DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 27 de maio de 2026 Páx. 30622

III. Outras disposicións

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

DECRETO 45/2026, do 11 de maio, polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello da Fonsagrada da estrada LU-730, xunto co seu dominio público viario.

O artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia (LEG), dispón que os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados mediante decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

O artigo 9.7 da LEG recolle que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O artigo 18.11 do Regulamento xeral de estradas de Galicia (RXEG) dispón que os cambios de titularidade de treitos de estradas a favor de administracións de menor ámbito territorial só se levarán a cabo cando se trate de treitos terminais ou non impliquen a interrupción de ningún dos itinerarios dos que forma parte, sen que exista unha alternativa viaria, existente ou planificada, para todos eles, que proporcione un nivel de servizo cando menos equivalente.

O 16 de abril de 2026, a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello da Fonsagrada asinaron un convenio de colaboración para levar a cabo o arranxo da estrada LU-730 dende o p.q. 0+000 ata a intersección coa estrada LU-530.

A cláusula terceira deste convenio recolle o compromiso do Concello da Fonsagrada de aceptar o cambio de titularidade da estrada autonómica LU-730 (rolda da Fonsagrada), no treito comprendido entre o p.q. 0+070 e o p.q. 0+550, na intersección coa estrada LU-530 (avenida de Galicia). Queda exceptuado desta transferencia o treito da LU-730 desde o p.q. 0+000 ata o p.q. 0+070, que se corresponde co nó viario coa LU-530, o cal pasará a formar parte do dominio público viario da estrada LU-530.

A estrada convencional LU-730, con categoría funcional de rede local, discorre integramente polo termo municipal do concello da Fonsagrada, sobre solo clasificado como urbano, segundo o instrumento de planeamento vixente. O seu trazado iníciase na marxe dereita do p.q. 56+990 da estrada LU-530 e remata na marxe dereita do p.q. 57+635 da mesma estrada. Carece de funcionalidade dentro da Rede Autonómica de Estradas de Galicia, xa que constitúe unha rúa do núcleo urbano da Fonsagrada, empregada fundamentalmente como vía de acceso a vivendas e cun volume de tráfico escaso.

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo cos informes emitidos polos servizos competentes, formula a proposta favorable á transferencia de titularidade da estrada que se define no artigo 1.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de maio de dous mil vinte e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello da Fonsagrada da estrada LU-730 que se especifica a seguir, xunto co seu dominio público viario:

Estrada

Denominación

p.q.i

Coordenadas UTM (ETRS89 fuso29N)

p.q.f

Coordenadas UTM (ETRS89 fuso29N)

Lonx. (m)

LU-730

Rolda da Fonsagrada

0+070

X= 657.094

y= 4.776.170

0+550

X= 657.192

y= 4.776.618

481

O treito da LU-730 entre o p.q. 0+000 ao p.q. 0+070, que se corresponde co nó viario coa LU-530, pasará a formar parte do dominio público viario da estrada LU-530.

Artigo 2

Modificar, en aplicación do artigo 10.6.a) da LEG, o Catálogo da Rede Autonómica de Estradas de Galicia, aprobado polo Decreto 100/2021, do 24 de xuño, e suprimir a estrada LU-730 do catálogo, que actualmente aparece recollida cos seguintes datos:

Clave

Denominación

Treito

p.q.i

p.q.f

Lonxitude treito (km)

Lonxitude total (km)

Categoria funcional

Clase de estrada

Provincia

LU-730

Rolda da Fonsagrada

Rolda da Fonsagrada

0+000

0+550

0,55

0,55

Local

Estrada convencional

Lugo

O documento do catálogo e as súas modificacións poden consultarse na páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/estradas/rede-autonomica/raega

Artigo 3

En aplicación dos puntos 4 e 6 do artigo 10 da LEG, o Concello da Fonsagrada deberá modificar o seu catálogo de estradas para incluír o cambio de titularidade a que se refire este decreto.

Artigo 4

De acordo co establecido no artigo 9.6 da LEG, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos tres meses seguintes a esta publicación, mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Esa acta de entrega e os seus planos poderán consultarse na páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/estradas/rede-autonomica/raega

Artigo 5

Correspóndenlle ao Concello da Fonsagrada, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación da vía, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular das estradas.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, once de maio de dous mil vinte e seis

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

María Martínez Allegue
Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas