Mediante a Orde do 23 de decembro de 2025, que foi publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 19, do 29 de xaneiro de 2026, establecéronse as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social e procedeuse á súa convocatoria para a anualidade 2026.
A Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social é o órgano competente para ditar esta resolución, segundo o establecido na disposición derradeira primeira da Orde do 23 de decembro de 2025 e o establecido no artigo 43.1.b) do Decreto 147/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
O artigo 32 da Orde do 23 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2026 (código de procedemento TR802L) establece que o financiamento das axudas previstas nesta orde se realizará con cargo ás aplicacións 14.04.324C.470.9, 14.04.324C.481.9, 14.04.324C.770.9 e 14.04.324C.781.9, código de proxecto 2021 00056.
O artigo 4.3 da Orde do 23 de decembro de 2025 establece que, no caso de existiren remanentes de crédito na asignación inicial para o financiamento de cada aplicación orzamentaria, poderán reasignarse as contías sobrantes para atender as necesidades de crédito.
Unha vez instruídos os expedientes e obtida a relación de solicitudes que cumpren coas condicións administrativas e técnicas establecidas nas bases reguladoras para adquirir a condición de entidade beneficiaria, faise necesaria unha redistribución do crédito das distintas aplicacións orzamentarias.
De acordo co disposto no artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da devandita distribución non precisará dunha nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.
Por todo o anterior,
RESOLVO:
Primeiro. Redistribuír o crédito destinado ás axudas convocadas pola Orde do 23 de decembro de 2025, que foi publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 19, do 29 de xaneiro de 2026, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2026, sen variar o orzamento total, do seguinte xeito:
|
Aplicación orzamentaria |
Anualidade 2026 |
|
14.04.324C.470.9 |
150.000,00 € |
|
14.04.324C.481.9 |
28.935,38 € |
|
14.04.324C.770.9 |
2.300.000,00 € |
|
14.04.324C.781.9 |
251.064,62 € |
|
Total |
2.730.000,00 € |
Segundo. Esta modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará a apertura dun prazo para presentar novas solicitudes.
Santiago de Compostela, 15 de maio de 2026
Marta Mariño Regueiro
Directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social
