Mediante a Orde do 12 de decembro de 2025 (DOG núm. 10, do 16 de xaneiro de 2026) establecéronse as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobadas pola Consellería do Mar aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020. A dita orde, tramitada como expediente anticipado de gasto, convocou as axudas correspondentes á convocatoria de 2026.
No artigo 2.3 da citada Orde de bases do 12 de decembro de 2025 establécese que o importe consignado en cada convocatoria poderá ser ampliado en función das solicitudes e das dispoñibilidades orzamentarias, nos supostos e nas condicións previstos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A ampliación de crédito publicarase nos mesmos medios que a convocatoria, sen que isto implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver. As axudas estarán limitadas, en todo caso, ás dispoñibilidades orzamentarias.
Dado que o importe inicial establecido na Orde do 12 de decembro de 2025 non é suficiente para atender a totalidade das solicitudes propostas e existen dispoñibilidades orzamentarias, cómpre ampliar a totalidade do importe do crédito destinado ás axudas que se poderán conceder ao abeiro da referida orde, así como facer unha distribución entre partidas orzamentarias, coa finalidade de conceder a subvención ao maior número de beneficiarios posibles.
Segundo se establece no artigo 30 do regulamento da Lei de subvencións de Galicia, nestes casos o órgano competente para a concesión deberá publicar a ampliación de crédito nos mesmos medios en que publicou a convocatoria sen que esta publicación implique unha apertura do prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo dos prazos para resolver.
De acordo co anterior, unha vez declarada a dispoñibilidade de crédito, vista a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, e no uso das facultades que me foron conferidas,
DISPOÑO:
Artigo único. Ampliación e redistribución de crédito
1. Redistribuír o crédito entre as anualidades 2027 e 2028 e entre as partidas orzamentarias que as integran.
2. Ampliar o crédito destinado a financiar as solicitudes de axuda tramitadas durante os exercicios 2026 e 2027 nun importe total de 3.428.621,33 €.
3. O novo importe total máximo, sumando o importe inicial xa publicado e a presente ampliación e redistribución de crédito, é o fixado no seguinte cadro:
|
Partida orzamentaria |
2026 |
2027 |
2028 |
Totais |
|
2026.16.03.723C.780.0 |
2.198.170,33 € |
1.236.287,07 € |
438.059,70 € |
3.872.517,10 € |
|
2026.16.03.723C.770.0 |
2.866.465,83 € |
1.672.550,57 € |
250.731,89 € |
4.789.748,29 € |
|
2026.16.03.723C.760.0 |
606.227,47 € |
997.026,67 € |
63.101,80 € |
1.666.355,94 € |
|
Total |
5.670.863,63 € |
3.905.864,31 € |
751.893,39 € |
10.328.621,33 € |
Disposición derradeira única
Esta orde producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2026
Marta Villaverde Acuña
Conselleira do Mar
