De conformidade co disposto no artigo 9.3 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, dáselle publicidade ao acordo da Comisión da Transparencia adoptado por unanimidade en sesión ordinaria do 26 de maio de 2026:
«A Comisión da Transparencia acorda delegar no presidente da Comisión as resolucións de inadmisión por mor da extemporaneidade da reclamación presentada, por incompetencia manifesta da Comisión, e por desistencia da persoa interesada.
Das ditas resolucións o presidente dará conta na seguinte sesión da Comisión da Transparencia».
Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2026
Andrés Lago Louro
Presidente da Comisión da Transparencia de Galicia
e do Consello Consultivo de Galicia
