DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 4 de xuño de 2026 Páx. 32444

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ORDE do 27 de maio de 2026 pola que se modifica a Orde do 1 de outubro de 2024 pola que se resolve o procedemento de integración como persoal laboral da Xunta de Galicia do persoal laboral fixo do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

O 14 de outubro de 2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 1 de outubro de 2024 pola que se resolve o procedemento de integración como persoal laboral da Xunta de Galicia do persoal laboral fixo do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

No seu punto primeiro indícase que se resolve o procedemento de integración como persoal laboral da Xunta de Galicia do persoal laboral fixo do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

No seu anexo I proponse a integración como persoal laboral da Xunta de Galicia do persoal laboral fixo do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar que presentou solicitudes e cumpre todos os requisitos exixidos na normativa vixente na materia.

No seu anexo II indícase o persoal que presentou solicitude e que non cumpre os requisitos establecidos na normativa vixente para a súa integración como persoal laboral da Xunta de Galicia.

Con posterioridade á publicación da orde referenciada, ditáronse resolucións xudiciais firmes: Sentenza 0007/2026, do 19.1.2026, da praza nº 7, da Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo, declarada firme polo Decreto do 29.4.2026 (en autos PO 000042/2024, Tamara Alonso Otero) e Sentenza 0012/2026, do 16.1.2026, da praza nº 6, da Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo, declarada firme polo Decreto do 5.3.2026 (en autos PO 0000947/2024, Mª Ángeles Ferreiro Álvarez).

Como resultado dos respectivos ditames das sentenzas firmes referenciadas, debe modificarse a orde de integración no seu anexo I para cumprir os mandatos xudiciais de cada unha das persoas demandantes.

En consecuencia, en virtude das competencias conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 10.3 do Decreto 129/2012, do 31 de maio, polo que se regula o réxime aplicable ao persoal das entidades instrumentais integrantes do sector público autonómico de Galicia que sexan obxecto de creación, adaptación ou extinción, e co disposto no artigo 5.6 da Orde do 26 de abril de 2023 pola que se regula o procedemento de integración como persoal laboral da Xunta de Galicia do persoal laboral fixo procedente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar,

DISPOÑO:

Primeiro. Modificar a Orde do 1 de outubro de 2024 pola que se resolve o procedemento de integración como persoal laboral da Xunta de Galicia do persoal laboral fixo do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Modifícase o anexo I, Proposta de integración como persoal laboral da Xunta de Galicia do persoal laboral fixo do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar que presentou solicitude e cumpre todos os requisitos exixidos na normativa vixente na materia, coa inclusión das seguintes persoas:

Nome

Apelidos

Servizo activo

Denominación
posto

Grupo V convenio

Categoría
V convenio

Código posto

Destino

Tamara

Alonso Otero

Si

Educador/a infantil

Grupo III

50

PS.S19.40.401.36350.023

Definitivo

Mª Ángeles

Ferreira Álvarez

Si

Educador/a infantil

Grupo III

50

PS.S19.40.401.36350.020

Definitivo

Segundo. Esta orde producirá efectos o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer demanda ante o xulgado do social da circunscrición en que a persoa demandante teña o seu domicilio ou aquela en que se atope a sede do órgano autor do acto orixinario impugnado, entendéndose limitada esta posibilidade de elección só aos xulgados que se atopen dentro da circunscrición do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de acordo co establecido nos artigos 10.4 e 69 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación. Previamente e con carácter potestativo, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou esta orde, no prazo dun mes, segundo o disposto no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2026

Miguel Corgos López-Prado
Conselleiro de Facenda e Administración Pública