €

G32332819

ADSG San Mamede de Maceda

22.993,52 €

22.993,52 €

0,00 €

G70320759

ADSG Sandogan

88.425,00 €

85.500,00 €

2.925,00 €

G15966617

ADSG Santa Comba

38.987,61 €

37.200,00 €

1.787,61 €

G27286855

ADSG Santa Isabel

20.826,70 €

20.200,00 €

626,70 €

G27495522

ADSG Sarria

47.352,80 €

45.500,00 €

1.852,80 €

F36559003

ADSG Sercuni, S.C.G.

16.795,20 €

16.795,20 €

0,00 €

G27465459

ADSG Terras da Ulloa Pallares

72.590,00 €

70.100,00 €

2.490,00 €

G27290170

ADSG Trimaz

34.250,00 €

33.200,00 €

1.050,00 €

G27371954

ADSG Vilam

35.523,36 €

34.702,36 €

821,00 €

V36455921

ADSG Xundeva

127.600,00 €

123.600,00 €

4.000,00 €