A Lei 5/2025, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, modificou o artigo 33.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e estableceu a adscrición da Comisión da Transparencia como órgano colexiado independente ao Consello Consultivo de Galicia. A este órgano correspóndelle a resolución das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública que establece o artigo 28 desta lei.
Segundo o previsto no artigo 33.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, a Comisión da Transparencia está composta polos seguintes membros: presidente ou presidenta, que será o presidente ou presidenta do Consello Consultivo de Galicia; tres vogais, que serán unha persoa representante da Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación da Xunta de Galicia, unha persoa representante do Consello de Contas e unha persoa representante da Federación Galega de Municipios e Provincias; e un secretario ou secretaria, que será un letrado ou unha letrada ao servizo do Consello Consultivo de Galicia, designado ou designada polo Pleno do Consello Consultivo por proposta da súa presidencia. A persoa que exerza as funcións de secretario ou secretaria terá voz e voto.
En aplicación do artigo 33.2.a) da lei citada, a Presidencia corresponde ao presidente do Consello Consultivo de Galicia.
Na sesión do 6 de maio de 2026, o Pleno do Consello Consultivo de Galicia aprobou a designación do/da secretario/a, titular e suplente, da Comisión da Transparencia, conforme o previsto no artigo 33.2.c) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
En relación cos tres vogais recibíronse as propostas da Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación da Xunta de Galicia, do Consello de Contas e da Federación Galega de Municipios e Provincias. Na súa virtude, esta presidencia
RESOLVE:
Primeiro. Nomear como vogais integrantes da Comisión da Transparencia as seguintes persoas en atención ás propostas das correspondentes entidades:
– Pola Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación da Xunta de Galicia:
Titular: José María Barreiro Díaz.
Suplente: Patricia Brión Cabanelas.
– Polo Consello de Contas:
Titular: Manuel Santana Suárez.
Suplente: María Isabel García Garrido.
– Pola Federación Galega de Municipios e Provincias:
Titular: Xosé Manuel Rodríguez Méndez.
Suplente: Antonio Fernández Angueira.
Segundo. Nomear como secretario/a integrante da Comisión da Transparencia o seguinte letrado/a, designado/a polo Pleno do Consello Consultivo de Galicia:
Titular: Ana Mª López Guizán.
Suplente: José Ángel Oreiro Romar.
Terceiro. Que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia ao estimarse de interese a súa difusión.
Santiago de Compostela, 20 de maio de 2026
Andrés Lago Louro
Presidente do Consello Consultivo de Galicia
