DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 22 de maio de 2026 Páx. 29725

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

ORDE do 20 de maio de 2026 pola que se determinan os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais durante a folga de ámbito sectorial convocada pola Federación Estatal de Sanidade e Sectores Sociosanitarios de Comisións Obreiras (FSS-CC.OO.) para os días 25 de maio e 15 de xuño de 2026, que afecta o persoal das categorías de técnicos de grao medio e técnicos de grao superior que presta servizos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

O artigo 28.2 da Constitución española recoñece como dereito fundamental da persoa traballadora o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas que presten servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e nas competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ao mantemento dos servizos esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño, polo que se ditan normas para garantir a prestación dos servizos esenciais no ámbito da Comunidade Autónoma (DOG núm. 116, do 20 de xuño), entre os que se atopa a sanidade.

O desempeño da prestación da asistencia sanitaria non pode verse afectado gravemente polo lexítimo exercicio do dereito de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación con este. Isto implica a necesidade de conxugar o dito exercicio cun axeitado establecemento dos servizos mínimos naquelas áreas e actividades que repercuten na xestión dos servizos sanitarios, para preservar, en último termo, o propio dereito á vida e á integridade física das persoas usuarias dos devanditos servizos.

O artigo 3 do citado decreto faculta os/as conselleiros/as competentes por razón dos servizos esenciais afectados para que, mediante orde e ante cada situación de folga, establezan o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento de tales servizos, así como para a determinación do persoal preciso para a súa prestación.

A Federación Estatal de Sanidade e Sectores Sociosanitarios de Comisións Obreiras (FSS-CC.OO.) comunicou unha folga de ámbito sectorial que afectará o persoal dos servizos de saúde do Sistema Nacional de Saúde, incluído o persoal dependente do Ingesa (Instituto Nacional de Xestión Sanitaria), de todas as categorías profesionais de técnicos de grao medio e técnicos de grao superior, entre os que se atopan os que prestan servizos nos centros e establecementos sanitarios dependentes do Servizo Galego de Saúde e das entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo consta de xeito literal na convocatoria, a folga levarase a cabo desde as 8.00 horas do día 25 de maio ata as 8.00 horas do día 26 de maio. E desde as 8.00 horas do día 15 de xuño ata as 8.00 horas do día 16 de xuño, e abarcará, polo tanto, as tres quendas de traballo de cada unha das dúas xornadas nomeadas.

Con base no que antecede e logo da audiencia ao comité de folga e ás organizacións sindicais interesadas,

DISPOÑO:

Artigo 1

A folga convocada entenderase condicionada ao mantemento dos servizos mínimos que se establecen nesta orde, circunscrita ao ámbito da asistencia sanitaria.

Os servizos mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para manter a cobertura axeitada do servizo esencial de asistencia sanitaria nos centros sanitarios, para os efectos de evitar que se produzan graves prexuízos á cidadanía. Ao mesmo tempo, responden á necesidade de compatibilizar o respecto ineludible do exercicio do dereito á folga coa atención á poboación, que baixo ningún concepto pode quedar desasistida, dadas as características do servizo dispensado.

Por iso, mantéñense os servizos mínimos necesarios para garantir a asistencia imprescindible ás persoas hospitalizadas, así como a atención urxente e permanente ás persoas usuarias e os servizos sanitarios que non poden aprazarse sen consecuencias negativas para a saúde.

Na determinación destes servizos aplicouse o principio de proporcionalidade, procurando unha adecuada ponderación entre o exercicio do dereito de folga do persoal convocado e a preservación do dereito á protección da saúde da poboación, en función das características da actividade asistencial e da necesidade de garantir unha resposta inmediata en ámbitos non programables.

Estes criterios responden á necesidade de garantir a asistencia sanitaria esencial durante os días de folga, considerándose que, para estes efectos, non resultan suficientes as presenzas previstas para fins de semana en determinados ámbitos asistenciais.

