De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 112/2015, do 31 de xullo, polo que se crea a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e se aproban os seus estatutos (DOG núm. 157, do 19 de agosto),
RESOLVO:
Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta resolución.
Segundo. Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as ou estatutarios que reúnan os requisitos que se exixen para o desempeño do posto e que se especifican no anexo I.
Terceiro. As funcións do posto convocado, reflectidas no artigo 17.3 dos estatutos da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, son as que se sinalan no anexo III.
Cuarto. As solicitudes para participar nesta convocatoria dirixiranse á Presidencia da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde a través de medios electrónicos, segundo o modelo que se inclúe como anexo II a esta resolución, ou ben utilizando os medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Quinto. Os/as aspirantes deberán xuntarlle á súa solicitude un curriculum vitae e xustificar documentalmente, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.
Os méritos alegados e non probados segundo se indica no parágrafo anterior non serán tidos en conta.
Sexto. No caso de resultar seleccionado/a para ocupar o posto de traballo que se relaciona no anexo I desta resolución un/unha funcionario/a con destino noutra Administración pública, requirirase o informe favorable do órgano competente da súa Administración de orixe, que se considerará favorable no caso de non emitirse no prazo de quince (15) días, tal como dispón o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e as demais disposicións concordantes. Unha vez autorizado o seu traslado a esta Administración, procederase a adxudicarlle o posto para o cal foi seleccionado/a. Se no prazo de dous meses a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia, o/a funcionario/a seleccionado/a non se puidese incorporar á Comunidade Autónoma, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.
Sétimo. A resolución desta convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia e poderase declarar deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.
Oitavo. De conformidade co establecido no artigo 8 do citado Decreto 151/2022, do 4 de agosto, o prazo de toma de posesión será de tres días hábiles, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles, se comporta cambio de residencia. Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes.
O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá producir na data que se determine mediante resolución da Presidencia da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, e publicada no Diario Oficial de Galicia, agás no caso de procedencia doutras administracións, en que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao da comunicación da resolución de traslado á Comunidade Autónoma, co límite de dous meses a que se fai referencia no punto sexto desta resolución.
Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a data de publicación da dita resolución.
Noveno. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso administrativo de reposición, ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2026
Antonio Gómez Caamaño
Presidente da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde
ANEXO I
Código do posto: SGS020000415770010.
Denominación do posto: xefatura do Servizo de Docencia.
Dependencia: Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde.
Localidade: Santiago de Compostela.
Subgrupo: A1.
Nivel: 28.
Complemento específico: 19.120,64 €.
Corpo ou escala: 1.2/ESG/7/A1.
1.2. Corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de saúde pública e Administración sanitaria.
ESG. Estatutario do Servizo Galego de Saúde.
7. Persoal pertencente a outros corpos e escalas de carácter sanitario de calquera Administración pública.
A1. Escala xeral.
