DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 21 de maio de 2026 Páx. 29641

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2026 pola que se acorda a aprobación inicial e se somete a información pública o proxecto de expropiación, por taxación conxunta, dos bens e dereitos afectados pola execución da etapa 1 do proxecto de interese autonómico (PIA) Factoría do Deporte Galego-Galicia Sports 360, no concello de Mos, de clave PO/25/208.80.

I. Mediante o Acordo do 10 de novembro de 2022 (DOG núm. 242, do 22 de decembro) o Consello da Xunta de Galicia declarou de interese autonómico o proxecto denominado Factoría do Deporte Galego-Galicia Sports 360, promovido pola entidade Real Club Celta de Vigo, S.A.D., no concello de Mos.

II. Mediante o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 14 de abril de 2025 (DOG núm. 91, do 14 de maio), aprobouse definitivamente o PIA Factoría do Deporte Galego-Galicia Sports 360, o cal figura inscrito no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia co número de rexistro ROTPG/OT/1/2025.

III. O artigo 1.1.6 da normativa do PIA establece, de conformidade co previsto no artigo 59 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia (LOT), que a aprobación do PIA leva implícita a declaración de utilidade pública e interese social e a necesidade de ocupación dos bens e da adquisición dos dereitos afectados, para os efectos de expropiación, de ocupación temporal ou de imposición ou modificación de servidumes.

IV. Pola súa parte, o artigo 1.3.1 da normativa do PIA establece, conforme o previsto no artigo 51 da LOT, que a xestión do PIA da Factoría do Deporte Galego-Galicia Sports 360 levarase a cabo polo procedemento de expropiación forzosa e a persoa física ou xurídica promotora da actuación terá a consideración de beneficiaria da expropiación.

V. Correspóndelle á Administración autonómica, a través da consellería competente por razón da materia, exercer a potestade expropiatoria en favor da persoa beneficiaria e adoptar todas as resolucións que impliquen exercicio da dita potestade, sen prexuízo da intervención, das facultades e das obrigas que legalmente lle corresponden á persoa beneficiaria.

VI. O procedemento de expropiación forzosa será tramitado de acordo co establecido na normativa vixente en materia de expropiación forzosa pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia como consellería competente por razón da materia á cal se refire o proxecto, tendo o Real Club Celta de Vigo, S.A.D., como entidade promotora da actuación, a consideración de beneficiaria da expropiación.

VII. O prezo xusto dos bens e dos dereitos expropiados fixarase polo procedemento de taxación conxunta.

VIII. Mediante a Resolución do 7 de xaneiro de 2026, a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes encomendou á Axencia Galega de Infraestruturas da Xunta de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 13.1 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, e no artigo 8 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, a xestión das actuacións necesarias en relación co proceso de expropiación dos bens e dereitos afectados pola execución do PIA denominado Factoría do Deporte Galego-Galicia Sports 360. A dita resolución foi publicada no DOG núm. 16, do 26 de xaneiro.

IX. Para o desenvolvemento das adecuacións previstas, o PIA establece tres etapas ou fases de execución diferenciadas. Cada unha das fases de execución corresponde a un ámbito territorial concreto para os efectos da súa xestión e execución.

X. A etapa 1 corresponde ao desenvolvemento das instalacións da Cidade Deportiva Afouteza. Os terreos afectos á etapa 1 do PIA son os correspondentes a unha superficie de 148.833 m2 pertencente ao monte veciñal en man común da parroquia de Pereiras (Mos). Esta superficie correspóndese coas referencias catastrais 36033A067005050000SK, 36033A053006210000SH e 36033A067001400000SW.

XI. O procedemento de taxación conxunta encóntrase regulado no artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 291 e seguintes do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei do solo de Galicia (RLSG).

XII. O contido mínimo do proxecto expropiatorio encóntrase regulado no artigo 292 do RLSG. O Real Club Celta de Vigo, S.A.D., en canto que entidade beneficiaria da expropiación, presentou o proxecto de expropiación por taxación conxunta dos bens e dereitos afectados pola execución da etapa 1 do proxecto de interese autonómico Factoría do Deporte Galego-Galicia Sports 360 no concello de Mos (Pontevedra), asinado por técnico competente, e que cumpre cos requisitos formais e de contido establecidos na normativa vixente de aplicación.

XIII. No que se refire ao procedemento de aprobación do proxecto expropiatorio, corresponde a súa aprobación inicial á Administración expropiante. Así mesmo, deberá ser sometido a un trámite de información pública durante un prazo dun (1) mes, mediante a inserción dos correspondentes anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun diario dos de maior circulación da provincia, para que aquelas persoas que puidesen resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen oportunas e, en particular, no relativo á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Así mesmo, as taxacións notificaranse individualmente a aquelas persoas que aparezan como titulares de bens ou dereitos. Para tal efecto daráselles traslado literal da correspondente folla de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formular alegacións no prazo dun (1) mes, a contar a partir da data de notificación.

Dado que o órgano expropiante non é o municipio, procede escoitar ao Concello de Mos polo prazo dun (1) mes contado desde a notificación.

De conformidade co anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación, por taxación conxunta, dos bens e dereitos afectados pola execución da etapa 1 do proxecto de interese autonómico Factoría do Deporte Galego-Galicia Sports 360, no concello de Mos, de clave PO/25/208.80.

Segundo. Someter a información pública o dito proxecto, polo prazo dun (1) mes, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e nun diario dos de maior circulación da provincia, para que, mediante escrito dirixido á Axencia Galega de Infraestruturas (presentado nos lugares establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas), aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e/ou reclamacións que consideren convenientes, en particular no relativo á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

O contido íntegro do proxecto inicialmente aprobado estará dispoñible no seguinte enderezo electrónico: https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/transparencia/pia/factoria-deporte

Terceiro. Notificar as taxacións de xeito individual ás persoas que aparezan como titulares de bens e dereitos no proxecto, mediante traslado literal das correspondentes follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que formulen as alegacións que consideren convenientes no prazo dun (1) mes a partir da súa notificación.

Ante a eventualidade de que poidan existir persoas interesadas descoñecidas neste procedemento, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se poida efectuar, a publicación desta resolución servirá de notificación co alcance e finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo da súa preceptiva publicación no Boletín Oficial del Estado.

Cuarto. Notificar o proxecto expropiatorio aprobado inicialmente ao Concello de Mos para que poida formular as alegacións que xulgue oportunas no prazo dun (1) mes contado desde a notificación.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2026

María Deza Martínez
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e titulares afectados pola execución da etapa 1 do proxecto de interese autonómico Factoría do Deporte Galego-Galicia Sports 360, no concello de Mos, de clave PO/25/208.80

Predio

núm.

Referencia catastral

Titular

Superficie total

(m2)

Superficie afectada

(m2)

Bens/dereitos afectados

1

36033A067005050000SK

36033A067001400000SW

36033A053006210000SH

CMVMC da parroquia de Pereiras (Mos)

610.000

148.833

148.833

Propiedade

UFD Distribución Electricidad, S.A.

Servidume de paso eléctrico