DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 27 de maio de 2026 Páx. 30613

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2026, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre do ano 2026.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Primeiro. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2026, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Segundo. Así mesmo, dar publicidade aos convenios pendentes de publicar subscritos no ano 2025 pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, que se incorpora como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2026

Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación,
Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ANEXO I

Denominación do convenio

Achega da consellería

Data da sinatura

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2025 entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a entidade El Progreso de Lugo, S.L.

25.640,99 €

3.1.2026

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2025 entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a entidade Lérez Ediciones, S.L.U.

9.995,64 €

3.1.2026

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2025 entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a entidade Editorial La Capital, S.L.U. - Diario de Arousa.

2.172,97 €

3.1.2026

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2025 entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a entidade Editorial La Capital, S.L.U. - Diario de Ferrol.

4.780,52 €

3.1.2026

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2025 entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a entidade Editorial La Capital, S.L.U. - El Ideal Gallego.

2.607,56 €

3.1.2026

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2025 entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a entidade La Región, S.A.

23.468,02 €

3.1.2026

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2025 entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a entidade Rías Baixas Comunicación, S.A.

2.607,56 €

3.1.2026

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2025 entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a entidade EPI Prensa, S.L.U.

10.430,23 €

5.1.2026

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2025 entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a entidade Faro de Vigo, S.A.U.

59.973,84 €

5.1.2026

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2025 entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a entidade La Opinión A Coruña, S.L.U.

7.822,67 €

5.1.2026

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2025 entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a entidade La Voz de Galicia, S.A.

149.500,00 €

9.1.2026

Convenio entre a Comunidade de Madrid (Consellería de Educación, Ciencia e Universidades) e a Xunta de Galicia (Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional) a través do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, para a realización de prácticas externas do alumnado do Conservatorio Superior de Danza María Ávila.

Sen custo

19.1.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Dano Cerebral (Dano Cerebral Galicia) para a mellora da atención educativa do alumnado con dano cerebral adquirido.

Sen custo

13.2.2026

Convenio de colaboración educativa entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Federación de Comercio A Mariña (FCAM) para a difusión das ensinanzas de formación profesional e a inserción laboral dos titulados na comarca da Mariña.

Sen custo

19.2.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Universidade de Santiago de Compostela, para regular a utilización de espazos entre a Facultade de Formación do Profesorado da USC, o CEIP Anexa e o CIFP Politécnico de Lugo.

Sen custo

24.2.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Federación Galega de Baloncesto, para promover a práctica da modalidade de Baloncesto 3x3 e o fomento da participación e o desenvolvemento deportivo do alumnado.

Sen custo

24.2.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) para impulsar accións no Campus Terra como campus de especialización acreditado do Sistema universitario de Galicia (SUG) 2026-2029.

4.731.449,00 €

10.3.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e as seguintes asociacións, Asociación de Apoio a Persoas con Diversidade Intelectual (Aceesca), a Asociación Hogar e Clínica San Rafael, o Centro Juan María Asociación Esperanza Valle Miñor, a Asociación de pais e nais de persoas con autismo de Galicia (Aspanaes) e a Asociación Pro Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia (Aspronaga) para por en marcha programas de formación profesional adaptada para persoas con necesidades educativas especiais.

Sen custo

10.3.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Universidade Intercontinental de la Empresa para o recoñecemento da correspondencia entre ciclos formativos de formación profesional e materias de estudos universitarios.

Sen custo

11.3.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias para o desenvolvemento da Rede de concellos contra o acoso escolar.

Sen custo

11.3.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Familias de Acollida (Acougo) para a mellora da atención educativa do alumnado vulnerable.

Sen custo

11.3.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Asociación Nexos de Didáctica de Filosofía para a organización e desenvolvemento da Olimpíada de Filosofía e para o seu recoñecemento como proxecto de innovación educativa.

Sen custo

17.3.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Asociación de Ayuda Mutua para la Adversidad Temprana y Trastornos del Apego (Petales España) para a mellora da atención educativa do alumnado vulnerable.

Sen custo

17.3.2026

Addenda terceira ao convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e o Concello de Lugo para a xestión do servizo de comedor escolar en dez centros educativos do concello.

199.003,20 €

24.3.2026

Convenio entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, e a Fundación MOP – The MOP Foundation, para a colaboración educativa nas ensinanzas artísticas e profesionais de artes plásticas e deseño e na formación profesional de Galicia.

Sen custo

24.3.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Arbo para a execución do proxecto de mellora da mobilidade peonil na EP-5201 Arbo-Cabeiras-Barcela, do p.q. 0+200 ao P.Q 0+200. Concello de Arbo.

110.042,62 €

25.3.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre para o desenvolvemento conxunto do programa Naturacción.

23.555,45 €

27.3.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e o Grupo Compostela de Universidades, para a organización do XXX premio internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia, relacionado con actividades de investigación, estudo e divulgación do patrimonio cultural universitario.

12.610,00 €

16.4.2026

Primeira addenda ao onvenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Universidade de Vigo (UVIGO) para o desenvolvemento de accións estratéxicas de I+D+i 2025-2026.

536.000,00 €

24.4.2026

ANEXO II

Denominación do convenio

Achega da consellería

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Fundación Botín – Sanz de Sautuola e López, para a implantación do programaEducación responsable.

Sen custo

18.12.2025