DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 9 de xuño de 2026 Páx. 33364

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Fene (expediente IN407A 2024/178-1).

Expediente: IN407A 2024/178-1.

Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: LMT, CCTT, RBT lugares Castro e Rego da Moa.

Concello: Fene.

Feitos:

1. O día 16.5.2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de mellorar a calidade da subministración nos lugares de Loira, Rego da Moa e Castro.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada, presentan o proxecto de execución denominado LMT, CCTT, RBT lugares Castro e Rego da Moa, asinado o día 30.4.2024 por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº colexiado 2.980 de Vigo; máis un anexo do 11.2.2025.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo do 3.2.2025 publicado nos seguintes medios:

• Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

• DOG: 25.2.2025.

• BOP: 7.2.2025.

• Xornal La Voz de Galicia: 10.2.2025.

• Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 11.4.2025.

O proxecto sométese de novo a información pública co obxecto de incluír os predios números 3 e 4 da nova relación de bens e dereitos afectados. O acordo, do 5.11.2025, publicouse nos seguintes medios:

• Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

• DOG: 28.11.2025.

• BOP: 11.11.2025.

• Xornal La Voz de Galicia: 2.12.2025.

• Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 22.1.2026.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: AESA, Augas de Galicia, Concello de Fene, Instituto de Estudos do Territorio, Deputación Provincial da Coruña, Ministerio de Transportes, Patrimonio Cultural, Axencia Galega de Infraestruturas, Servizo de Urbanismo e SEPES Entidade Pública Empresarial do Solo. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.

5. O día 23.2.2026 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

2. Lexislación de aplicación.

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas.

As instalacións obxecto deste expediente están situadas nos lugares de Loira, Rego da Moa e Castro (Fene), e as súas características técnicas son as seguintes:

– Instalación de dous novos centros de transformación: o nº 1 será un CT rural de 100 kVA/15 kV; o nº 2 será un CT compacto 2L+1P 250 kVA/15 kV.

– Instalación un novo XS e un novo PAS de 153 m de lonxitude en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1X150) Al entre apoio existente AR627Q79//D15, pertencente á LMTA VDC712 e o CT proxectado nº 1.

– Instalación de dous novos PAS en apoio existente AQT22F7M//D24, pertencente á LMTA VDC712 e de 120 m de lonxitude en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1X240) Al, realizando E/S no CT proxectado nº 2.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

O incumprimento das condicións e dos requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia á persoa interesada, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 19 de maio de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados. Termo municipal de Fene
LMT, CCTT, RBT lugares Castro e Rego da Moa

Nº de parcela

Lugar e referencia catastral

Cultivo

Propietario/a

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº

m2

ml aér.

ml sot

m2 aér.

m2 sot

1

Santas
15036A017002730000YL

Rústico Agrario

Descoñecido/a

PAS + LMTS

12,0

36,0

2

Santas
15036A017002710000YQ

Rústico Agrario

Víctor Orgeira Rico

CT

24,67

3

Gándara
7414408NJ6171S0001LF

Urbana

SEPES. Entidade Estatal do Solo

PAS + LMTS

2,1

6,27

4

Gándara
7414409NJ6171S0001TF

Urbana

SEPES. Entidade Estatal do Solo

CT 1 + acceso

21,61

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 sot.: superficie de servidume soterrada.