De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas outubro (BOE do 2 de outubro), ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
O acto foi adoptado por quen se indica no anexo.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Ourense, sita na avenida de La Habana, nº 79, 5ª planta (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Ourense, 21 de maio de 2026
María José Fernández Laso
Directora territorial de Ourense
ANEXO
|
Expediente |
Interesado |
Acto de notificación |
Acto adoptado |
|
ANP-OU-17/2024-V |
44494205S |
Acordo de levantamento da suspensión do prazo para resolver procedemento sancionador |
Pola directora xeral de Patrimonio Natural |
|
CAZ-OU-11/2026-V |
44817340T |
Proposta de resolución de procedemento sancionador |
Pola instrutora |
