DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 1 de xuño de 2026 Páx. 31627

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2026 pola que se renova a mención de excelencia a titulacións universitarias oficiais de máster impartidas polas universidades do Sistema universitario de Galicia.

O 9 de decembro de 2025 publicouse no DOG núm. 237 a Orde do 27 de novembro de 2025 pola que se procede á convocatoria para a renovación da mención de excelencia concedida a titulacións universitarias oficiais de máster impartidas por universidades públicas do Sistema universitario de Galicia.

Rematado o prazo para a entrega da documentación necesaria para a tramitación do procedemento establecido no artigo 4 da orde de convocatoria, as solicitudes foron analizadas pola comisión avaliadora prevista no artigo 7 da citada orde.

Tendo en conta o anteriormente exposto e atendendo á proposta de resolución da Secretaría Xeral de Universidades, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Concederlle a renovación da mención de máster universitario excelente da Xunta de Galicia ás titulacións universitarias oficiais de máster impartidas polas universidades do Sistema universitario de Galicia que se relacionan no anexo I da presente resolución.

Segundo. A renovación do máster universitario excelente da Xunta de Galicia terá unha vixencia de cinco cursos académicos á fin dos cales poderá ser renovado por períodos sucesivos de igual duración.

Terceiro. As universidades responsables dos títulos comprométense a manter os requisitos que deron lugar á obtención da renovación da mención de máster universitario excelente da Xunta de Galicia.

Cuarto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as universidades poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2025

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ANEXO

Titulación

Facultade/escola

Universidade

MU en Bioinformática para Ciencias da Saúde

Facultade de Informática

Universidade da Coruña

MU en Biotecnoloxía Avanzada

Facultade de Bioloxía

Facultade de Ciencias

Universidade de Vigo

Universidade da Coruña

MU en Tradución para a Comunicación Internacional

Facultade de Filoloxía e Tradución

Universidade de Vigo