En sesión que tivo lugar o 4 de xuño de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 9 de setembro de 2025 (DOG núm.176, do 12 de setembro) para cualificar o proceso selectivo mediante o sistema de oposición pola quenda de acceso libre e promoción interna para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, especialidade de patrón, convocado pola Resolución do 14 de maio de 2025 (DOG núm. 98, do 23 de maio), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, que o terceiro exercicio terá lugar o día 22 de xuño de 2026 en chamamento único, que se iniciará ás 15.00 horas, no Seminario B, da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela, rúa Madrid 2-4 (As Fontiñas).
A listaxe de persoas aspirantes convocadas para a realización deste exercicio pode consultarse no portal web da Xunta de Galicia (funcionpublica.xunta.gal).
As persoas aspirantes deberán ir provistas de NIF, NIE, pasaporte, permiso de condución ou outro documento fidedigno acreditativo que a xuízo do tribunal, acredite a súa identidade, así como de bolígrafo de tinta azul.
Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento do que se poidan valer as persoas aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2026
José Antonio Baliñas Pazos
Presidente do tribunal
