A representación da titularidade do CEMU Contrapunto Histórico, de Santiago de Compostela, solicita a extinción da autorización por cesamento da actividade docente.
Logo da tramitación do expediente de acordo co disposto no Decreto 253/1995, do 29 de setembro, de autorización a centros docentes privados para impartir ensinanzas artísticas, e coa Orde do 5 de decembro de 1996 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo 1. Extinción da autorización
Extinguir, de conformidade co artigo 13.1 do Decreto 253/1995, do 29 de setembro, por cesamento nas súas actividades docentes, por instancia da titularidade do centro, a autorización do CEMU Contrapunto Histórico, de Santiago de Compostela, código 15023120, con efectos do 31 de agosto de 2026.
Artigo 2. Inscrición no rexistro de centros
A extinción da autorización dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Disposición derradeira primeira. Recursos
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 12 de maio de 2026
Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades
e Formación Profesional