Para a determinación das presenzas mínimas téñense en conta a organización asistencial de cada área sanitaria, o volume de actividade, os criterios poboacionais, o grao de dispersión territorial e as isócronas de acceso aos distintos dispositivos asistenciais, elementos todos eles determinantes da cobertura asistencial mínima requirida durante as xornadas de folga.

Por iso, non é posible aplicar un patrón único e ríxido para establecer os servizos mínimos sen comprometer a adecuada atención sanitaria á cidadanía. As xerencias das áreas sanitarias propoñen as presenzas mínimas, baseándose en criterios asistenciais obxectivos que permiten compatibilizar o dereito de folga das persoas traballadoras co dereito da poboación a recibir unha atención sanitaria adecuada.

En canto ás diferenzas nos servizos mínimos entre centros, e dado que os criterios reitores son os mesmos, estas responden ás variacións na organización da actividade e á propia estrutura dos centros de atención especializada de cada área sanitaria.

De acordo coa motivación anterior, establécense os seguintes criterios reitores para o mantemento dos servizos esenciais nos centros de traballo e nas institucións afectadas:

I. Persoal da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos: persoal mínimo necesario para a cobertura da subministración de sangue e hemoderivados, a coordinación das doazóns, os transplantes de órganos e os implantes de células e tecidos.

No eido da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, os servizos mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para manter a axeitada cobertura da subministración de sangue e hemoderivados a todos os centros sanitarios, tanto públicos como privados, do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, así como para evitar que se produzan prexuízos aos doadores e, consecuentemente, aos posibles receptores. Na mesma medida debe garantirse a coordinación das doazóns, os transplantes de órganos e os implantes de células e tecidos, velando polo cumprimento dos estándares de calidade vixentes e na lexislación de aplicación.

II. Persoal da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica: persoal mínimo para garantir a realización de determinacións e probas complementarias urxentes e inaprazables a criterio do persoal facultativo.

III. Persoal nas institucións sanitarias públicas: os criterios de determinación do persoal para a cobertura dos servizos mínimos serán os seguintes:

1. Cobertura do 100 % da actividade urxente nos seguintes ámbitos:

– Servizos de urxencias.

– Quirófanos urxentes (xerais e de tocoloxía) para a atención das persoas usuarias que requiran intervención cirúrxica inaprazable.

– Salas de partos.

– Laboratorios de urxencias.

– A atención do 100 % das probas complementarias urxentes.

Nas áreas sinaladas é imprescindible a cobertura do 100 % da actividade urxente, dado que non é posible prever as necesidades, por non ser unha actividade programable e, posto que nestes casos é preciso dar unha resposta asistencial inmediata, sendo necesaria a presenza dun equipo sanitario completo en todo momento, que non pode quedar minguada pola falta de persoal en áreas clave como o labor dos técnicos sanitarios. Estes profesionais son esenciais para a correcta execución de procedementos que, en moitos casos, son vitais para a estabilización e recuperación dos pacientes.

2. Na área de hospitalización, establecerase o número necesario para garantir os coidados das persoas hospitalizadas e a realización das probas complementarias necesarias, en correspondencia cos efectivos dun domingo ou festivo.

3. No ámbito das consultas estableceranse servizos mínimos nun dobre ámbito:

– Apoio á atención das consultas especializadas consideradas como urxentes ou preferentes.

– Así mesmo, atenderanse as consultas inaprazables dos/das pacientes oncolóxicos/as que requiran tratamento citostático incluíndo os/as desprazados/as.

4. No ámbito dos servizos centrais, garantirase a realización de determinacións e probas complementarias urxentes e as que se refiren ás persoas hospitalizadas que, no criterio do persoal facultativo, sexan necesarias e inaprazables, en correspondencia cos efectivos dun domingo ou festivo.

5. Garantirase a dispensación de medicamentos, hemoderivados e produtos sanitarios, en correspondencia cos efectivos dun domingo ou festivo.

6. Unidades especiais: o número necesario para garantir o coidado das persoas pacientes e a continuidade dos tratamentos, en correspondencia cos efectivos dun domingo ou festivo.

