O día 22 de maio de 2026 ditouse a Resolución pola que se acordou convocar o proceso selectivo de acceso libre e de promoción interna, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso en diferentes escalas e subescalas de persoal técnico, de xestión e de administración e servizos.
Tras se advertir un erro na citada resolución, precísase efectuar a súa corrección, de acordo co artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que indica que as administracións públicas poderán, así mesmo, rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia das persoas interesadas, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos.
Á vista do anteriormente exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Efectuar a corrección do erros da Resolución do 22 de maio de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo de acceso libre e de promoción interna, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso en diferentes escalas e subescalas de persoal técnico, de xestión e de administración e servizos, publicada no Diario Oficial de Galicia número 103, do 4 de xuño, polo que:
Onde di:
«2.2. As persoas aspirantes que concorran pola quenda de promoción interna deberán, ademais:
a) Ter a condición de PTXAS funcionario de carreira encadrado na mesma subescala e subgrupo de titulación inmediatamente inferior ao da praza a que se opte, ou grupo en caso de que non teña subgrupo».
Debe dicir:
«2.2. As persoas aspirantes que concorran pola quenda de promoción interna deberán, ademais:
a) Ter a condición de persoal funcionario de carreira da Universidade de Vigo encadrado nun subgrupo de titulación igual ao inferior ao da praza a que se opte».
Segundo. Publicar no Diario Oficial de Galicia a presente corrección de erros.
Terceiro. Abrir novamente o prazo de presentación de instancias recollido na base 3.1, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) da presente resolución. A reapertura do dito prazo non altera os prazos en que se deben cumprir os requisitos na data da convocatoria.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán optar por interpor contra esta resolución un recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 9 de xuño de 2026
Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo
