DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 19 de xuño de 2026 Páx. 35338

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 1 de xuño de 2026, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifica o acordo de incoación do expediente sancionador en materia de transportes terrestres XC-01630-O-2026.

Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo o acordo de inicio ditado pola persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña no expediente sancionador número XC-01630-O-2026, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro do acordo que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas no Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outórgaselle un prazo quince (15) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días, contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 1 de xuño de 2026

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF denunciado/a

Infracción denunciada

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto
cualificador

Precepto
sancionador

Sanción
proposta

XC-01630-O-2026

0050-KLT

Y8050082G

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo do título habilitante.

9.1.2026; 15.45.00; DP-1702; 1,8

Artigo 141.25 en relación con 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación con letra f) da LOTT

801 euros