DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 12 de xuño de 2026 Páx. 34050

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de procesos sanitarios (Diario Oficial de Galicia número 42, do 4 de marzo), pola que se fan públicas as notas do primeiro exercicio.

Na sesión que tivo lugar o 2 de xuño de 2026, o tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de procesos sanitarios,

ACORDOU:

Primeiro. Á vista das alegacións presentadas polas persoas candidatas, na sesión do 20 de maio o tribunal decidiu non anular ningunha das preguntas do exame.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria e de acordo cos criterios de corrección publicados, superaron o primeiro exercicio catro (4) persoas aspirantes, que obtiveron unha puntuación mínima de 25 puntos, unha vez reducido ao 40 % o mínimo de respostas correctas en cada unha das partes, de conformidade coa base II.1.1.1.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que realizaron o primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de procesos sanitarios, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, establécese que os aspirantes declarados aptos deberán entregar a programación do segundo exercicio o día 22 de xuño de 2026, ás 15.30 horas, na sala D, situada na planta baixa do edificio administrativo de San Caetano (zona da pirámide), en Santiago de Compostela.

Conforme o disposto na base II.1.2.10, o tribunal establecerá e informará as persoas aspirantes, con anterioridade á realización dos exercicios, dos criterios de corrección, valoración e superación que non estean expresamente establecidos nas bases desta convocatoria.

Recórdaselles aos aspirantes que, de conformidade coa base II.1.1.2 da convocatoria, a programación didáctica fará referencia ao currículo dunha materia ou módulo relacionado coa especialidade de procesos sanitarios e axustarase ao modelo establecido no anexo XIII da Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial, e deberá conter un mínimo de 4 unidades didácticas.

Resultará excluído do procedemento selectivo o persoal aspirante cuxa programación non se axuste ao establecido no parágrafo anterior. En ningún caso poderán excluírse as persoas aspirantes por deficiencias no contido da programación.

Sexto. De conformidade co disposto na orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2026

María Jesús García Blanco
Presidenta do tribunal