O Decreto 63/2013, do 11 de abril, polo que se regulan os comités de ética da investigación en Galicia, ten por obxecto determinar os fins, os obxectivos, o funcionamento, a composición e o procedemento de acreditación do Comité Autonómico de Ética da Investigación de Galicia e dos comités territoriais de ética da investigación, como órganos colexiados encargados da valoración ética, metodolóxica e legal dos estudos de investigación con seres humanos, o seu material biolóxico ou os seus datos de carácter persoal no seu respectivo ámbito de actuación.
O capítulo II do dito Decreto 63/2013 –artigos 4 a 6– regula o Comité Autonómico de Ética da Investigación de Galicia, a súa definición, obxectivos, funcións, composición e funcionamento.
En aplicación deste decreto ditouse a Resolución do 17.12.2021 pola que se concedía a renovación da acreditación do Comité Autonómico de Ética da Investigación de Galicia e se procedía ao nomeamento dos seus membros.
Por outra banda, publicouse o Real decreto 1090/2015, do 4 de decembro, polo que se regulan os ensaios clínicos con medicamentos, os comités de ética da investigación con medicamentos e o Rexistro Español de Estudios Clínicos, que define o Comité de Ética da Investigación con Medicamentos (en adiante, CEIM) como o Comité de Ética da Investigación que ademais está acreditado, de acordo cos termos deste real decreto, para emitir un ditame nun estudo clínico con medicamentos e nunha investigación clínica con produtos sanitarios.
Transcorrido o tempo de duración da acreditación do CEIM-G, o xerente do Servizo Galego de Saúde solicitou a renovación da acreditación e, unha vez examinada a documentación remitida xunto coa solicitude, compróbase que esta se axusta ao disposto no Decreto 63/2013, do 11 de abril, así como ao disposto no capítulo IV do Real decreto 1090/2015, do 4 de decembro, de modo que o equipo inspector da Subdirección Xeral de Inspección de Servizos Sanitarios emite informe favorable o 6.3.2026 e a secretaria xeral técnica desta consellería efectuou, con base no disposto no artigo 11.7 do Decreto 63/2013, do 11 de abril, unha proposta favorable para a renovación da acreditación do CEIM-G.
Por todo o anterior, de conformidade co disposto nos puntos 4 e 6 do artigo 5, e nos puntos 1, 8 e 9 do artigo 11 do Decreto 63/2013, do 11 de abril, e de acordo coa proposta efectuada pola Secretaría Xeral Técnica desta consellería,
RESOLVO:
Primeiro. Conceder a renovación da acreditación do Comité de Ética da Investigación con Medicamentos de Galicia (CEIM-G), que se outorga por un período de catro anos, contados a partir da data da presente resolución.
Segundo. Nomear como membros do CEIM-G as persoas que se relacionan no anexo desta resolución.
Santiago de Compostela, 8 de maio de 2026
Antonio Gómez Caamaño
Conselleiro de Sanidade
ANEXO
Composición do Comité de Ética da Investigación con Medicamentos de Galicia
1. Rosendo Bugarín González, licenciado en Medicina, médico en labor asistencial e membro da Comisión Galega de Bioética.
2. Rubén Eduardo Molano Zárate, licenciado en Medicina, médico en labor asistencial e membro da Comisión Galega de Bioética.
3. Nuria Carballeda Feijoó, membro e presidenta da Asociación Galega de Lupus, membro lego e representante dos intereses dos pacientes.
4. Orlando Peñas-Veracruz González, licenciado en Dereito e independente dos centros onde se realiza a investigación.
5. José Luis Fernández Trisac, licenciado en Medicina e médico en labor asistencial.
6. José Álvaro Fernández Rial, licenciado en Medicina e médico en labor asistencial.
7. María José Ferreira Díaz, diplomada en Enfermaría.
8. Martina Lema Oreiro, licenciada en Farmacia e farmacéutica de hospital.
9. Paula María López Vázquez, licenciada en Medicina e médica especialista en farmacoloxía clínica.
10. Santiago Pérez Cachafeiro, licenciado en Medicina e médico en labor asistencial.
11. Agustín Pía Morandeira, licenciado en Farmacia e farmacéutico de atención primaria.
12. Jorge Prado Casal, licenciado en Físicas e experto en protección de datos.
13. Carmen Rodríguez-Tenreiro Sánchez, licenciada en Farmacia.
14. Laura Romero Sánchez, licenciada en Medicina e médica especialista en farmacoloxía clínica.
15. Susana María Romero Yuste, licenciada en Medicina e médica en labor asistencial.
16. Diego Santos García, licenciado en Medicina e médico en labor asistencial.
17. Maria Francisca Vázquez Rivera, licenciada en Medicina e médica en labor asistencial.
18. Mª Asunción Verdejo González, licenciada en Medicina e médica especialista en farmacoloxía clínica.
19. Rafael Vidal Pérez, licenciado en Medicina e médico en labor asistencial.
20. Concepción Vilas Fernández, diplomada en Traballo Social e membro alleo ás profesións sanitarias (formación acreditada en bioética).
