Ao estar vacante o posto de traballo que se indica no anexo I desta resolución e ser necesaria a súa provisión, o xerente, no exercicio das competencias delegadas que se lle recoñecen pola Resolución reitoral do 21 de abril de 2022, e de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Regulamento de mobilidade do PAS funcionario da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobado no Consello de Goberno do 30 de outubro de 2020, resolve convocar a súa provisión mediante o procedemento de libre designación, con suxeición ás seguintes:
Bases da convocatoria
Primeira. Poderán participar as persoas funcionarias de carreira da USC que reúnan os requisitos que se exixen e se especifican no anexo I.
Segunda. A solicitude para participar figura como anexo II desta convocatoria e presentarase exclusivamente a través do Rexistro electrónico da USC, https://sede.usc.es/sede/publica/persoais/rexistroEntrada/acceso.htm no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Terceira. A solicitude deberá presentarse acompañada do curriculum vitae e da xustificación documental daqueles méritos que se aleguen e que non consten acreditados no expediente persoal dos/das aspirantes.
Cuarta. De conformidade co establecido no artigo 18 do Regulamento de mobilidade do PAS funcionario da USC, a persoa funcionaria de carreira que desempeñe en comisión de servizos o posto de libre designación incluído nesta convocatoria terá a obriga de participar. O incumprimento desta obriga dará lugar á revogación da comisión de servizos.
Quinta. A resolución desta convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antes citado mentres non se dite a resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 12 de maio de 2026
A reitora da Universidade de Santiago de Compostela
P.D. (Resolución reitoral do 21.4.2022; DOG do 26 de abril)
Juan Manuel Díaz Villoslada
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO I
Denominación do posto: Secretaría de dirección. Unidade de Xestión Administrativa da Xerencia.
Número de praza: PF000287.
Subgrupo: C1/C2.
Nivel: 20.
Complemento específico: 10.898,44.
Quenda: mañá.
Localidade: Lugo.
ANEXO II
Universidade de Santiago de Compostela
Solicitude de participación no procedemento de libre designación,
convocado pola Resolución da Xerencia do 12 de maio de 2026
Datos persoais
|
DNI |
Apelidos |
Nome |
||
|
Destino actual |
||||
|
Corpo ou escala a que pertence |
Subgrupo |
|||
|
Teléfono |
Correo electrónico |
|||
|
Enderezo |
||||
|
Código postal |
Localidade |
Provincia |
||
Posto que solicita
|
Denominación do posto |
O/a abaixo asinante solicita ser admitido/a á convocatoria a que se refire esta solicitude e DECLARA que son certos os datos consignados nela, que reúne as condicións requiridas especificamente por esta convocatoria, e se compromete a probar documentalmente todos os datos que figuran nesta solicitude.
De conformidade coa Lei 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, e co Regulamento UE 2016/679, os datos recollidos neste procedemento serán incorporados pola USC no tratamento denominado «Persoal», cuxa finalidade é a xestión de expedientes administrativos de persoal, cálculo de nóminas e Seguridade Social e xestión de persoal. O órgano responsable do devandito tratamento é a Universidade de Santiago de Compostela, con domicilio social na praza do Obradoiro, s/n, 15782 Santiago de Compostela, correo electrónico: protecciondatos@usc.gal
Tamén pode poñerse en contacto co delegado de Protección de Datos da USC a través do enderezo electrónico dpd@usc.es
A base de xustificación deste tratamento é a realización de funcións administrativas como consecuencia da prestación do servizo de educación superior (Lei orgánica 2/2023, do sistema universitario, e na Lei autonómica 6/2013, do sistema universitario de Galicia).
Poderanse ceder datos a administracións públicas con competencias na materia e nos supostos de obrigas legais.
As persoas interesadas poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación de tratamento, oposición e portabilidade a través da sede electrónica en https://sede.usc.es/sede/publica/catalogo/procedemento/55/ver.htm
Tamén poden dirixirse á Axencia Española de Protección de Datos para realizar as reclamacións que consideren oportuna.
Os datos serán conservados durante o período en que se realice a finalidade para a que foron recollidos, ou o tempo necesario para cumprir coas obrigas legais. Cumprida a finalidade, os datos que non formen parte da prestación do servizo público bloquearanse ata que transcorran os prazos de prescrición aplicables.
A política de privacidade e protección de datos da USC pódese consultar en http://www.usc.es/gl/normativa/protecciondatos/Politica-privacidade.html
…………………………………..................…., ………. de …….........……… de 2026
(sinatura)
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela
