Este servizo está a tramitar a solicitude de concesión administrativa presentada polo Concello de Vimianzo para ocupar unha superficie de douscentos un con cincuenta e cinco metros cuadrados (201,55 m²) de dominio público marítimo-terrestre, para a posta en valor do muíño de Mareas de Cereixo e a implantación do uso de museo etnográfico, no termo municipal de Vimianzo (A Coruña) (ref. A-2025-291-C).
De conformidade co disposto no artigo 74 da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas (modificada pola Lei 2/2013, do 29 de maio, de protección e uso sostible do litoral e de modificación da Lei de costas) e no número 8 do artigo 152 do Regulamento xeral de costas, aprobado polo Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, sométese a información pública a solicitude de concesión da referencia co fin de que, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera persoa que se considere afectada pola dita solicitude formule por escrito as alegacións que considere convenientes.
A proposta que serve de base á solicitude e a documentación que a xunta estará dispoñible para a súa consulta no seguinte enderezo web, dentro da área temática de Litoral de Galicia:
https://transparencia.xunta.gal/procedementos-de-informacion-publica
As alegacións presentaranse en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e deberán dirixirse ao Servizo do Litoral do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (código de identificación A12X03220).
A Coruña, 28 de maio de 2026
Ignacio Maestro Saavedra
Xefe do Servizo do Litoral da Coruña
