DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 22 de xuño de 2026 Páx. 35578

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 3 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, polo que se lles notifica ás persoas solicitantes do dereito á asistencia xurídica gratuíta a resolución acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Santiago de Compostela no expediente PR204A 2026/61-0 e un máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Santiago de Compostela, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, encóntrase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica de Santiago de Compostela (rúa Madrid, 2-4, 2º andar) das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo no prazo de dez (10) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Santiago de Compostela (rúa Madrid, 2-4, 2º andar) e será resolta polo tribunal de instancia correspondente que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30,00 a 300,00 euros.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2026

José Tronchoni Albert
Director xeral de Xustiza

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/Pasaporte

PR204A 2026/61-0

30572051Z

PR204A 2026/1292-0

X9226255N