O artigo 28.2 da Constitución española recoñece, como dereito fundamental da persoa, o dereito á folga. O exercicio deste dereito queda condicionado ao mantemento dos servizos esenciais definidos no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG núm. 116, do 20 de xuño).
O sindicato Confederación Intersindical Galega (CIG) comunicou unha convocatoria de folga que afectará o persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia. A CIG comunica que a folga terá lugar durante 1 hora, na seguinte franxa horaria do día 23 de xuño de 2026: das 11.00 ás 12.00 horas.
A necesaria conciliación entre o exercicio do dereito constitucional de folga e o mantemento dos servizos esenciais obriga esta Administración autonómica galega, de acordo coa normativa vixente, a fixar uns servizos mínimos indispensables para o funcionamento dos servizos esenciais, que se concretan nesta orde.
Deste xeito, establécense servizos mínimos respecto dos sectores e actividades cuxa regulación é competencia dalgunha das consellerías da Xunta de Galicia e que poden afectar o desenvolvemento ordinario da actividade cidadá, no sentido do artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño, é dicir, sanidade, seguridade, protección civil, transportes e comunicacións, medios de comunicación social, rexistros públicos, edificios, bens e instalacións públicas, asistencia social e educación, servizos de vixilancia e extinción de incendios e bombeiros.
Os criterios determinantes para a fixación dos servizos mínimos establecidos nesta orde tiveron en conta os distintos pronunciamentos do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en relación cos servizos esenciais fixados nas xornadas das anteriores folgas do 8 de xuño de 2010, do 29 de setembro de 2010, do 27 de xaneiro de 2011, do 29 de marzo de 2012, do 14 de novembro de 2012 e do 8 de marzo de 2018, así como a Sentenza núm. 415/2019, do 25 de setembro.
Aínda que é certo que o devandito tribunal ditou sentenzas que anulaban as normas polas que se establecían os referidos servizos mínimos, non é menos certo que esas sentenzas viñeron motivadas fundamentalmente polo déficit de expresión da ponderación dos factores e criterios tidos en conta para a súa fixación e consideraron insuficiente a motivación na determinación das prestacións mínimas garantidas.
Por todo isto, no caso concreto, e tendo en conta os pronunciamentos anteriores, preténdese dar a coñecer máis xustificadamente, se cabe, os criterios en virtude dos cales se procedeu a identificar os servizos mínimos como esenciais e a determinar os efectivos necesarios para aseguralos á luz desta convocatoria de folga. Todo isto observando a necesaria proporción entre o sacrificio para o dereito das persoas traballadoras e os bens e intereses que se teñen que salvagardar.
• No ámbito da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, cómpre a fixación de servizos mínimos no funcionamento das oficinas de atención á cidadanía e de rexistro, tanto nos servizos centrais como nos servizos periféricos, para garantir as actuacións da cidadanía, cuxo incumprimento pode supor a perda ou prexuízo dos seus dereitos. Considérase, así mesmo, esencial o mantemento dos edificios administrativos con obxecto de garantir o correcto funcionamento das súas instalacións nas posibles situacións de emerxencia que puidesen acontecer.
O Servizo de Atención e Información á Cidadanía na Xunta de Galicia (teléfono 012) facilita información e o asesoramento sobre distintas materias, considerándose tradicionalmente esenciais para os efectos de fixación de servizos mínimos o teléfono de información ás mulleres, a liña de axuda á infancia e o teléfono do servizo do Centro de Coordinación, control loxístico e de teleoperación que dá soporte á xestión operativa do Servizo Galego de Apoio á mobilidade persoal (065).
Para a determinación dos servizos mínimos do centro directivo con competencias en materia de mobilidade (Dirección Xeral de Mobilidade) tómase en consideración o teléfono 065. Mediante o servizo do transporte adaptado 065 facilítanse os desprazamentos programados, con carácter non regular, para atender a prestación de servizos puntuais (modelo de xestión de servizos baixo demanda).
Deste xeito, é un servizo que se utiliza para acudir a citas médicas, realizar xestións bancarias ou notariais, etc. Polo exposto, é necesario establecer servizos mínimos co fin de evitar importantes prexuízos ás persoas usuarias deste, tendo en conta que para a realización das devanditas actividades non poden utilizar o sistema público de transporte colectivo.
Para determinar os servizos mínimos, tómase en consideración o centro directivo con competencias en materia de violencia de xénero (Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero) integrado na estrutura orgánica da Consellería de Política Social e Igualdade, dado que desde o teléfono de información ás mulleres (900 40 02 73) se dá resposta ás solicitudes de derivación á Rede galega de acollemento para vítimas de violencia de xénero, así como á quenda de garda psicolóxica para vítimas de violencia de xénero, considérase adecuado establecer un servizo mínimo para que esta atención quede cuberta durante todo o período de folga. Este teléfono 900, que atende as 24 horas situacións de urxencia vitais, é o único que non deixa rastro de chamada.
Para a determinación dos servizos mínimos do centro directivo con competencias en materia de infancia (Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica) integrado na estrutura orgánica da Consellería de Política Social e Igualdade tómase en consideración o teléfono da infancia. Trátase dun teléfono que atende as 24 horas ás comunicacións de posibles situacións de risco ou desamparo, polo que é un servizo esencial que transmite as situacións de urxencia e que require unha cobertura total as 24 horas os 7 días da semana.
