BDNS (Identif.): 907310.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/907310
Primeiro. Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
Segundo. Obxecto
O obxecto é a convocatoria da primeira edición do ano 2026 do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio.
Terceiro. Bases reguladoras
As bases reguladoras son as aprobadas pola Orde do 12 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión no ano 2026 das axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio, e se procede á apertura do prazo para a adhesión dos comercios (código de procedemento CO301B) (DOG núm. 57, do 26.3.2026).
Cuarto. Importe
Para a concesión destas axudas destinaranse 2.501.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 14.06.751A.480.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026 de acordo coa seguinte distribución:
|
Actuación |
Importe |
|
Programa bonos Activa comercio |
2.500.000,00 € |
|
Sorteo bonos Activa comercio |
1.000,00 € |
Quinto. Data de descarga dos bonos
Os bonos estarán dispoñibles na web www.bonosactivacomercio.gal para a súa descarga polas persoas usuarias desde o 27 de maio de 2026, ás 9.00 horas, ata que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas acade os 2.500.000,00 €.
Mediante orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración poderase modificar a dita data se razóns organizativas ou doutra índole así o aconsellan, do que se dará a oportuna publicidade.
Santiago de Compostela, 6 de maio de 2026
José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración
