DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 16 de xuño de 2026 Páx. 34631

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Turismo de Galicia

CÉDULA do 29 de maio de 2026, da Área Provincial de Turismo de Pontevedra, pola que se lle dá audiencia ao interesado no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta área provincial acordou o inicio do expediente de baixa de oficio co fundamento xurídico previsto nos artigos 42.1, 44.2, 44.3 e 46 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, así como no artigo 69.1 e 3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle e outórgaselle audiencia ao titular do establecemento que no anexo se menciona, no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia, para que no prazo de dez (10) días poida efectuar as alegacións que considere pertinentes, e poderá examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel na Área Provincial de Pontevedra da Axencia de Turismo de Galicia.

Pontevedra, 29 de maio de 2026

Felipe Ferrero González
Xefe da Área Provincial de Turismo de Pontevedra

ANEXO

Establecemento

Signatura

Razón social

Domicilio

Concello

Medusa, 3º B

VUT-PO-008348

Antonio Piñeiro Touriño

rúa Emilia Pardo Bazán, 5, 3 B

Sanxenxo