DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 19 de xuño de 2026 Páx. 35397

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de notificación do requirimento de xestión da biomasa.

Ao non ser posible a práctica de comunicación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación da xestión da biomasa co fin de que no prazo de quince (15) días, que comezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire o artigo 22 desta última lei.

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas responsables que o contido íntegro da correspondente notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está ao seu dispor nas oficinas municipais do Concello de San Cibrao das Viñas, situado na praza da Constitución, núm. 1, en San Cibrao das Viñas.

Núm. de expediente

Referencia catastral

Localización

Interesado/a

1283/2026

32076A057000790000UW

O Prado

Francisco Domínguez Gómez

1197/2026

32076A056005170000UW

Penedo

En investigación

San Cibrao das Viñas, 29 de maio de 2026

Marta Nóvoa Iglesias
Alcaldesa