En sesión que tivo lugar o 15 de maio de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 29 de xaneiro de 2026 (DOG núm. 23, do 4 de febreiro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de ciencias do mar, convocado mediante a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 18 de xullo de 2025 (DOG núm. 162, do 26 de agosto),
ACORDOU:
Primeiro. De conformidade co previsto na base II.1.2.7 da convocatoria, e en relación co primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de ciencias do mar, realizado o día 24 de marzo de 2026, unha vez revisadas as alegacións presentadas:
– Acceso libre e promoción interna: anular as preguntas 63 e 128 da primeira parte do exercicio e substituílas polas preguntas de reserva 143 e 144. Na segunda parte do exercicio anúlase a pregunta 157 e substitúese pola pregunta de reserva 189.
– Acceso libre e promoción interna: cambiar as opcións correctas das preguntas 108 e 109 no cadro de respostas:
• Na pregunta 108, a resposta correcta pasa de D a C.
• Na pregunta 109, a resposta correcta pasa de B a C.
Así mesmo, acorda desestimar as restantes alegacións presentadas.
Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, o primeiro exercicio cualificarase de 0 a 50 puntos e para superalo será preciso obter un mínimo de vinte e cinco (25) puntos. Para estes efectos, nos criterios de corrección, valoración e superación do primeiro exercicio aprobados polo tribunal na sesión do día 20 de marzo de 2026, en cumprimento da potestade de determinación do criterio de superación do exercicio, e publicados no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, estableceuse que:
No acceso pola quenda de promoción interna, superarán este exercicio as persoas aspirantes que teñan un mínimo, en cada unha das partes, do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.
Na quenda libre, superarán este exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes, determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas por esta quenda, sempre que acaden, en cada unha das partes, o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.
Para os efectos do previsto no parágrafo anterior, no que se refire ao número máximo de prazas convocadas pola quenda de acceso libre, se atenderá ao previsto na base I.1 desta convocatoria, con independencia de que as prazas non cubertas pola quenda de promoción interna se acumulen ás prazas convocadas pola quenda de acceso libre.
Partindo do anterior, asignaráselles a valoración de 25 puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada. O resto das persoas declaradas aptas terán unha cualificación distribuída entre os 25 e os 50 puntos, proporcional ao número de respostas correctas (unha vez feitas as deducións por respostas incorrectas). Do mesmo xeito, asignaráselles a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes declaradas non aptas.
Realizada a corrección o día 12 de maio de 2026, na quenda de acceso libre acadou a puntuación mínima de 25 puntos un total de 12 persoas aspirantes no seu conxunto e fixouse en 105,5 o número de respostas netas correctas necesarias para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na base II.1.1.1 da convocatoria.
Non houbo persoas presentadas pola quenda de promoción interna.
Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas á proba realizada o día 24 de marzo de 2026, correspondente ao primeiro exercicio do proceso selectivo, para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de ciencias do mar, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 18 de xullo de 2025 (DOG núm. 162, do 26 de agosto), no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal
Cuarto. Consonte a citada base III.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán formular as alegacións que consideren oportunas no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. As alegacións presentaranse a través da aplicación Fides (https://fides.xunta.gal).
Quinto. Tal e como recolle a base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 15 de maio de 2026
María Carmen Morales de la Fuente
Presidenta do tribunal
