DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 29 de maio de 2026 Páx. 31529

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 11 de maio de 2026, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Do Casar, no concello do Irixo.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, na sesión que tivo lugar o 28 de abril de 2026, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Do Casar, no concello do Irixo, resultan os seguintes feitos:

Primeiro. O 11 de febreiro de 2025 tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural un escrito de Miguel Ángel Otero Rodríguez, dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, en que solicitaba a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Do Casar, no concello do Irixo.

Segundo. O 7 de xullo de 2025, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, abrindo un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. Contra o acordo de inicio do procedemento presentaron escritos de alegacións Alberto Decabo Álvarez e Alicia López Reinoso. Solicitan os alegantes que se exclúan do dito acordo de inicio, por seren da titularidade deles, as parcelas con referencias catastrais 32036A02300241 e 32036A02300586, nun caso, e 32036A02300320 e 32036A02300447, noutro caso.

Non obstante, as catro parcelas alegadas non forman parte dos terreos incluídos no acordo de inicio, senón que se trata de lindeiros, polo que ambas as alegacións carecen de fundamento.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación existente no expediente, descríbese así:

Nome do monte: Do Casar.

Superficie: 34,56 ha.

Pertenza: veciños/as do Casar.

Parroquia: Cangues (Santo Estevo).

Concello: O Irixo.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Predio único:

Os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ben que están atravesados polos camiños correspondentes ás parcelas coas RR.CC. 32036A02309001, 32036A02309006, 32036A02509003 e 32036A02509006.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Estremas

Referencia catastral

32036A02300003

32036A02300066

32036A02300117

32036A02300582

32036A02500007 (parte)

32036A02500325 (parte)

Norte

32036A02500010

32036A02500007 (resto)

32036A02509002

32036A02509003

32036A02500325 (resto)

32036A02500454

32036A02500453

32036A02500462

32036A02500451

32036A02500452

32036A02500449

32036A02500447

32036A02500446

32036A02500324

32036A02500322

32036A02500320

32036A02500319

32036A02500317

32036A02500315

32036A02500332

32036A02500331

32036A02500330

32036A02500329

32036A02500328

32036A02500327

32036A02500326

32036A02500442

32036A02500441

32036A02500440

32036A02500439

32036A02500438

32036A02500437

32036A02500436

32036A02500435

32036A02500434

32036A02500433

32036A02500430

32036A02500429

32036A02500427

32036A02500425

32036A02500422

32036A02500420

32036A02500419

32036A02500412

32036A02500411

32036A02500410

32036A02500409

Leste

32036A02500325 (resto)

32036A02309001

32036A02300004

32036A02300005

32036A02300543

32036A02300039

32036A02309006

32036A02300096

32036A02300063

32036A02300064

32036A02300065

32036A02300067

Sur

32036A02300068

32036A02300069

32036A02300070

32036A02300071

32036A02300072

32036A02300073

32036A02300074

32036A02300088

32036A02300092

32036A02300093

32036A02300094

32036A02300100

32036A02300114

32036A02300115

32036A02300116

32036A02300586

32036A02300585

32036A02300584

32036A02309006

32036A02300594

32036A02300038

32036A02300595

32036A02300583

32036A02300583

(T.M. do Carballiño)

32036A02200718

(T.M. do Carballiño)

32036A02200733

(T.M. do Carballiño)

32036A02200734

(T.M. do Carballiño)

32036A02200844

(T.M. do Carballiño)

32036A02200851

(T.M. do Carballiño)

32036A02300577

(T.M. do Carballiño)

32036A02300574

(T.M. do Carballiño)

32036A02300573

(T.M. do Carballiño)

32036A02300572

32036A02300570

32036A02300569

32036A02300568

32036A02300562

32036A02300561

32036A02309006

32036A02309010

Oeste

32036A02309010

32036A02309001

32036A02309008

32036A02300118

32036A02300240

32036A02300241

32036A02300242

32036A02300245

32036A02300246

32036A02300481

32036A02300259

32036A02300261

32036A02300659

32036A02309006

32036A02309001

32036A02500007 (resto)

(T.M. do Carballiño)

32020A02201108

(T.M. do Carballiño)

32036A02500459

32036A02500458

32036A02500002

32036A02500003

32036A02500004

32036A02500005

32036A02500006

32036A02500008

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei: «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e os veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade, sen asignación de cotas, os membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 223/2022, do 22 de decembro, que establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, e demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial, por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Do Casar, no concello do Irixo, de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 11 de maio de 2026

José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Ourense