7. Garantirase a dispensación de sangue, medicamentos e produtos sanitarios que, segundo o criterio do persoal facultativo, sexan necesarios.

8. Persoal técnico no ámbito da atención primaria, incluído o persoal técnico especialista de hixiene bucodental: é imprescindible garantir un mínimo de atención que permita:

– A atención a doentes con tratamento en curso que non poidan ser interrompidos sen risco para a saúde.

– A prevención de urxencias bucodentais evitables.

– O control de infeccións que poidan ter unha repercusión sistémica.

9. Persoal técnico sanitario noutras áreas de traballo ou servizo: estableceranse con carácter xeral un número equivalente ao dos domingos ou festivos.

Nas restantes áreas de actividade en que sexa necesaria unha prestación continuada dos servizos para o seu correcto funcionamento, e que conten con persoal convocado á folga, e que xa dispoñen de persoal os domingos e festivos, os mínimos necesarios serán os que traballan de xeito habitual neses días.

Artigo 2

Con base nos criterios establecidos anteriormente, no anexo desta orde recóllese o número de efectivos precisos para cubrir os servizos mínimos durante a folga nas institucións públicas dependentes da Consellería de Sanidade.

A determinación do persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos corresponderalles ás direccións das correspondentes institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, atendendo ás características específicas de cada centro, servizo ou unidade asistencial, ao volume de actividade e á necesidade de garantir a continuidade da atención sanitaria esencial.

A fixación do persoal necesario deberá estar adecuadamente motivada e quedar debidamente documentada no expediente correspondente, deixando constancia dos criterios aplicados.

A xustificación debe constar no expediente de determinación de servizos mínimos e exteriorizarse axeitadamente para o xeral coñecemento do persoal destinatario. Deberá quedar constancia no expediente dos factores ou criterios cuxa ponderación conduce a determinar as presenzas mínimas.

A relación de persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá ser publicada nos taboleiros de anuncios do centro ou entidade con antelación ao comezo da folga.

A designación nominal dos efectivos que deben cubrir os servizos mínimos –que deberá recaer no persoal de xeito rotatorio e conforme criterios obxectivos e non discriminatorios– será determinada pola respectiva institución e notificada aos/ás profesionais designados/as.

O persoal designado como servizo mínimo que desexe exercer o seu dereito de folga poderá instar a substitución da súa designación por outro/a traballador/a que voluntariamente acepte o cambio de xeito expreso.

Artigo 3

Os paros e as alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servizos mínimos serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16 do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo, sobre relacións de traballo (BOE núm. 58, do 9 de marzo).

Artigo 4

O disposto nos artigos precedentes non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga lle recoñece ao persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Artigo 5

Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observar as normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías das persoas usuarias dos establecementos sanitarios. Os altercados ou incidentes que se produzan serán obxecto de sanción con base nas normas vixentes.

Disposición derradeira

Esta orde producirá efectos e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2026

Antonio Gómez Caamaño
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Provincia da Coruña

• Área Sanitaria da Coruña e Cee.

Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico

22

14

9

Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear

17

14

7

Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citodiagnóstico

1

1

-

Técnico/a superior en dietética

1

1

-

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

297

159

123

Técnico/a en farmacia

17

9

3

Hospital Virxe da Xunqueira-Cee.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico

2

1

1

Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear

2

1

1

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

15

10

6

• Área Sanitaria de Ferrol.

Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico

15

5

4

Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear

5

3

2

Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citodiagnóstico

2

-

-

Técnico/a superior en dietética

1

1

-

Técnico/a superior en documentación e administración sanitarias

1

-

-

Técnico/a superior en hixiene bucodental

2

1

-

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

90

51

42

Técnico/a en farmacia

5

1

-

• Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico

14+3²

12+3²

7+3²

Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear

20

12

5

Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citodiagnóstico

2+2³

1+2³

Técnico/a superior radioterapia

11

4

-

Técnico/a superior en documentación e administración sanitarias

-

-

-

Técnico/a superior en dietética

1

-

-

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

214

142+1¹

93+2¹

Técnico/a en farmacia

15

5

-

¹ Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría, garda localizada no quirófano do Hospital de Conxo.

² Técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico, 3 gardas localizadas en cada quenda para transplantes.

³ Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citodiagnóstico, 2 gardas localizadas en cada quenda por transplante e sala de autopsias.

Hospital Público da Barbanza.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico

2

2

2

Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear

2

2

1

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

21

17

8

Provincia de Lugo

• Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

Complexo Hospitalario Lucus Augusti.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear

6

7

4

Técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico

11

8

6

Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citodiagnóstico

2

-

-

Técnico/a superior en radioterapia e dosimetría

4

2

-

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

113

80

52

Técnico/a en farmacia

6

4

-

Hospital Público de Monforte.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear

2

2

1

Técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico

2

2

1

Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citodiagnóstico

1

-

-

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

21

15

10

Técnico/a en farmacia

1

1

-

Hospital Público da Mariña.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear

2

2

1

Técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico

3

2

2

Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citodiagnóstico

1

-

-

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

31

23

14

Técnico/a en farmacia

2

1

-

Servizos sanitarios de atención primaria.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Técnico/a superior en hixiene bucodental

3

-

-

Provincia de Ourense

• Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear

8

6

4

Técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico

9

5

3

Técnico/a superior en radioterapia e dosimetría

5

4

-

Técnico/a superior en dietética

1

2

-

Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citodiagnóstico

1

1

-

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

133

106

77

Técnico/a en farmacia

11

5

-

Hospital de Verín.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear

1

1

1

Técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico

1

1

1

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

8

7

5

Técnico/a en farmacia

1

-

-

Hospital Público de Valdeorras.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear

1

1

1

Técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico

1

1

1

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

15

11

6

Técnico/a en farmacia

1

1

-

Provincia de Pontevedra

• Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citodiagnóstico

2

-

-

Técnico/a superior en dietética

1

1

-

Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear

6

6

4

Técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico

9

6

4

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

99

67

51

Técnico/a en farmacia

3

3

0

Hospital do Salnés.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear

2

2

1

Técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico

2

2

2

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

17

15

12

• Área Sanitaria de Vigo.

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico

16

9

8

Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear

15

11

7

Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citodiagnóstico

3

1

-

Técnico/a superior en dietética

2

1

-

Técnico/a superior en hixiene bucodental

2

-

-

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

207

148

99

Técnico/a en farmacia

11

5

-

• Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

Localidade

Servizo

Categoría

Mañá

Tarde

Noite

Ourense

Medicina nuclear

Técnico/a especialista (técnicos/as superiores en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear)

2

-

-

Santiago

UTPR

Técnico/a especialista (técnicos/as superiores en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear)

1

-

-

Ciclotrón

Técnico/a laboratorio

2

-

2

Técnico/a de mantemento

1

1

Vigo

Diagnóstico por imaxe unidade móbil

Técnico/a especialista (técnicos/as superiores en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear)

4

1

-

Medicina nuclear-PET

Técnico/a especialista (técnicos/as superiores en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear)

1

2

-

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

1

-

-

Oncoloxía radioterápica

Técnico/a especialista (técnicos/as superiores en radioterapia e dosimetría)

10

9

-

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

1

1

-

Radiofísica

Técnico/a especialista (técnicos/as superiores en radioterapia e dosimetría)

2

1

-

¹ En garda localizada.

• Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.

Localidade

Servizo

Categoría

Mañá

Tarde

Noite

Santiago

FPGMX

Técnico/a especialista (técnico/as superiores en anatomía patolóxica e citodiagnóstico ou en laboratorio clínico e biomédico)

8

-

-

• Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS).

Servizos mínimos

25.5.2026

15.6.2026

Mañá

Tarde

Noite

Mañá

Tarde

Noite

Laboratorios

7

9

7

9

TCAE

1

-

-

-

1

-

¹ En quenda de garda.