DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 29 de maio de 2026 Páx. 31434

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2026, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de servizos xerais (PSX), subgrupo C2, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 220, do 20 de novembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 19 de maio de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 6 de outubro de 2025 (DOG núm. 197, do 13 de outubro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de servizos xerais (PSX), subgrupo C2, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 220, do 20 de novembro),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base 2.1.1.2 da convocatoria, o segundo exercicio é obrigatorio non eliminatorio e cualificarase de 0 a 10 puntos. Corresponderá ao tribunal determinar o coñecemento da lingua galega de acordo co nivel do Celga requirido no proceso selectivo (Celga 3 ou equivalente).

Segundo. Realizada a corrección do segundo exercicio nas sesións realizadas entre o 15 e o 19 de maio de 2026, publicar as cualificacións obtidas polas persoas aspirantes convocadas:

NIF

Apelidos e nome

Puntuación

***2224**

García Trastoy, Juan

8 puntos

***7006**

Vázquez Vázquez, Alberto

9 puntos

Terceiro. De acordo co disposto na base 2.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base 3.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da consellería de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2026

Constantino Piñeiro Cajete
Presidente do tribunal