DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 1 de xuño de 2026 Páx. 31631

III. Outras disposicións

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se aproban os formularios normalizados de determinados procedementos administrativos que se tramitan para a aprobación de instrumentos de planeamento urbanísticos, así como para a súa avaliación ambiental estratéxica (códigos de procedemento UR300A, UR300B, UR301A, UR301B, UR301C, UR302A, UR302B, UR303A, UR303B, UR304A e UR305A).

A disposición derradeira cuarta do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, establece que a regulación dos procedementos administrativos iniciados por instancia de parte e tramitados perante o órgano autonómico competente en materia de urbanismo, así como os formularios correspondentes a estes, serán obxecto de desenvolvemento normativo posterior.

Así mesmo, e de conformidade co establecido no artigo 66 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando a Administración nun procedemento en concreto estableza expresamente modelos específicos de presentación de solicitudes, estes serán de uso obrigatorio para as persoas interesadas.

A Lei 5/2025, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, modifica, entre outros, o artigo 60 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o que implica a necesidade de crear novos formularios de solicitude da tramitación urbanística e da tramitación ambiental estratéxica para o Plan xeral de ordenación municipal e para as súas modificacións, e para aqueles planeamentos de desenvolvemento con avaliación ambiental estratéxica ordinaria remitidos á tramitación do artigo 60 da Lei do solo de Galicia.

Ademais, esta Lei 5/2025 engade un novo artigo 83.bis á Lei 2/2016, do 10 de febreiro, onde regula a rectificación de erros dos instrumentos de planeamento urbanístico. Esta nova previsión precisa da definición dun formulario normalizado para a solicitude deste procedemento no caso dos instrumentos aprobados definitivamente pola Xunta de Galicia.

Ademais dos anteriores, créanse nesta resolución formularios normalizados de solicitudes previstas na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, que na actualidade non teñen un modelo estandarizado para a súa presentación, como son a solicitude de documentación previa para a redacción do Plan xeral de ordenación municipal; a solicitude da declaración de procedencia para a ordenación urbanística que afecte varios municipios; e a presentación de alegacións aos instrumentos de planeamento urbanístico en tramitación promovidos pola Dirección Xeral de Urbanismo.

Os formularios estarán accesibles na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Á vista do exposto, de conformidade co informe da Subdirección Xeral de Urbanismo e da Subdirección Xeral de Apoio Xurídico e Xestión Económica do 11 de maio de 2026, e en uso das competencias atribuídas polo ordeamento xurídico,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar o formulario normalizado para a solicitude de documentación previa para a redacción do Plan xeral de ordenación municipal (código de procedemento UR300A).

Segundo. Aprobar o formulario normalizado para a solicitude da tramitación do Plan xeral de ordenación municipal e da súa avaliación ambiental estratéxica (código de procedemento UR300B).

Terceiro. Aprobar o formulario normalizado para a solicitude da modificación puntual de planeamento xeral que non ten por obxecto a delimitación de solos de núcleo rural, e da súa avaliación ambiental estratéxica (código de procedemento UR301A).

Cuarto. Aprobar o formulario normalizado para a solicitude da modificación puntual de planeamento xeral que ten por obxecto a delimitación de solos de núcleo rural, e da súa avaliación ambiental estratéxica ordinaria (código de procedemento UR301B).

Quinto. Aprobar o formulario normalizado para a solicitude de corrección de erros de planeamento xeral aprobado definitivamente pola Xunta de Galicia (código de procedemento UR301C).

Sexto. Aprobar o formulario normalizado para a solicitude da tramitación de plan parcial ou plan especial e da súa avaliación ambiental estratéxica ordinaria (código de procedemento UR302A).

Sétimo. Aprobar o formulario normalizado para a solicitude da modificación puntual de plan parcial ou plan especial e da súa avaliación ambiental estratéxica ordinaria (código de procedemento UR302B).

