Mediante a Orde do 23 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do certame Cooperativismo no ensino e os premios á cooperación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro de 2026), establecéronse as bases reguladoras do certame Cooperativismo no ensino, dirixido ao alumnado dos centros educativos de Galicia.
Nestas bases reguladoras estableceuse que os traballos participantes neste certame Cooperativismo no ensino 2026 serán avaliados por un tribunal e que a persoa titular da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social resolverá a concesión dos premios, que serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.
Unha vez emitidas as propostas de concesión dos premios polos tribunais encargados de avaliar os traballos presentados nas distintas modalidades, nas súas reunións do 21 e 22 de maio de 2026, mediante a Resolución da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, do 25 de maio de 2026, aprobouse a concesión dos premios.
Por todo o anterior,
DISPOÑO:
Facer pública a concesión dos premios do certame Cooperativismo no ensino 2026 dirixido ao alumnado dos centros educativos de Galicia que se relacionan no anexo que se xunta a esta resolución.
Santiago de Compostela, 26 de maio de 2026
Marta Mariño Regueiro
Directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social
ANEXO
Certame Cooperativismo no ensino 2026
Modalidade de actividades artísticas, dirixida ao alumnado dos centros de educación infantil, primaria e educación especial por categorías:
– Categoría A: alumnado de 2º ciclo de educación infantil.
Premio ao mellor traballo: «O Pobo Maia. Pingas de Cooperación» do CEIP Plurilingüe Domaio.
Accésit: «A comunidade do xeo» do CEIP San Miguel de Reinante, Barreiros.
– Categoría B: alumnado de 1º e 2º de educación primaria.
Premio ao mellor traballo: «Aprendemos de Xapón. Exemplo de cooperación» do CEIP Plurilingüe Domaio.
Accésit: «O barrio cooperativo» do CEIP San Miguel de Reinante, Barreiros.
– Categoría C: alumnado de 3º e 4º de educación primaria.
Premio ao mellor traballo: «Cooperación. Pequenas accións que moven o mundo» do CEIP Plurilingüe Domaio.
Accésit: «Cooperando por un patio feliz» do CEIP Plurilingüe Os Casais.
– Categoría D: alumnado de 5º e 6º de educación primaria.
Premio ao mellor traballo: «NeuroRoma: conexións cooperativas» do CEIP Plurilingüe Domaio.
Accésit: «Sementando novas voces» do CPR Plurilingüe Abrente-Adigna, S. Coop. Galega.
Modalidade de actividades cooperativizadas, dirixida ao alumnado dos centros de educación secundaria obrigatoria e educación especial:
Premio ao mellor traballo: «Creamos xogos na carpintaría» do CEIP Plurilingüe Santa Mariña.
Accésit: deserto.
Modalidade de proxectos empresariais cooperativos, dirixida ao alumnado dos centros de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial:
Premio ao mellor proxecto empresarial cooperativo: «Biocaba», presentado polo alumnado do centro educativo Nebrija Torre de Hércules, S.L.
Accésit ao proxecto empresarial finalista: «Refuxo», presentado polo alumnado do centro educativo CIFP Someso.
