DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 27 de maio de 2026 Páx. 30617

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, pola que se dá publicidade dos beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 9 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á modernización tecnolóxica e dixital nas estacións de servizo de ámbito rural da Comunidade Autónoma de Galicia, así como ao desenvolvemento de actuacións dirixidas a mellorar a súa seguridade, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento IN519F).

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no artigo 17 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 9 do anexo I da Orde do 9 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á modernización tecnolóxica e dixital nas estacións de servizo de ámbito rural da Comunidade Autónoma de Galicia, así como ao desenvolvemento de actuacións dirixidas a mellorar a súa seguridade, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento IN519F), por medio desta resolución publícase o extracto das axudas outorgadas pola Consellería de Economía e Industria ao abeiro da dita orde.

a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 9 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á modernización tecnolóxica e dixital nas estacións de servizo de ámbito rural da Comunidade Autónoma de Galicia, así como ao desenvolvemento de actuacións dirixidas a mellorar a súa seguridade, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento IN519F) (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro).

b) Aplicación orzamentaria: 09.03.732A.770.0.

c) Crédito orzamentario: 800.000,00 euros.

d) Destinatarios: pemes legalmente constituídas e os empresarios autónomos, titulares de estacións de servizo, que realicen investimentos de acordo co obxecto desta orde para a modernización tecnolóxica e dixital das estacións de servizo, sempre e cando cumpran os seguintes requisitos:

a. As estacións de servizo deben estar situadas en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia de ata 20.000 habitantes, de acordo cos últimos datos publicados polo Instituto Galego de Estatística, ou ben naquelas parroquias que teñen a consideración de zonas pouco poboadas ou áreas rurais, no caso de estaren situadas en concellos de máis de 20.000 habitantes.

b. Que a empresa figure de alta na clase 47.30, Comercio polo miúdo de combustible para automóbiles, do Real decreto 10/2025, do 14 de xaneiro, polo que se aproba a Clasificación nacional de actividades económicas 2025 (CNAE-2025).

c. Ter como mínimo unha persoa empregada contratada por conta allea asignada á estación de servizo para a cal se solicita a axuda. Para as estacións de servizo situadas en concellos cunha poboación inferior a 2.000 habitantes será suficiente con ter unha persoa empregada contratada por conta allea asignada á estación de servizo para a cal se solicita a axuda ou que a persoa titular sexa un empresario autónomo. Os contratos asinados coas persoas empregadas poderán ser indefinidos, fixos descontinuos ou combinacións equivalentes de xornada, sempre que na estación de servizo se garanta unha presenza mínima equivalente a 20 horas semanais de atención efectiva vinculada ao funcionamento ordinario da instalación.

d. Que a estación de servizo figure inscrita no Rexistro de instalacións de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos líquidos. Para aquelas estacións de servizo de recente implantación, ademais de terse presentado a solicitude correspondente ao procedemento IN624C, deberase ter achegado toda a documentación establecida no dito procedemento xunto coa comunicación.

e) Beneficiarios, importe e finalidade das axudas: no anexo a esta resolución recóllense os beneficiarios, o importe e a finalidade das axudas.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2026

Margarita Ardao Rodríguez
Directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial

ANEXO

Subvencións concedidas

Solicitante

NIF

Expediente

Finalidade

Contía da axuda

E.S. Meléndez Alonso, S.L.

B24838054

IN519F-2026-45-00

Sistemas e equipamentos dixitais
Sistemas asociados ao pagamento
Melloras na seguridade
Grupos electróxenos
Adquisición desfibriladores

21.186,50 €

Ricardo Jardón Santos

34945080F

IN519F-2026-56-00

Sistemas e equipamentos dixitais
Sistemas asociados ao pagamento
Melloras na seguridade
Sistemas de alimentación ininterrompida
Adquisición desfibriladores

30.000,00 €

Europea de Comerciales Xanxenxo, S.L.

B94005592

IN519F-2026-52-00

Sistemas e equipamentos dixitais
Sistemas asociados ao pagamento
Melloras na seguridade
Grupos electróxenos
Adquisición desfibriladores

28.322,04 €

Ramón Viña Canedo

44808810A

IN519F-2026-39-00

Sistemas e equipamentos dixitais
Melloras na seguridade
Sistemas de alimentación ininterrompida
Grupos electróxenos

8.766,22 €

Mararnelas, S.L.

B36111805

IN519F-2026-34-00

Sistemas e equipamentos dixitais
Integración de plataformas dixitais
Grupos electróxenos
Adquisición desfibriladores

13.244,00 €

Estación de Servicio Aeropuerto-Santiso, S.L.

B15536584

IN519F-2026-35-00

Sistemas e equipamentos dixitais
Sistemas asociados ao pagamento
Sistemas de alimentación ininterrompida
Adquisición desfibriladores

18.524,45 €

LAG Xallas, S.L.

B70222823

IN519F-2026-44-00

Sistemas e equipamentos dixitais
Sistemas asociados ao pagamento
Melloras na seguridade
Sistemas de alimentación ininterrompida
Adquisición desfibriladores

17.921,22 €

Portodemouros S.C.

J15252836

IN519F-2026-57-00

Sistemas e equipamentos dixitais
Sistemas asociados ao pagamento
Melloras na seguridade
Sistemas de alimentación ininterrompida

12.007,45 €

O Xeixo S. Coop. Galega

F27207323

IN519F-2026-67-00

Sistemas de alimentación ininterrompida
Grupos electróxenos
Adquisición desfibriladores

6.164,50 €

Fundación Terreo

G42882704

IN519F-2026-46-00

Melloras na seguridade
Grupos electróxenos
Adquisición desfibriladores

7.171,72 €

Gasóleos Vallo, S.L.

B70381413

IN519F-2026-60-00

Sistemas e equipamentos dixitais
Integración de plataformas dixitais
Melloras na seguridade
Sistemas de alimentación ininterrompida

4.142,91 €

O Rodo Sociedad Cooperativa

F36100782

IN519F-2026-16-00

Sistemas de alimentación ininterrompida
Grupos electróxenos
Adquisición desfibriladores

7.478,50 €

Estación de Servicio Bazarra, S.L.

B15627698

IN519F-2026-63-00

Sistemas e equipamentos dixitais
Sistemas asociados ao pagamento
Melloras na seguridade
Sistemas de alimentación ininterrompida

24.611,75 €

Estación de Servicio 2001, S.L.

B32241192

IN519F-2026-49-00

Sistemas e equipamentos dixitais
Melloras na seguridade
Adquisición desfibriladores

18.836,00 €

Gasóleos Abelleira, S.L.

B27155423

IN519F-2026-62-00

Sistemas e equipamentos dixitais
Melloras na seguridade
Grupos electróxenos

16.970,57 €

Sanchilán, S.L.

B36126936

IN519F-2026-30-00

Sistemas e equipamentos dixitais
Sistemas asociados ao pagamento
Melloras na seguridade
Sistemas de alimentación ininterrompida

10.040,50 €

LAG Infinity Energías, S.L.

B56993280

IN519F-2026-37-00

Sistemas e equipamentos dixitais
Sistemas de alimentación ininterrompida
Adquisición desfibriladores

10.001,98 €

Estación de Servicios Sobreira, S.A.

B32190480

IN519F-2026-07-00

Sistemas asociados ao pagamento
Adquisición desfibriladores

8.906,16 €

Estaciones de Servicio Manzaneda, S.A.

A15106123

IN519F-2026-31-00

Sistemas e equipamentos dixitais
Sistemas asociados ao pagamento
Sistemas de alimentación ininterrompida
Adquisición desfibriladores

12.645,24 €

Maceiroa, S.L.

B15726136

IN519F-2026-32-00

Sistemas e equipamentos dixitais
Sistemas asociados ao pagamento
Grupos electróxenos

11.105,00 €

Hidrocarburos del Norte, S.L.

B15043441

IN519F-2026-64-00

Sistemas e equipamentos dixitais
Integración de plataformas dixitais
Sistemas de alimentación ininterrompida

6.387,50 €

Arrendamientos Galaicos, S.L.

B15220155

IN519F-2026-42-00

Sistemas e equipamentos dixitais
Sistemas asociados ao pagamento
Melloras na seguridade
Sistemas de alimentación ininterrompida
Grupos electróxenos

22.174,71 €

Estación de Servicio Mesón del Viento, S.L.

B15376148

IN519F-2026-19-00

Melloras na seguridade
Adquisición desfibriladores

7.129,49 €

Galinorte Combustibles, S.L.

B32495160

IN519F-2026-25-00

Sistemas e equipamentos dixitais
Grupos electróxenos

14.349,33 €

Combustibles Baratos, S.L.

B27444108

IN519F-2026-02-00

Sistemas asociados ao pagamento
Grupos electróxenos

10.695,00 €

Estación de Servicio Arbo, S.L.

B36441244

IN519F-2026-50-00

Melloras na seguridade
Grupos electróxenos

5.340,00 €

Estaciones de Servicio Exnor, S.L.

B94071263

IN519F-2026-55-00

Sistemas e equipamentos dixitais
Sistemas de alimentación ininterrompida
Grupos electróxenos

12.465,69 €

Puente Ulla, S.L.

B15397672

IN519F-2026-27-00

Sistemas asociados ao pagamento
Melloras na seguridade

22.267,00 €

Puente Ulla, S.L.

B15397672

IN519F-2026-28-00

Sistemas asociados ao pagamento
Melloras na seguridade

21.865,50 €

Estación de Servicio Outón, S.A.

