DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 19 de maio de 2026 Páx. 28954

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Xuventude, pola que se publica a Resolución do 7 de maio de 2026 relativa á adxudicación do uso de instalacións xuvenís ao abeiro da Orde do 30 de marzo de 2026 pola que se convoca o procedemento para a concesión do uso de instalacións xuvenís para desenvolver programas de lecer educativo e tempo libre durante a Campaña de verán 2026 para colectivos xuvenís (código de procedemento BS304A).

Mediante a Orde do 30 de marzo de 2026 (Diario Oficial de Galicia número 69, do 15 de abril) establecéronse as bases reguladoras e convocouse o procedemento para adxudicar o uso de instalacións xuvenís para desenvolver programas de lecer educativo e tempo libre durante a Campaña de verán 2026 para colectivos xuvenís, nos termos establecidos na orde e coa distribución de prazas recollida no seu anexo I.

De conformidade co disposto no artigo 9.5 da dita orde de convocatoria, o órgano competente para resolver é a persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, por delegación da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Así mesmo, o artigo 10 da citada orde establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Tras a instrución do procedemento, o 7 de maio de 2026 o órgano competente emitiu a resolución que finaliza o procedemento de adxudicación do uso de instalacións xuvenís para desenvolver programas de lecer educativo e tempo libre durante a Campaña de verán 2026.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 7 de maio de 2026, ditada no procedemento BS304A, relativa á adxudicación do uso de instalacións xuvenís ao abeiro da Orde do 30 de marzo de 2026 pola que se convoca o procedemento para a concesión do uso de instalacións xuvenís para desenvolver programas de lecer educativo e tempo libre durante a Campaña de verán 2026 para colectivos xuvenís (código de procedemento BS304A), que se xunta como anexo desta resolución.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 7 de maio de 2026, que finaliza este procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela pode interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación a través desta publicación no Diario Oficial de Galicia.

Non obstante, poderá interporse potestativamente recurso de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación a través desta publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2026

Lara del Carmen Meneses Álvarez
Directora xeral de Xuventude

ANEXO

Resolución do 7 de maio de 2026, ditada no procedemento BS304A, relativa á adxudicación do uso de instalacións xuvenís ao abeiro da Orde do 30 de marzo de 2026 pola que se convoca o procedemento para a concesión do uso de instalacións xuvenís para desenvolver programas de lecer educativo e tempo libre durante a Campaña de verán 2026 para colectivos xuvenís (código de procedemento BS304A).

Mediante a Orde do 30 de marzo de 2026 (Diario Oficial de Galicia número 69, do 15 de abril) establecéronse as bases reguladoras e convocouse o procedemento para adxudicar o uso de instalacións xuvenís para desenvolver programas de lecer educativo e tempo libre durante a Campaña de verán 2026 para colectivos xuvenís, nos termos establecidos na orde e coa distribución de prazas recollida no anexo I desta.

Unha vez comprobadas as solicitudes polo Instituto da Xuventude de Galicia, órgano instrutor do procedemento, a Comisión de Valoración prevista no artigo 9 avaliou as solicitudes admitidas a trámite de acordo cos criterios de adxudicación e pola orde de preferencia e prioridade que se recollen no artigo 8.

Á vista do expediente e do informe da Comisión de Valoración, o órgano instrutor formulou a proposta de resolución conforme o regulado no artigo 9.

A Dirección Xeral de Xuventude é competente para resolver, por delegación da persoa titular da consellería competente en materia de xuventude, segundo o disposto no artigo 9.5 da Orde do 30 de marzo de 2026.

Con base no exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Adxudicar o uso temporal de instalacións xuvenís para desenvolver programas de lecer educativo e tempo libre durante a Campaña de verán 2026 para colectivos xuvenís ás entidades relacionadas no anexo I, nos termos que se expoñen na devandita relación.

Segundo. Denegar o uso de instalacións xuvenís para desenvolver programas de lecer educativo e tempo libre durante a Campaña de verán 2026 para colectivos xuvenís ás entidades relacionadas no anexo II, por aplicación dos criterios de preferencia e prioridade recollidos no artigo 8.

Terceiro. As entidades adxudicatarias deberán cumprir as obrigas previstas nos artigos 12, 14 e 15 da Orde do 30 de marzo de 2026.

A documentación indicada nos citados artigos deberá presentarse electronicamente e dirixirse ao Servizo de Xuventude e Voluntariado correspondente á provincia en que estea a instalación adxudicada, conforme o sinalado nos artigos 7, 12 e 14 da orde.

