DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 29 de maio de 2026 Páx. 31535

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 11 de maio de 2026, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de iniciación do expediente de clasificación dos montes Torreiro de Sobredo, Escola do Souto, Parque do Souto e pista de fútbol do Souto, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) de Guillarei, na parroquia de Guillarei, concello de Tui.

En aplicación do artigo 23.2 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común (RMVMC), aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, dáse publicidade oficial ao acordo do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, acadado na sesión que tivo lugar o 24 de febreiro de 2026, en que se decidiu iniciar o procedemento de clasificación como veciñal en man común dos seguintes montes:

Concello: Tui.

Parroquia: Guillarei.

1. Nome do monte: Torreiro de Sobredo.

Cabida: 3.134 m2.

Ref. catastral: abrangue parte das parcelas catastrais 36055A02800006, 36055A02809020 e 36055A02800007.

Estremas:

Norte: Concello de Tui.

Sur: Deputación Provincial de Pontevedra.

Leste: Deputación Provincial de Pontevedra.

Oeste: Jorge Alonso Castiñeira-José Rodríguez Costa.

2. Nome do monte: Escola do Souto.

Cabida: 610 m2.

Ref. catastral: abrangue case a totalidade das parcelas catastrais 36055A03000534 e 36055A03000533. E pequenos anacos das 36055A03000532, 36055A03000713 e 36055A03009013.

Estremas:

Norte: José Manuel Freiría Pérez-José Vila González.

Sur: Deputación Provincial de Pontevedra.

Leste: José Vila González.

Oeste: Concello de Tui.

3. Nome do monte: Parque do Souto.

Cabida: 1.774 m2.

Ref. catastral: correspóndese co 90 % da parcela 36055A03000572 mais anacos da 36055A03009015.

Estremas:

Norte: Concello de Tui.

Sur: Concello de Tui-Deputación Provincial de Pontevedra.

Leste: Concello de Tui-Deputación Provincial de Pontevedra.

Oeste: Concello de Tui.

4. Nome do monte: pista de fútbol do Souto.

Cabida: 904 m2.

Ref. catastral: correspóndese co 90 % da parcela 36055A03000575 mais anacos da 36055A03009015 e 36055A03009016.

Estremas:

Norte: Concello de Tui.

Sur: Concello de Tui-Deputación Provincial de Pontevedra.

Leste: Deputación Provincial de Pontevedra.

Oeste: Concello de Tui.

Así mesmo, ao abeiro do artigo 23.2 do dito regulamento, comunícase a apertura dun período dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación, para que calquera persoa interesada no expediente poida efectuar as alegacións que considere convenientes.

Pontevedra, 11 de maio de 2026

Amalia Elsa Pazos Pintos
Instrutora