BDNS (Identif.): 881236.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/881236
Primeiro. Ampliación da dotación orzamentaria
Amplíase a dotación orzamentaria determinada na Orde do 29 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento MR443A), na aplicación orzamentaria 2026 15 04 712B 7720 (proxecto 2009.00695) por importe de 1.533.000 euros na anualidade de 2026.
Unha vez efectuada esta ampliación, a dotación orzamentaria total é de 11.033.000 euros.
Disposición derradeira única. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2026
María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural
