Expediente: IN407A 2024/249-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Proxecto: LMT, CT e RBT Cruceiro de Roo.
Concello: Outes.
Feitos:
1. O día 19.7.2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada. Co obxecto de substituír o centro de transformación existente CT Roo (15×L02, IN407A 2016/2002-1) de 400 kVA de potencia instalado en envolvente tipo pombal no lugar de Cruceiro de Roo, parroquia de Roo (San Xoán), concello de Outes, por mor do seu mal estado, proxéctase o seu desmantelamento e a construción dun novo centro de transformación en envolvente prefabricada da mesma potencia, e a instalación dunha liña soterrada de media tensión que o conectará coa liña de distribución de media tensión TA2-808 Muros, 8 (IN407A 04/337), procedente da subestación Tambre II.
Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada, presentan o proxecto de execución denominado LMT, CT e RBT Cruceiro de Roo, asinado o día 14.6.2024 por Javier Fernández Pazos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº colexiado 502 de Ourense.
2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un Acordo do 3 de febreiro de 2026 publicado nos seguintes medios:
• Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
• DOG: 26.2.2026.
• BOP: 9.2.2026.
• Xornal La Voz de Galicia: 11.2.2026.
•Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 13.4.2026.
3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.
4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ao Concello de Outes como entidade afectada. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co informe emitido no prazo outorgado para ese efecto.
5. O día 14.5.2026 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
2. Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).
– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
3. Características técnicas:
As instalacións obxecto deste expediente están situadas no lugar de Cruceiro de Roo, parroquia de Roo (San Xoán), concello de Outes, e as súas características técnicas son as seguintes:
LMTS a 20 kV, de 2x65 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1x240 mm² Al, coa orixe no PA/S proxectado no apoio nº 9LKTVE8P//63 existente da LMT TA2-808 Muros, 8 (IN407A 04/337), procedente da subestación Tambre II, e remate no CTC proxectado. Desmantelamento do condutor, tipo LA-110 existente entre o apoio nº 63 e o CT Roo por desmontar. Desmontaxe do seccionador XS (15HW4) instalado no apoio nº 63.
Novo CT Roo compacto prefabricado telecontrolado de manobra exterior, cunha potencia de 400 kVA, relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 2L+1P. Desmantelamento do CT Roo (15×L02, IN407A 2016/2002-1) existente.
4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
Consonte con todo o sinalado,
RESOLVO:
A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.
A Coruña, 19 de maio de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
Concello de Outes.
|
Nº de parcela |
Lugar Referencia catastral |
Cultivo |
Titular |
Afección de solo en pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
||||
|
Apoio nº |
m² |
ml aér. |
ml sot. |
m² aér. |
m² sot. |
||||
|
1 |
As Laxas 15063A075012590000OM |
Rústico/agrario |
Manuel García Montes (herdeiros) |
CT |
24,94 |
||||
Abreviacións:
|
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais. |
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais. |
|
m² aér.: superficie de servidume aérea en m². |
m² sot.: superficie de servidume soterrada. |
