O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Economía e Industria nos meses de xaneiro a abril do ano 2026, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 22 de maio de 2026
José Ramón Pardo Cabarcos
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Economía e Industria nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2026
|
Convenio |
Data da sinatura |
Importe total |
|
Convenio entre a Consellería de Economía e Industria e o Consello Galego de Cámaras polo que se instrumenta unha encomenda de xestión de colaboración técnica na valoración obxectiva das solicitudes de inclusión no Plan autonómico de impulso e aceleración de proxectos industriais, para a declaración como proxectos industriais estratéxicos e proxectos de interese autonómico e para a tramitación conxunta de proxectos industriais estratéxicos e proxectos de interese autonómico |
9.1.2026 |
148.700,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Clúster de Automoción e Mobilidade de Galicia para a posta en marcha do Plan de acompañamento e diversificación das capacidades produtivas das empresas de automoción que se atopan en dificultades polo tránsito ao vehículo eléctrico no marco de desenvolvemento do Plan director de automoción |
19.2.2026 |
65.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade Rías Baixas de Comunicación, S.A., editora do xornal Atlántico, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía |
28.2.2026 |
1.373,66 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade El Progreso de Lugo, S.L., editora do xornal El Progreso, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía |
28.2.2026 |
22.436,45 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade Lérez Ediciones, S.L.U., editora do xornal Diario de Pontevedra, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía |
28.2.2026 |
11.447,17 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade La Región, S.A., editora do xornal La Región, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía |
28.2.2026 |
25.183,77 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade EPI Prensa, S.L., editora do xornal El Correo Gallego, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía |
28.2.2026 |
13.278,71 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade Faro de Vigo, S.A.U., editora do xornal Faro de Vigo, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía |
28.2.2026 |
61.814,70 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade Editorial La Capital, S.L., editora dos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol e Diario de Arousa, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía |
3.3.2026 |
9.157,73 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Corporación Voz de Galicia S.L.U., para elaborar e publicar en La Voz de Galicia e outros medios do grupo información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía |
3.3.2026 |
147.897,40 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade La Opinión de La Coruña, S.L., editora do xornal La Opinión A Coruña, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía |
5.3.2026 |
6.410,41 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Confederación de Industrias Téxtiles de Galicia (Cointega) para a elaboración do Plan director do sector téxtil e da confección |
20.4.2026 |
60.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Clúster da Pizarra de Galicia para a realización de actuacións específicas de fomento do sector da lousa no ámbito da sustentabilidade |
27.4.2026 |
135.000,00 € |