Oitavo. Aprobar o formulario normalizado para a solicitude de delimitación de solo de núcleo rural e da súa avaliación ambiental estratéxica ordinaria (código de procedemento UR303A).

Noveno. Aprobar o formulario normalizado para a solicitude da modificación puntual de delimitación de solo de núcleo rural e da súa avaliación ambiental estratéxica ordinaria (código de procedemento UR303B).

Décimo. Aprobar o formulario normalizado para a solicitude de declaración de procedencia para a ordenación urbanística que afecte varios municipios (código de procedemento UR304A).

Décimo primeiro. Aprobar o formulario normalizado para a comunicación de alegacións a instrumentos de planeamento urbanístico en tramitación promovidos pola Dirección Xeral de Urbanismo (código de procedemento UR305A).

Os procedementos son de prazo aberto a partir dos vinte días da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercitar, se é o caso, calquera outro que consideren procedente (artigos 114, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas).

Santiago de Compostela,13 de maio de 2026

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Urbanismo

ANEXO

Cláusulas que regulan os procedementos

Primeira. Normativa

A normativa de aplicación será a seguinte:

• Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

• Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.

• Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

• Decreto 83/2018, do 26 de xullo, polo que se aproba o Plan básico autonómico de Galicia.

• Orde do 10 de outubro de 2019 pola que se aproban as normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia.

• Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

• Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana.

Segunda. Obxecto

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar os modelos normalizados dos seguintes once procedementos:

– Documentación previa para a redacción do Plan xeral de ordenación municipal segundo o previsto no artigo 60.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, e 144.1 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

– Tramitación do Plan xeral de ordenación municipal e da súa avaliación ambiental estratéxica prevista na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, e no Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

– Modificación puntual de planeamento xeral que non ten por obxecto a delimitación de solos de núcleo rural e da súa avaliación ambiental estratéxica, prevista na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, e no Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

– Modificación puntual de planeamento xeral que ten por obxecto a delimitación de solos de núcleo rural e da súa avaliación ambiental estratéxica ordinaria, prevista na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, e no Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

– Corrección de erros de planeamento xeral aprobado definitivamente pola Xunta de Galicia, previsto no artigo 109 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 83.bis da Lei 2/2016, do 10 de febreiro.

– Tramitación de plan parcial ou plan especial e da súa avaliación ambiental estratéxica ordinaria, prevista nos artigos 75.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, e 186.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

– Modificación puntual de plan parcial ou plan especial e da súa avaliación ambiental estratéxica ordinaria, prevista nos artigos 75.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, e 186.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

– Delimitación de solo de núcleo rural e da súa avaliación ambiental estratéxica ordinaria, prevista nos artigos 78.3 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, e 191.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

– Modificación puntual de delimitación de solo de núcleo rural e da súa avaliación ambiental estratéxica ordinaria, prevista nos artigos 78.3 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, e 191.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

– Declaración de procedencia para a ordenación urbanística que afecte varios municipios, prevista no artigo 77 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, e 188 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

– Alegacións a instrumentos de planeamento urbanístico en tramitación promovidos pola Dirección Xeral de Urbanismo, segundo os artigos 64, 75 e 80 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, e 156, 186 e 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

2. Os devanditos procedementos habilitaranse na Guía de procedementos e servizos dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal, cos seguintes códigos:

– UR300A (anexo I). Documentación previa para a redacción do Plan xeral de ordenación municipal.

– UR300B (anexo II). Tramitación do Plan xeral de ordenación municipal e da súa avaliación ambiental estratéxica.

– UR301A (anexo III). Modificación puntual de planeamento xeral que non ten por obxecto a delimitación de solos de núcleo rural, e da súa avaliación ambiental estratéxica.

– UR301B (anexo IV). Modificación puntual de planeamento xeral que ten por obxecto a delimitación de solos de núcleo rural, e da súa avaliación ambiental estratéxica ordinaria.

– UR301C (anexo V). Corrección de erros de planeamento xeral aprobado definitivamente pola Xunta de Galicia.

– UR302A (anexo VI). Tramitación de plan parcial ou plan especial e da súa avaliación ambiental estratéxica ordinaria.

– UR302B (anexo VII). Modificación puntual de plan parcial ou plan especial e da súa avaliación ambiental estratéxica ordinaria.

– UR303A (anexo VIII). Delimitación de solo de núcleo rural e da súa avaliación ambiental estratéxica ordinaria.

– UR303B (anexo IX). Modificación puntual de delimitación de solo de núcleo rural e da súa avaliación ambiental estratéxica ordinaria.

– UR304A (anexo X). Declaración de procedencia para a ordenación urbanística que afecte varios municipios.

– UR305A (anexo XI). Alegacións a instrumentos de planeamento urbanístico en tramitación promovidos pola Dirección Xeral de Urbanismo.

Terceira. Forma de presentación das solicitudes e comunicacións

A presentación electrónica será obrigatoria para as administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, as persoas traballadoras autónomas e as persoas representantes dunha das anteriores; a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude ou comunicación presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude ou comunicación aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Respecto do procedemento de presentación de alegacións a instrumentos de planeamento urbanístico en tramitación promovidos pola Dirección Xeral de Urbanismo, cabe a posibilidade da súa presentación por persoas non obrigadas á presentación electrónica. Neste caso, aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as comunicacións presencialmente en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Cuarta. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude ou comunicación a seguinte documentación, desagregada, se é o caso, segundo os formularios que regula esta disposición:

– Tramitación de Plan xeral de ordenación municipal e da súa avaliación ambiental estratéxica (UR300B), modificación puntual de planeamento xeral que ten por obxecto a delimitación de solos de núcleo rural e da súa avaliación ambiental estratéxica ordinaria (UR301B):

• Borrador do documento de planeamento en formato dixital non editable (PDF).

• Borrador do documento de planeamento en formato dixital editable.

• Pegadas dixitais do documento de planeamento nos seus dous formatos.

• Declaración responsable segundo o modelo do anexo 9 das normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia, que se pode descargar no Portal de Territorio e Urbanismo da Xunta de Galicia:

https://territorioeurbanismo.xunta.gal/gl/normativa/normas-tecnicas-de-planeamento-urbanistico

• Documento ambiental estratéxico co contido mínimo que sinala o artigo 18.1 (AAE ordinaria) da Lei 21/2013, de avaliación ambiental, que irá incluído na estrutura de carpetas do documento de planeamento urbanístico segundo o regulado no anexo 4 das normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia.

• Información das empresas ou entidades titulares dos sistemas de infraestruturas de servizos, ao abeiro do artigo 144.4 do Regulamento da Lei do solo de Galicia.

– Modificación puntual de planeamento xeral que non ten por obxecto a delimitación de solos de núcleo rural e da súa avaliación ambiental estratéxica (UR301A):

• Borrador do documento de planeamento en formato dixital non editable (PDF).

• Borrador do documento de planeamento en formato dixital editable.

• Pegadas dixitais do documento de planeamento nos seus dous formatos.

• Declaración responsable segundo o modelo do anexo 9 das normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia, que se pode descargar no Portal Urbanismo e Territorio da Xunta de Galicia:

https://territorioeurbanismo.xunta.gal/gl/normativa/normas-tecnicas-de-planeamento-urbanistico

• Documento ambiental estratéxico co contido mínimo que sinala o artigo 18.1 (AAE ordinaria) ou 29.1 (AAE simplificada) da Lei 21/2013, de avaliación ambiental, que irá incluído na estrutura de carpetas do documento de planeamento urbanístico segundo o regulado no anexo 4 das normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia.

• Información das empresas ou entidades titulares dos sistemas de infraestruturas de servizos, ao abeiro do artigo 144.4 do Regulamento da Lei do solo de Galicia.

– Tramitación de plan parcial ou plan especial e da súa avaliación ambiental estratéxica ordinaria (UR302A), modificación puntual de plan parcial ou plan especial e da súa avaliación ambiental estratéxica ordinaria (UR302B):

• Borrador do documento de planeamento en formato dixital non editable (PDF).

• Borrador do documento de planeamento en formato dixital editable.

• Pegadas dixitais do documento de planeamento nos seus dous formatos.

• Declaración responsable segundo o modelo do anexo 9 das normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia, que se pode descargar no Portal de Urbanismo e Territorio da Xunta de Galicia:

https://territorioeurbanismo.xunta.gal/gl/normativa/normas-tecnicas-de-planeamento-urbanistico

• Se é o caso, documento ambiental estratéxico co contido mínimo que sinala o artigo 18.1 (AAE ordinaria) da Lei 21/2013, de avaliación ambiental, que irá incluído na estrutura de carpetas do documento de planeamento urbanístico segundo o regulado no anexo 4 das normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia.

• Información dos servizos técnicos municipais e das empresas subministradoras e/ou distribuidoras sobre a suficiencia das infraestruturas e dos servizos existentes e previstos, ao abeiro do artigo 185.2 do Regulamento da Lei do solo de Galicia.

– Delimitación de solo de núcleo rural e da súa avaliación ambiental estratéxica ordinaria (UR303A), e modificación puntual de delimitación de solo de núcleo rural e da súa avaliación ambiental estratéxica ordinaria (UR303B):

• Borrador do documento de planeamento en formato dixital non editable (PDF).

• Borrador do documento de planeamento en formato dixital editable.

• Pegadas dixitais do documento de planeamento nos seus dous formatos.

• Declaración responsable segundo o modelo do anexo 9 das normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia, que se pode descargar no Portal Portal de Territorio e Urbanismo da Xunta de Galicia:

https://territorioeurbanismo.xunta.gal/gl/normativa/normas-tecnicas-de-planeamento-urbanistico

• Documento ambiental estratéxico co contido mínimo que sinala o artigo 18.1 (AAE ordinaria) da Lei 21/2013, de avaliación ambiental, que irá incluído na estrutura de carpetas do documento de planeamento urbanístico segundo o regulado no anexo 4 das normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia.

• No caso de que se delimiten áreas de actuación integral, informe dos servizos técnicos municipais e das empresas subministradoras e/ou distribuidoras ao abeiro do artigo 191.1.a) do Regulamento da Lei do solo de Galicia.

– Corrección de erros de Planeamento xeral aprobado definitivamente pola Xunta de Galicia (UR301C):

• Documento de planeamento en formato dixital non editable (PDF).

• Documento de planeamento en formato dixital editable.

• Se é o caso, pegadas dixitais do documento de planeamento nos seus dous formatos.

• Se é o caso, declaración responsable segundo o modelo do anexo 9 das normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia, que se pode descargar no Portal de Territorio e Urbanismo da Xunta de Galicia:

https://territorioeurbanismo.xunta.gal/gl/normativa/normas-tecnicas-de-planeamento-urbanistico

• Certificado de acordo plenario segundo o artigo 83.bis da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

• Informes técnicos e xurídicos municipais segundo o artigo 83.bis da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

– Alegacións a instrumentos de planeamento urbanístico en tramitación promovidos pola Dirección Xeral de Urbanismo (UR305A):

• Escrito de alegacións.

• Se é o caso, documentación gráfica que se considere oportuna.

