DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 4 de xuño de 2026 Páx. 32589

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2026/052-1).

Expediente: IN407A 2026/052-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación do proxecto: Repotenciación e nova LMTS peche SCY821 en polígono do Tambre.

Concello: Santiago de Compostela.

Feitos:

1. O día 24.2.2026 a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de apoiar a derivada que sae do centro de seccionamento CS Mercagalicia (15CYX4), actualmente sen posibilidade de socorro ante fallo.

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, presenta o proxecto de execución denominado Repotenciación e nova LMTS peche SCY821 en polígono do Tambre, asinado o día 18.2.2026 por Antonio Javier Sabín Vázquez, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, número de colexiado 2.233.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ao Concello de Santiago de Compostela, como entidade afectada. A día desta resolución non consta no expediente resposta á dita solicitude.

4. O día 5.5.2026 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e mais no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

Segunda. Lexislación de aplicación.

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

Terceira. Características técnicas.

As instalacións obxecto deste expediente están situadas no polígono do Tambre, concello de Santiago de Compostela, e as súas características técnicas son as seguintes:

• LMTS (actuación 1) a 20 kV, de 458 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al, con orixe nos empalmes por realizar na LMT SCY821 (IN407A 04/261), procedente da subestación San Caetano, desconectando esta da cela núm. 3 (a reserva) do CS Mercagalicia (15CYX4) existente, e remate na cela núm. 2 do CS Dia, S.A. (15CLE9) existente.

• Reforma tramo LMTS (actuación 2) a 20 kV, de 678 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al, con orixe na cela núm. 1 por liberar do CS Mercagalicia (15CYX4) e remate na cela núm. 1 por liberar do CS Dia, S.A. (15CLE9), facendo E/S nos CS Errece (15CMFF, IN407A 2018/107-1), CS Tromosa (15CLA6), CS Vidrieras Compostela (15CCBM) e CT Mercagalicia (15CLE8, IN407A 2015/540-1). Retirada dos condutores existentes tipo RHV-95 e RHV-150.

• Reforma do CT Mercagalicia (15CLE8, IN407A 2015/540-1) de 1.260 kVA (CT1 630 kVA +CT2 630 kVA), instalado en local de obra civil:

• Substitución da aparellaxe existente por un novo bloque de celas compactas SF6 2L2P TC GPRS/FO +TG.

• Reforma do local que alberga os elementos de manobra MT:

• Desmontaxe da aparellaxe obsoleta.

• Montaxe de bancada para instalación de celas.

Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

a) Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a instalación de distribución eléctrica indicada.

b) A instalación executarase no prazo de dous anos contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

c) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada deberá presentar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e a posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

d) Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados a presente resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 12 de maio de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña