O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para cumprir esa obriga, por medio da presente resolución dáse publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Sanidade, polo Servizo Galego de Saúde e polas entidades públicas instrumentais adscritas no primeiro cuadrimestre do ano 2026 e un convenio asinado no terceiro cuadrimestre do ano 2025, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 18 de maio de 2026
Natalia Lobato Mosquera
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade
ANEXO
|
Obxecto |
Importe |
Data da sinatura |
|
Acordo de prórroga ao convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Comisión Europea, sobre o procedemento de acceso á prestación de asistencia sanitaria do persoal afiliado ao réxime común de seguro |
0,00 € |
15.10.2025 |
|
Adenda de prórroga ao convenio asinado o 10 de xaneiro de 2022 entre o Ministerio do Interior (Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias) e o Servizo Galego de Saúde, dependente do departamento de Sanidade da Xunta de Galicia, en materia de asistencia sanitaria a persoas privadas de liberdade en centros penitenciarios |
0,00 € |
2.1.2026 |
|
Acordo de adhesión da Fundación Lusíada-Centro Universitario Lusíada UNILUS_Brasil ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e os centros universitarios adheridos, para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e/ou mestrado en centros asistenciais e unidades administrativas do Servizo Galego de Saúde e a Consellería de Sanidade e das entidades instrumentais adscritas a ela |
0,00 € |
8.1.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a entidade Centro de maiores Bardella, S.L. para a organización da prestación farmacéutica no centro sociosanitario Residencia Monte Tecla |
0,00 € |
12.1.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a congregación Hermanitas de los Ancianos Desamparados (Narón) para a organización da prestación farmacéutica no centro sociosanitario Residencia San José |
0,00 € |
12.1.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a entidade Residencial Senior 2000, S.L. para a organización da prestación farmacéutica no centro sociosanitario Residencia para persoas maiores Bouco A Coruña |
0,00 € |
12.1.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a entidade Quavitae Servicios Asistenciales, S.A. para a organización da prestación farmacéutica no centro sociosanitario Residencia de maiores Sarquavitae San Lázaro |
0,00 € |
12.1.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a entidade Sanyres Sur, S.L. para a organización da prestación farmacéutica no centro sociosanitario Residencia de mayores Bouco Lugo |
0,00 € |
12.1.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a entidade Fundación San Rosendo para a organización da prestación farmacéutica nas residencias sociosanitarias de máis de cen prazas xestionadas pola Fundación San Rosendo |
0,00 € |
12.1.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a entidade Congregación de las Hermanitas de los Ancianos Desamparados (Verín) para a organización da prestación farmacéutica no centro sociosanitario Residencia Fogar de Santa María |
0,00 € |
12.1.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a entidade Congregación de las Hermanitas de los Ancianos Desamparados (Betanzos) para a organización da prestación farmacéutica no centro sociosanitario Residencia García Hermanos |
0,00 € |
12.1.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a entidade Geriátricos del Principado, S.A. para a organización da prestación farmacéutica no centro sociosanitario Residencia Domusvi Lugo |
0,00 € |
12.1.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a entidade Congregacion de las Hermanitas de los Ancianos Desamparados (Monforte de Lemos) para a organización da prestación farmacéutica no centro sociosanitario Residencia Hogar San José |
0,00 € |
12.1.2026 |
|
Acordo de adhesión da Universidade Internacional de La Rioja-UNIR, ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e os centros universitarios adheridos, para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e/ou máster en centros asistenciais e unidades administrativas do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Sanidade e das entidades instrumentais adscritas a ela |
0,00 € |
21.1.2026 |
|
Convenio entre a Consellería de Sanidade, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo para a descentralización da docencia do grao en medicina |
0,00 € |
22.1.2026 |
|
Convenio entre a Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado, o Instituto Social das Forzas Armadas, a Mutualidade Xeral Xudicial e o Servizo Galego de Saúde para a prestación en zonas rurais de determinados servizos sanitarios aos mutualistas e demais beneficiarios adscritos a entidades de seguro de asistencia sanitaria concertadas coas ditas mutualidades |
0,00 € |
22.1.2026 |
|
Acordo de adhesión da Universidade de León ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e os centros universitarios adheridos, para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e/ou máster en centros asistenciais e unidades administrativas do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Sanidade e das entidades instrumentais adscritas a ela |
0,00 € |
29.1.2026 |
|
Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde (Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) e a Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) para a promoción da investigación |
0,00 € |
29.1.2026 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Española contra o Cancro (sede provincial de Ourense), para o desenvolvemento do programa de apoio e acompañamento e actividades de voluntariado no Hospital Universitario de Ourense, no Hospital Público de Valdeorras e no Hospital Público de Verín (Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) |
0,00 € |
30.1.2026 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde (Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) e a Fundación Dorzán, para prestar servizo de apoio domiciliario mediante o programa Volta a casa |
0,00 € |
30.1.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Unión Profesional, para o fomento da formación en competencias dixitais dirixida aos/ás profesionais do Sistema público de saúde de Galicia |
0,00 € |
4.2.2026 |
|
Convenio entre o Consorcio Centro de Investigación Biomédica en Rede (CIBER) e o Servizo Galego de Saúde no marco de proxectos de investigación orientados á implantación da medicina personalizada de precisión, convocatoria de 2024, baixo o PERTE para a saúde de vangarda e no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia |
0,00 € |
6.2.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a entidade Fundación San Rosendo para a organización da prestación farmacéutica nas residencias sociosanitarias con menos de cen prazas xestionadas pola Fundación San Rosendo |
0,00 € |
20.2.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a entidade Doralresidencias Gestión Sociosanitaria, S.L. para a organización da prestación farmacéutica nos centros sociosanitarios con menos de cen prazas xestionadas por Doralresidencias Gestión Sociosanitaria, S.L. |
0,00 € |
20.2.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a entidade Doralresidencias Gestión Sociosanitaria, S.L. para a organización da prestación farmacéutica no centro sociosanitario con máis de 100 prazas Residencia Doralresidencias |
0,00 € |
20.2.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a entidade Comunidad Local de la Residencia San José de Ourense de la Congregación de las Hermanitas de los Ancianos Desamparados para a organización da prestación farmacéutica no centro sociosanitario Residencia San José |
0,00 € |
20.2.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a entidade Comunidad Local de la Residencia San Marcos de la Congregación de las Hermanitas de los Ancianos Desamparados para a organización da prestación farmacéutica no centro sociosanitario Residencia San Marcos |
0,00 € |
20.2.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a entidade Fundación Benéfico-Asistencial Valdegodos para a organización da prestación farmacéutica nas residencias sociosanitarias con cen ou máis camas xestionadas pola Fundación Benéfico-Asistencial Valdegodos |
0,00 € |
20.2.2026 |
|
Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Precision Cancer Consortium para a promoción da medicina de precisión e o acceso ao Perfil xenómico integral (CGP) |
0,00 € |
23.2.2026 |
|
Acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde para a implantación do Programa acompañamento nos hospitais e centros de saúde na Comunidade Autónoma de Galicia |
0,00 € |
2.3.2026 |
|
Acordo de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e o Servizo Galego de Saúde para a implantación dun sistema de formación profesional dual intensiva do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de Técnico/a superior en Dirección de Cociña |
378.345,83 € |
4.3.2026 |
|
Acordo de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e o Servizo Galego de Saúde para a implantación dun sistema de formación profesional dual intensiva do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de Técnico/a superior en Laboratorio Clínico e Biomédico |
370.239,91 € |
4.3.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a entidade Caser Residencial, S.A.U. para a organización da prestación farmacéutica no centro sociosanitario Caser Residencial Pontevedra |
0,00 € |
6.3.2026 |
|
Acordo de prórroga ao convenio de colaboración educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, a Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Santiago Apóstol de Ciencias Sociales, entidade xurídica titular da Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago, para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao en traballo social impartidos na Escola Universitaria de Traballo Social |
0,00 € |
10.3.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) e a Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica INIBIC, para o desenvolvemento do proxecto de investigación titulado Inmunoterapia antitumoral enfocada na reprogramación de monocitos e/ou macrófagos |
0,00 € |
11.3.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) e a Universidade de Santiago de Compostela, a través do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS), para o desenvolvemento do proxecto de investigación titulado Mecanismos de Inmunomodulación en Doantes Sans |
0,00 € |
11.3.2026 |
|
Convenio entre a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde para a modificación do réxime de libramento das transferencias correntes de financiamento |
0,00 € |
13.3.2026 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegerec) para a rehabilitación funcional domiciliaria de pacientes pediátricos con enfermidades raras (diagnosticados ou con sospeita) |
252.000,00 € |
16.3.2026 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cidadá de Loita contra a Droga Alborada de Vigo para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e outros trastornos adictivos |
1.880.019,00 € |
17.3.2026 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cidadá de Loita contra a Droga Aclad da Coruña para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e outros trastornos adictivos |
2.111.209,00 € |
17.3.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a entidade Comunidad Local de la Residencia Santa Teresa Jornet de la Congregación de las Hermanitas de los Ancianos Desamparados para a organización da prestación farmacéutica no centro sociosanitario Residencia Santa Teresa Jornet |
0,00 € |
17.3.2026 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cruz Vermella de Lugo para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e outros trastornos adictivos |
777.972,00 € |
18.3.2026 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Ferrolá de Drogodependencias (Asfedro), para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e outros trastornos adictivos |
1.169.901,00 € |
18.3.2026 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Monte do Gozo para o desenvolvemento do programa terapéutico-educativo Proxecto Home de atención integral de persoas en risco e con trastornos adictivos da Comunidade Autónoma de Galicia e do programa de tratamento e rehabilitación, en réxime de comunidade terapéutica, da dependencia alcohólica |
1.245.119,00 € |
18.3.2026 |
|
Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Glaxosmithkline, S.A. para a realización dunha actividade formativa Formador de formadores |
0,00 € |
24.3.2026 |
|
Addenda de modificación ao convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS) e a Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS), para dar cobertura ás actuacións de xestión previstas no proxecto de investigación Diagnosis and Management of Febrile lllness using RNA Personalised Molecular Signature Diagnosis (Diamonds) |
75.457,40 € |
26.3.2026 |
|
Acordo de adhesión da Universidade Internacional da Empresa, UNIE, ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e os centros universitarios adheridos, para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e/ou mestrado en centros asistenciais e unidades administrativas do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Sanidade e das entidades instrumentais adscritas a ela |
0,00 € |
27.3.2026 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a asociación As Burgas, para o tratamento e rehabilitación do enfermo alcohólico para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e trastornos adictivos |
230.336,00 € |
31.3.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e Gadisa Retail, S.L.U. para a convocatoria do VIII concurso escolar de carteis relacionado coa doazón e cos transplantes |
3.000,00 € |
31.3.2026 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Unidade de Tratamento do Alcol e Condutas Adictivas Utaca, para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e trastornos adictivos |
253.993,00 € |
1.4.2026 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Exalcohólicos de Ferrolterra, para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e trastornos adictivos |
147.504,00 € |
1.4.2026 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Viguesa de Alcoholoxía Asvidal, para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e trastornos adictivos |
260.010,00 € |
1.4.2026 |
|
Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a entidade Comunidad Local Hogar Nuestra Señora de la Asunción de la congregación de las Hermanitas de los Ancianos Desamparados para a organización da prestación farmacéutica no centro sociosanitario Residencia Nuestra Señora de la Asunción |
0,00 € |
1.4.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e a Asociación Galega de Empresas de Envasado de Auga Mineral Natural (Agamin) para a difusión de información e o fomento da doazón de sangue, órganos e tecidos |
0,00 € |
7.4.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e a Fundación Hospitalaria da Orde de Malta en España para a posta en marcha dun dispositivo de asistencia sanitaria a peregrinos en Santiago de Compostela, con reforzo extraordinario para o Ano Santo Xacobeo 2027 |
0,00 € |
7.4.2026 |
|
Acordo de adhesión da Universidade Politécnica de Cartagena ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e os centros universitarios adheridos para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e/ou máster en centros asistenciais e unidades administrativas do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Sanidade e das entidades instrumentais adscritas a ela |
0,00 € |
14.4.2026 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Enfermos de Ril (ALCER), para a cobertura do servizo de traslado de pacientes aos centros de hemodiálise na provincia de Lugo |
687.431,00 € |
14.4.2026 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Silleda no que se establecen as bases para a reforma da cuberta do consultorio de Bandeira |
107.780,62 € |
15.4.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a sociedade concesionaria Novo Hospital de Vigo, S.A., e a Asociación A Horta do Cunqueiro, para a posta en marcha dunha horta sanitaria saudable no Hospital Álvaro Cunqueiro, baseada na economía circular |
0,00 € |
17.4.2026 |
|
Acordo de adhesión da Universidade Miguel Hernández de Elche ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e os centros universitarios adheridos, para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e/ou mestrado en centros asistenciais e unidades administrativas do Servizo Galego de Saúde e a Consellería de Sanidade e das entidades instrumentais adscritas a ela |
0,00€ |
22.4.2026 |
|
Acordo de colaboración entre a Consellería de Sanidade e a Consellería do Mar para a análise de mostras de peixes nas piscifactorías continentais e mariñas dentro do Programa nacional de control oficial de investigación de residuos de medicamentos veterinarios e outras substancias (PNIR) |
81.600,00 € |
23.4.2026 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG) polo que se encomenda o desenvolvemento do proxecto Aloumiños |
120.000,00 € |
28.4.2026 |
|
Acordo de adhesión da Universidade Europea de Valencia ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e os centros universitarios adheridos a el, para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e/ou máster en centros asistenciais e unidades administrativas do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Sanidade e das entidades instrumentais adscritas a ela |
0,00 € |
30.4.2026 |
