Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Tribunal de Instancia, Sección do Contencioso-Administrativo, praza número 3 de Pontevedra, en relación co procedemento ordinario 72/2026, interposto polas persoas con DNI 76809108X e 36027139P, contra a resolución ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística o 20 de xaneiro de 2026, que estima parcialmente o recurso de reposición interposto contra outra do 29 de novembro de 2023, expediente POL 46 2020, no sentido de declarar a prescrición da infracción e anular, en consecuencia, a sanción de multa imposta, confirmando en todo o demais a resolución impugnada, é dicir, a restitución das cousas e a súa reposición ao estado anterior ao da comisión da infracción, polo que debe proceder á completa demolición e retirada da totalidade da vivenda, dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre na rúa Preguntoiro, 13, de Viñó, O Hío, no concello de Cangas de Morrazo (referencia catastral 36008A012020140000JF e 36008A012020140001KG), no prazo máximo de tres meses, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Tribunal de Instancia, Sección do Contencioso Administrativo, praza número 3 de Pontevedra.
Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante esta cédula (que, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a persoa con DNI 35966416M para que se poida presentar como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 4 de maio de 2026
María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