A36116929

IN519F-2026-24-00

Melloras na seguridade
Grupos electróxenos

9.043,54 €

Estación de Servicio Mingacho, S.L.

B15918154

IN519F-2026-47-00

Sistemas e equipamentos dixitais
Sistemas de alimentación ininterrompida

7.843,25 €

Staroil Barbanza, S.L.

B19424779

IN519F-2026-15-00

Sistemas asociados ao pagamento
Sistemas de alimentación ininterrompida

6.329,36 €

Servicios Puente Liñares, S.L.

B36170389

IN519F-2026-05-00

Sistemas e equipamentos dixitais
Sistemas asociados ao pagamento

10.278,67 €

Estación de Servicio O Picato, S.L.

B27450022

IN519F-2026-20-00

Grupos electróxenos

2.240,00 €

Estación de Servicio Portela de Lamas, S.L.

B36032852

IN519F-2026-33-00

Grupos electróxenos

1.029,60 €

Lapamán Gestión, S.L.

B94098316

IN519F-2026-12-00

Sistemas asociados ao pagamento
Melloras na seguridade

9.608,00 €

Cerceda, S.A.

A15131279

IN519F-2026-59-00

Sistemas asociados ao pagamento
Melloras na seguridade

10.040,27 €

Staroil Arousa, S.L.

B72429293

IN519F-2026-13-00

Sistemas asociados ao pagamento
Sistemas de alimentación ininterrompida

6.329,36 €

Gasóleos Barral Moledo, S.L.

B15535453

IN519F-2026-11-00

Sistemas e equipamentos dixitais
Sistemas asociados ao pagamento

6.276,00 €

Car Wash Sanxenxo Low Cost, S.L.

B02929255

IN519F-2026-40-00

Grupos electróxenos

5.000,00 €

Ariosa Noroeste Transporte por Carretera, S.L.

B27345792

IN519F-2026-21-00

Melloras na seguridade

2.389,00 €

E.S. Cruz da Veiga, S.L.

B27197664

IN519F-2026-53-00

Melloras na seguridade

4.415,00 €

Complejo Ruta Esmeralda, S.L.

B27415546

IN519F-2026-09-00

Melloras na seguridade

15.303,90 €

Combustibles Nando, S.L.

B09759259

IN519F-2026-22-00

Melloras na seguridade

7.486,27 €

Cerceda, S.A.

A15131279

IN519F-2026-58-00

Melloras na seguridade

2.344,18 €

E.S. Campos -Taboada, S.L.

B27370089

IN519F-2026-36-00

Melloras na seguridade

1.493,36 €

Yethi Carburantes, S.L.

B70426598

IN519F-2026-01-00

Sistemas asociados ao pagamento

1.259,00 €

Las Conchas de Hermille, S.L.

B32167843

IN519F-2026-04-00

Sistemas e equipamentos dixitais

10.012,00 €

Malleta, S.L.

B32198640

IN519F-2026-03-00

Sistemas e equipamentos dixitais

5.869,00 €

Gasuma, S.L.

B15459860

IN519F-2026-06-00

Sistemas e equipamentos dixitais

5.493,90 €

El Cordero Gallego, S.L.

B94015369

IN519F-2026-23-00

Sistemas asociados ao pagamento

5.340,00 €

Lagas de Meira, S.L.

B70153002

IN519F-2026-26-00

Sistemas e equipamentos dixitais

12.382,50 €

Estación de Servicio Monte Real, S.L.

B36701209

IN519F-2026-43-00

Melloras na seguridade

30.000,00 €

Área de Servicio A Barca, S.L.

B36452464

IN519F-2026-54-00

Sistemas e equipamentos dixitais

3.645,00 €

Lagas de Meira, S.L.

B70153002

IN519F-2026-29-00

Sistemas e equipamentos dixitais

10.757,50 €

Tisco, S.L.

B15378169

IN519F-2026-41-00

Sistemas e equipamentos dixitais

7.450,00 €

Gompa, S.L.

B15211097

IN519F-2026-38-00

Sistemas e equipamentos dixitais

5.747,40 €

Redarse, S.L.

B36225522

IN519F-2026-51-00

Sistemas e equipamentos dixitais
Adquisición desfibriladores

10.528,65 €

Staroil Poio, S.L.

B19424761

IN519F-2026-14-00

Sistemas asociados ao pagamento
Sistemas de alimentación ininterrompida

6.329,36 €

Gasolinera El Jardín, S.L.

B27002732

IN519F-2026-66-00

Sistemas e equipamentos dixitais
Sistemas asociados ao pagamento

12.455,92 €

Área de Servicio A Barca, S.L.

B36452464

IN519F-2026-61-00

Sistemas e equipamentos dixitais

4.168,00 €

649.608,92 €