DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 19 de xuño de 2026 Páx. 35336

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 29 de maio de 2026, do Servizo de Mobilidade de Lugo, polo que se notifica o acordo de incoación do expediente sancionador en materia de transportes terrestres LU/00478/2026.

Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo o acordo de inicio ditado pola persoa titular do Servizo de Mobilidade de Lugo no expediente sancionador número LU/00478/2026, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro do acordo que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición da persoa interesada no Servizo de Mobilidade de Lugo.

Outórgaselle un prazo quince (15) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegar o que considere conveniente, presentando ou propoñendo as probas que considere oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días, contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Lugo, 29 de maio de 2026

Marina Fernández Pérez
Xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF denunciado/a

Infracción denunciada

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto
cualificador

Precepto
sancionador

Sanción
proposta

LU/00478/2026

7582-KYZ

77597327L

Transporte de mercadorías desde Pastoriza ata Foz utilizando un vehículo que carece do certificado de conformidade para o transporte de produtos alimenticios ou mercadorías perecedoiras ou por ter o dito certificado caducado ou falseado.

Realiza transporte privado complementario. Transporta peixe fresco en caixas con xeo. Non presenta a autorización de mercadorías perecedoiras. O vehículo non leva placas identificativas.
10.3.2026; 16.25.00; LU-122; 29,9

Artigo 141.21 LOTT

Artigo 198.25 ROTT
ATP Artigo Anexo 1

Real decreto 237/2000 Artigo 7

Artigo 201 d) ROTT Artigo 143.1 LOTT

401 euros