• De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

– As persoas interesadas poderán achegar coas solicitudes ou comunicacións a documentación que consideren oportuna, se é o caso, ademais da sinalada no punto anterior, indicándoo no punto «Outra documentación» dos formularios.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

3. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude ou comunicación. Se algunha destas persoas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

Respecto do procedemento de alegacións a instrumentos de planeamento urbanístico en tramitación promovidos pola Dirección Xeral de Urbanismo, cabe a posibilidade de presentación por persoas non obrigadas á presentación electrónica. Neste suposto, aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude ou comunicación, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude ou comunicación e o número de expediente se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Quinta. Comprobación de datos

1. No procedemento de presentación de alegacións a instrumentos de planeamento urbanístico en tramitación promovidos pola Dirección Xeral de Urbanismo consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

• DNI/NIE da persoa solicitante.

• DNI/NIE da persoa representante.

• NIF da entidade solicitante.

• NIF da entidade representante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Sexta. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos, nos procedementos solicitados por entidades locais, practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do sistema de notificacións electrónicas de Galicia, Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude ou comunicación. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6. As notificacións de resolucións e actos administrativos, no procedemento de presentación de alegacións a instrumentos de planeamento urbanístico, practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.

A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel) no formulario. No caso de optar pola notificación en papel, practicarase a notificación segundo o establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

7. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do sistema de notificacións electrónicas de Galicia, Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións na conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude ou comunicación. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos deberán optar, en todo caso, no formulario, pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida, nin produza efectos no procedemento, unha opción diferente.

8. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida pola persoa interesada, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

9. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Sétima. Publicación dos actos

1. Publicaranse no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co establecido na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, e no Decreto 143/2016, do 22 de setembro:

– A declaración ambiental estratéxica.

– O Informe ambiental estratéxico.

– O anuncio da información pública dos instrumentos de planeamento, tras a súa aprobación inicial.

– O acordo da aprobación definitiva dos instrumentos de planeamento, xunto coa indicación das medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no ambiente da aplicación do plan e a referencia ao enderezo electrónico en que figurará o contido íntegro do plan á disposición do público, e no caso dos plans xerais de ordenación municipal, ademais publicarase o extracto do artigo 82.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, e 199.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

2. Asemade, publicaranse no Boletín Oficial da provincia a normativa e as ordenanzas dos instrumentos de planeamento, de conformidade cos artigos 75 e 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, e 156.5, 186 e 199 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

3. De conformidade co artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, e 208 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web do Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia (https://territorioeurbanismo.xunta.gal/gl/territorio-e-urbanismo/rexistro-de-ordenacion-do-territorio-e-urbanismo):

– Os instrumentos de planeamento urbanístico dilixenciados unha vez aprobados definitivamente e publicados no Diario Oficial de Galicia.

– Calquera resolución posterior á aprobación definitiva dos instrumentos de planeamento, administrativa ou xudicial, que afecte o seu contido.

Oitava. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes ou comunicacións

1. Todos os trámites administrativos que as entidades locais deban realizar tras a presentación da solicitude ou comunicación deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas no procedemento de presentación de alegacións a instrumentos de planeamento urbanístico, realizar trámites electrónicos con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada.

Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica tamén poderán realizarse os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Novena. Pluralidade de persoas solicitantes

As pretensións dunha pluralidade de persoas de contido e de fundamento idéntico ou substancialmente similar poderán formularse nunha única solicitude ou comunicación. Neste suposto, deberá constar na solicitude ou comunicación a listaxe completa de persoas interesadas que a formulan, segundo o modelo de formulario xenérico dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, denominado «Pluralidade de persoas solicitantes». As actuacións efectuaranse co representante ou coa persoa interesada que expresamente sinalen e, no seu defecto, coa que figure en primeiro termo.

Disposición adicional única. Actualización dos modelos normalizados

De conformidade coa disposición adicional sexta da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, os modelos normalizados aplicables na tramitación dos procedementos indicados nesta disposición, poderán ser actualizados co fin de mantelos adaptados á normativa vixente. Para estes efectos, será suficiente a publicación dos modelos actualizados na sede electrónica da Xunta de Galicia, onde estarán permanentemente accesibles para todas as persoas interesadas, sen que sexa necesaria unha nova publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file