Se transcorridos os prazos que se indican nos citados artigos non se cumprisen as obrigas correspondentes, logo do trámite de audiencia da entidade interesada, declararase a perda do dereito á instalación adxudicada a través da oportuna resolución, que será ditada nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Conforme o disposto no artigo 16 da orde, a autorización poderá ser revogada unilateralmente en calquera momento polo órgano que a outorgou, sen xerar dereito a indemnización, no caso de incumprimento das obrigas por parte das entidades ou grupos beneficiarios ou se producen danos no dominio público, impiden a súa utilización para actividades de maior interese público, menoscaban o uso xeral ou cando os bens sexan necesarios para as actividades propias da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou das súas entidades públicas instrumentais.

Cuarto. A presente resolución esgota a vía administrativa e contra ela pode interporse un recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, que comezará a contar desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Non obstante, poderá interporse potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Quinto. A publicación desta resolución producirá os efectos de notificación, nos termos establecidos no artigo 10 da Orde do 30 de marzo de 2026 e no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2026. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude. P.D. (artigo 9 da Orde do 30 de marzo de 2026), Lara del Carmen Meneses Álvarez, Directora xeral de Xuventude.

ANEXO I

Procedemento BS304A

Entidades adxudicatarias:

Expediente

Entidade adxudicataria

Localidade

Instalación adxudicada

Datas

Prazas

BS304A/0016/2026

Asociación Cultural Escola de Música de Rianxo

Rianxo (A Coruña)

A.X. Mariña Española

25/06-28/06

80

BS304A/0004/2026

Concello de Ponteareas

Ponteareas (Pontevedra)

A.X. Mariña Española

25/06-27/06

20

BS304A/0005/2026

Asociación Deportiva Escola Judo Club

Vedra (A Coruña)

A.X. Mariña Española

01/09-10/09

100

BS304A/0017/2026

Asociación Espazo Aberto Galiza pola Amizade entre os Pobos

Santiago de Compostela

(A Coruña)

C.X. Virxe de Loreto

26/08-04/09

80

BS304A/0006/2026

Organización Juvenil Española

A Coruña (A Coruña)

C.X. Virxe de Loreto

26/08-2/09

35

BS304A/0024/2026

Concello de Negreira

Negreira (A Coruña)

C.X. Espiñeira

26/08-04/09

50

BS304A/2013/2026

Asociación Galega de Familias de Acollida Acougo

Santiago de Compostela

(A Coruña)

A.X. Area

21/06-29/06

44

BS304A/0001/2026

Concello de Cangas de Morrazo

Cangas de Morrazo (Pontevedra)

A.X. Area

21/06-29/06

50

BS304A/0010/2026

Concello de Oroso

Oroso (A Coruña)

A.X. Benigno Quiroga

21/08-28/08

50

BS304A/0022/2026

Asociación Cultural Os Tres Reinos

A Mezquita (Ourense)

C.X. A Devesa

26/08-04/09

30

BS304A/0012/2026

Concello de Lalín

Lalín (Pontevedra)

C.X. A Devesa

26/08-04/09

60

BS304A/0003/2026

Arenaria Coordinación, S.L.

Padrón (A Coruña)

C.X. Os Chacotes

26/08-02/09

50

BS304A/0008/2026

Asociación Cultural, Deportiva e Xuvenil (Acuxuve)

Vedra (A Coruña)

A.X. As Sinas

21/06-29/06

120

BS304A/0020/2026

Concello de Touro

Touro (A Coruña)

C.X. Pontemaril

26/08-04/09

45

BS304A/0011/2026

Concello da Baña

A Baña (A Coruña)

C.X. Pontemaril

26/08-04/09

20

BS304A/0014/2026

Concello da Estrada

A Estrada (Pontevedra)

C.X. Illa de Ons

21/08-28/08

60

ANEXO II

Procedemento BS304A

Entidades non adxudicatarias:

Expediente

Entidades non adxudicatarias

Motivo

BS304A/0007/2026

Concello de Vedra

Aplicación dos criterios de preferencia e prioridade regulados no artigo 8 da orde

BS304A/0009/2026

Concello de Viana do Bolo

Aplicación dos criterios de preferencia e prioridade regulados no artigo 8 da orde

BS304A/0015/2026

Asociación Músico-Cultural San Martiño Salcedo

Aplicación dos criterios de preferencia e prioridade regulados no artigo 8 da orde

BS304A/0018/2026

Concello de San Cibrao das Viñas

Aplicación dos criterios de preferencia e prioridade regulados no artigo 8 da orde

BS304A/0019/2026

Club Deportivo Hydra

Aplicación dos criterios de preferencia e prioridade regulados no artigo 8 da orde

BS304A/0021/2026

Concello de Rois

Aplicación dos criterios de preferencia e prioridade regulados no artigo 8 da orde