DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 4 de xuño de 2026 Páx. 32449

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se dá publicidade á modificación da Resolución do 6 de marzo de 2026 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidades de pesca marítima, bioloxía pesqueira, navegación marítima, máquinas e instalacións mariñas, inglés marítimo, formación e orientación laboral e procesos sanitarios, convocado pola Resolución do 18 de xullo de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 162, do 26 de agosto).

Mediante a Resolución do 6 de marzo de 2026 (DOG núm. 46, do 10 de marzo) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidades de pesca marítima, bioloxía pesqueira, navegación marítima, máquinas e instalacións mariñas, inglés marítimo, formación e orientación laboral e procesos sanitarios, convocado pola Resolución do 18 de xullo de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 162, do 26 de agosto).

Nesta resolución dispoñíase que, de conformidade co disposto na base I.4.2 da convocatoria, a inclusión na relación de persoas admitidas non prexulgaría que se lles recoñecese ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos exixidos para participar ou superar o proceso selectivo. Engadíase, ademais, que a admisión de determinadas persoas aspirantes estaba condicionada á acreditación suficiente da súa titulación académica habilitante no procedemento administrativo específico incoado para tal efecto. De ser o caso, a falta de acreditación suficiente implicaría o decaemento en todos os dereitos que puidesen derivar da súa participación.

Por todo o anterior, de conformidade co informe do 27 de marzo de 2026 da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia, e unha vez analizadas as alegacións presentadas polas persoas aspirantes requiridas para tal efecto,

DISPOÑO:

Modificar as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidades de pesca marítima, bioloxía pesqueira, navegación marítima, máquinas e instalacións mariñas, inglés marítimo, formación e orientación laboral e procesos sanitarios, convocado pola Resolución do 18 de xullo de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 162, do 26 de agosto), coa exclusión das seguintes persoas aspirantes:

DNI

Apelidos e nome

Especialidade

Quenda

***8710**

Antón González, Enrique

Navegación marítima

Libre

***1422**

López Correa, María Dolores

Formación e orientación laboral

Libre

***5441**

Rodríguez Bona, Julio

Máquinas e instalacións mariñas

Promoción interna

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2026

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal