En cumprimento do disposto no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, na sesión que tivo lugar o 28 de abril de 2026, adoptou a seguinte resolución:
Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Borraxas, Vales e Vilachá (ampliación), no concello de Boborás, resultan os seguintes feitos:
Primeiro. O 20 de marzo de 2025 tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural un escrito da CMVMC de Borraxas, Vales e Vilachá, dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, en que solicitaba a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Borraxas, Vales e Vilachá (ampliación), no concello de Boborás.
Segundo. O 7 de xullo de 2025, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, abrindo un período dun mes para a práctica de alegacións.
Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentara ningunha.
Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación existente no expediente, descríbese así:
Nome do monte: Borraxas, Vales e Vilachá (ampliación).
Superficie: 31,59 ha.
Pertenza: CMVMC de Borraxas, Vales e Vilachá.
Parroquia: Feás (Santo Antón).
Concello: Boborás.
Descrición dos predios que constitúen o monte:
Predio 1:
Os terreos incluídos neste predio conforman un couto redondo cun dos predios xa clasificados do MVMC Borraxas, Vales e Vilachá.
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Estremas |
Referencia catastral |
|
32014A02200255 (parte) |
Norte |
32014A02201364 32014A02201358 32014A02201356 32014A02201355 32014A02201354 32014A02201353 32014A02201352 32014A02201351 32014A02201347 32014A02201346 32014A02201345 32014A02201344 32014A02201343 32014A02201342 32014A02201341 32014A02201340 32014A02201339 32014A02201338 32014A02201337 32014A02201336 32014A02201335 32014A02201334 32014A02201333 32014A02201332 32014A02201331 32014A02201330 32014A02201329 |
|
Leste |
32014A02209006 32014A02200450 |
|
|
Sur |
32014A02200255 (resto) (MVMC Borraxas, Vales e Vilachá) |
|
|
Oeste |
32014A02200255 (resto) (MVMC Borraxas, Vales e Vilachá) 32014A02201308 (MVMC Borraxas, Vales e Vilachá) 32014A02201364 |
|
Predio 2:
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Estremas |
Referencia catastral |
|
32014A02200656 |
Norte |
32014A02209017 (río Rego do Porto do Carro) |
|
Leste |
32014A02200997 32014A02200996 32014A02201022 |
|
|
Sur |
32014A02209005 |
|
|
Oeste |
32014A02209005 32014A02209017 (río Rego do Porto do Carro) |
|
Predio 3:
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Estremas |
Referencia catastral |
|
32014A02201028 |
Norte |
32014A02200996 32014A02200995 32014A02200994 32014A02200993 32014A02200992 32014A02200991 32014A02200990 |
|
Leste |
32014A02201425 32014A02201424 32014A02200989 32014A02200988 32014A02200987 32014A02200985 32014A02200998 |
|
|
Sur |
32014A02201021 32014A02201020 32014A02201023 |
|
|
Oeste |
Terreo sen clasificar 32014A02209005 32014A02201026 32014A02201027 32014A02201022 32014A02200996 |
|
Predio 4:
Os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ben que están atravesados polo camiño correspondente á parcela coa R.C. 32036A02309016.
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Estremas |
Referencia catastral |
|
32014A02302278 32014A02302279 32014A02302280 32014A02302351 32014A02302360 |
Norte |
32014A02309012 32014A02309015 |
|
Leste |
32014A02309002 |
|
|
Sur |
32014A02302350 |
|
|
Oeste |
32014A02301527 32014A02301508 32014A02301507 32014A02301506 32014A02301501 32014A02301502 32014A02301496 32014A02301495 32014A02301494 32014A02301493 32014A02301492 32014A02301491 32014A02302277 32014A02302276 32014A02302275 32014A02301522 32014A02301520 32014A02302493 32014A02301519 32014A02301518 32014A02302267 32014A02302268 32014A02302269 32014A02302270 32014A02302271 32014A02302272 32014A02302273 32014A02301451 32014A02309012 |
|
Predio 5:
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Estremas |
Referencia catastral |
|
32014A08700202 |
Norte |
32014A08709005 |
|
Leste |
32014A02209007 |
|
|
Sur |
32014A08709007 |
|
|
Oeste |
32014A07009001 32014A06909004 |
|
|
Enclavados |
0022034NG69H (urbana) |
|
Predio 6:
Os terreos incluídos neste predio conforman un couto redondo cun dos predios xa clasificados do MVMC Borraxas, Vales e Vilachá.
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Estremas |
Referencia catastral |
|
32014A08700764 |
Norte |
32014A08700678 32014A08700677 32014A08700676 32014A03109006 |
|
Leste |
32014A03109006 |
|
|
Sur |
32014A03109006 32014A08700700 |
|
|
Oeste |
32014A08700700 32014A08700699 32014A08700698 32014A08700697 32014A08700696 32014A08700695 32014A08700694 32014A08700693 32014A08700692 32014A08700691 32014A08700690 32014A08700689 32014A08700688 32014A08700687 32014A08700686 32014A08700685 |
|
Fundamentos de dereito:
Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.
Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei: «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e os veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade, sen asignación de cotas, os membros daquelas na súa condición de veciños».
Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, e corresponde constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.
Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.
En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 223/2022, do 22 de decembro, que establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, e demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial, por unanimidade dos seus membros,
RESOLVE:
Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Borraxas, Vales e Vilachá (ampliación), no concello de Boborás.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Ourense, 11 de maio de 2026
José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Ourense
