DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 19 de maio de 2026 Páx. 29073

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cuntis

ANUNCIO do 27 de abril de 2026 de notificación ás persoas titulares descoñecidas do requirimento para lembrar o cumprimento da obriga da xestión da biomasa vexetal e da retirada de especies arbóreas.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que non se pode determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa ou se ignora o lugar de notificación, os titulares dos bens que se relacionan a seguir son descoñecidos e resulta imposible a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e de retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Data da acta de inspección

Ref. catastral

Localización/polígono/parcela

Persoa responsable

22.8.2025

36015A02100004

021

00004

Descoñecida

8.8.2025

36015A04300288

043

00288

Descoñecida

8.8.2025

36015A04300295

043

00295

Descoñecida

8.8.2025

36015A04300296

043

00296

Descoñecida

8.8.2025

36015A04300297

043

00297

Descoñecida

8.8.2025

36015A04300299

043

00299

Descoñecida

8.8.2025

36015A04300300

043

00300

Descoñecida

27.6.2025

36015A20600092

206

00092

Descoñecida

27.6.2025

36015A20600103

206

00103

Descoñecida

27.6.2025

36015A20600114

206

00114

Descoñecida

27.6.2025

36015A20600116

206

00116

Descoñecida

27.6.2025

36015A20600118

206

00118

Descoñecida

27.6.2025

36015A20600123

206

00123

Descoñecida

27.6.2025

36015A20610104

206

10104

Descoñecida

2.7.2025

36015B50400342

504

00342

Descoñecida

2.7.2025

36015B50400343

504

00343

Descoñecida

2.7.2025

36015B50400442

504

00442

Descoñecida

23.4.2026

4705932NH3240N

Descoñecida

26.3.2026

36015A01300543

013

00543

Descoñecida

26.3.2026

36015A01300544

013

00544

Descoñecida

26.3.2026

36015A01300546

013

00546

Descoñecida

26.3.2026

36015A01300547

013

00547

Descoñecida

26.3.2026

36015A01300548

013

00548

Descoñecida

26.3.2026

36015A01300549

013

00549

Descoñecida

26.3.2026

36015A01300576

013

00576

Descoñecida

26.3.2026

36015A01300581

013

00581

Descoñecida

26.3.2026

36015A01300585

013

00585

Descoñecida

26.3.2026

36015A01300847

013

00847

Descoñecida

26.3.2026

36015A00500100

005

00100

Descoñecida

23/04/2026

36015A07400421

074

00421

Descoñecida

1º. En virtude do que antecede, comunícaselles que na acta de inspección de referencia se comprobou que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario e para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

Lémbraselles ás persoas que resulten responsables consonte o artigo 21.ter que deben proceder á execución da xestión da biomasa no ámbito das redes de faixas de xestión de biomasa, incluída, se é o caso, a retirada de especies arbóreas, antes de que remate o mes de maio de cada ano. Ademais, no caso de persistir no incumprimento, as obrigas de xestión para os anos seguintes deberá estar completada antes do primeiro día de abril.

2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, poderanse impoñer multas coercitivas reiteradas cada tres meses, cuxa contía será de 900,00 € por hectárea de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional, se a área for inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben proceder á execución subsidiaria a través da realización por parte da Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, do comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto. En todo caso, a contía mínima para impoñer por multa coercitiva será de 100,00 € con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión de biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias por parte da Administración poderase verificar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. O Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción desde o momento en que se verifique o incumprimento da obriga de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria pola Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria e seralle notificada á persoa responsable para o seu pagamento.

Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada que se mostra na seguinte táboa:

Nº de expediente

Ref. catastral

ha afectadas por execución subsidiaria

Estimación de prezo por ha

Liquidación provisional

2025/36015A02100004

36015A02100004

1,1439

3.545,82 €

4.056,16 €

2025/36015A04300288

36015A04300288

0,0214

3.545,82 €

75,99 €

2025/36015A04300295

36015A04300295

0,0133

3.545,82 €

47,20 €

2025/36015A04300296

36015A04300296

0,0137

3.545,82 €

48,51 €

2025/36015A04300297

36015A04300297

0,0108

3.545,82 €

38,36 €

2025/36015A04300299

36015A04300299

0,0442

3.545,82 €

156,65 €

2025/36015A04300300

36015A04300300

0,0530

3.545,82 €

187,86 €

2025/36015A20600092

36015A20600092

0,0943

3.545,82 €

334,35 €

2025/36015A20600103

36015A20600103

0,0182

3.545,82 €

64,57 €

2025/36015A20600114

36015A20600114

0,0357

2.056,00 €

73,47 €

2025/36015A20600116

36015A20600116

0,0797

3.545,82 €

282,78 €

2025/36015A20600118

36015A20600118

0,0117

3.545,82 €

41,33 €

2025/36015A20600123

36015A20600123

0,0812

3.545,82 €

287,83 €

2025/36015A20610104

36015A20610104

0,0005

2.056,00 €

1,08 €

2025/36015B50400342

36015B50400342

0,1599

2.056,00 €

328,84 €

2025/36015B50400343

36015B50400343

0,1955

2.056,00 €

402,01 €

2025/36015B50400442

36015B50400442

0,4291

2.056,00 €

882,30 €

2026/4705932NH3240N

4705932NH3240N

0,0359

1.688,89 €

60,63 €

2026/36015A01300543

36015A01300543

0,1324

3.545,82 €

469,46 €

2026/36015A01300544

36015A01300544

0,2213

3.545,82 €

784,68 €

2026/36015A01300546

36015A01300546

0,2198

3.545,82 €

779,37 €

2026/36015A01300547

36015A01300547

0,2053

3.545,82 €

727,95 €

2026/36015A01300548

36015A01300548

0,1412

3.545,82 €

500,66 €

2026/36015A01300549

36015A01300549

0,0591

3.545,82 €

209,55 €

2026/36015A01300576

36015A01300576

0,1137

3.545,82 €

403,15 €

2026/36015A01300581

36015A01300581

0,0373

3.545,82 €

132,25 €

2026/36015A01300585

36015A01300585

0,1693

3.545,82 €

600,30 €

2026/36015A01300847

36015A01300847

0,2601

3.545,82 €

922,26 €

2026/36015A00500100

36015A00500100

0,3765

3.545,82 €

1.335,00 €

2026/36015A07400421

36015A07400421

0,4737

3.545,82 €

1.679,65 €

4º. A falta de cumprimento das obrigas indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, no cal poderán adoptarse medidas de carácter provisional consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e de retirada de especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais e o comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular do departamento territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a. A persoa titular do departamento territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b. O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c. A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves).

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impor no caso de infracción leve: 1.000,00 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007). No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000,00 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

Cuntis, 27 de abril de 2026

Manuel Campos Velay
Alcalde