Para a determinación dos servizos mínimos no ámbito da Consellería de Política Social e Igualdade, tómase en consideración para a Liña Social o feito de tratarse dun servizo que atende as 24 horas e cuxas prestacións básicas son a atención personalizada, a información e a orientación sobre recursos sociais, e as intervencións en casos de risco de abandono ou de malos tratos con derivación e canalización, se é o caso, aos servizos sociais correspondentes e que require unha cobertura total as 24 horas os 7 días da semana.
Para a determinación dos servizos mínimos, no ámbito da Consellería de Política Social e Igualdade, tómase en consideración para o servizo telefónico 900 10 23 38 (Teléfono Arco da Vella) o feito de tratarse dun servizo que atende as 24 horas e cuxas prestacións básicas son a información e atención integral en materia LGTBI fobia. Así mesmo, coordínase co servizo 028 de ámbito nacional, que deriva ao Teléfono Arco Iris as chamadas realizadas desde o ámbito xeográfico de Galicia, que presta os servizos de asesoramento emocional e psicolóxico, itinerarios individualizados de atención social, orientación laboral e educativa, información sobre servizos e recursos dispoñibles ou información e asesoramento en temas de saúde.
En consecuencia, os servizos mínimos resultan totalmente imprescindibles para manter a adecuada cobertura do servizo esencial descrito, para efectos de evitar que se produzan graves prexuízos á cidadanía, que baixo ningún concepto pode quedar desasistida, dadas as características da prestación e a imposibilidade de desenvolvela agora con recursos públicos propios.
No ámbito da Secretaría Xeral para o Deporte, os servizos mínimos expresados para as tres quendas das instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, teñen a seguinte xustificación:
– 1 oficial de cociña: é o mínimo imprescindíbel, xa se necesita para poder facer o xantar para 161 deportistas. Tivéronse en conta as necesidades tanto de cociña como das camareiras/camareiros, na modificación do menú para que puidese ser asumido polo dito servizo, que temos que prestar ao ter moitos deportistas que viven moi lonxe do CGTD e que se lle ten prestar o dito servizo, sobre todo, aos menores de idade.
– 1 subalterna: é unha instalación deportiva de máis de 30.000 metros cadrados, e con tres edificios ben diferenciados, e instalacións deportivas exteriores, que non podemos pechar polo propio funcionamento interno deste. Polo tanto, unha persoa é imprescindible que estea porque son os que custodian as chaves dos diferentes espazos, e os encargados/das de dar aceso a cada un deles aos diferentes usuarios.
– 1 camareiro/a limpador/a: é o mínimo imprescindíbel, xa que se necesita para poder preparar o comedor da residencia e para dispensar o almorzo e o xantar de 161 deportistas, que se reparten en dúas quendas debido ao volume de deportistas, e que ten que ser servida polas camareiras/os. Tivéronse en conta as necesidades tanto de cociña como das camareiras/camareiros, na modificación do menú para que puidese ser asumido polo dito servizo, que temos que prestar ao ter moitos deportistas que viven moi lonxe do CGTD e aos que se lles ten prestar o dito servizo, sobre todo, aos menores de idade.
– 1 preceptor/a: única responsable dos bolseiros menores de idade, tanto residentes, como os externos que fan uso da residencia para a merenda nos recreos do instituto, como para o aceso ao comedor. Nun grupo tan numeroso de residentes, sempre hai algún deportista enfermo que ten que ser atendido na súa habitación, do que se encargan os/as preceptores/as. Así mesmo, coa convocatoria de folga, existen alumnos do instituto que non van a esta e teñen que quedar na residencia, polo que é necesario este persoal para o seu control e supervisión.
En relación á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, esta presta servizo ordinario e permanente ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112, polo que os servizos mínimos propostos establécense coa mesma intensidade mínima para poder atendelos, tal e como se sinala na Sentenza 1397/2012 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
• No ámbito da Consellería de Política Social e Igualdade tómase en consideración para determinar os servizos mínimos a necesidade da presenza efectiva que garanta o funcionamento dos centros, tendo como referencia para os centros asistenciais o número de efectivos presentes nun día festivo por seren estes os días en que a prestación de servizos e a realización de actividades, así como o número de usuarios, acadan os seus niveis mínimos e limitaranse ao mantemento básico e esencial dos centros, o cal non pode ser desatendido. Estes servizos mínimos fixados no ámbito dos servizos sociais considéranse imprescindibles para garantir unha atención adecuada ás persoas residentes ou usuarias destes centros, máxime cando é necesario dar unha resposta inmediata ás diferentes situacións de emerxencia social.
• No ámbito da Consellería de Facenda e Administración Pública, Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A. garante a atención de emisores e reemisores para conseguir a cobertura do sinal de comunicación audiovisual, a continuidade da rede de emerxencias e a conectividade da Xunta de Galicia.
Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A. é a sociedade mercantil pública autonómica cuxo obxecto social, de acordo cos seus estatutos, é:
«1. […] a realización de actividades dirixidas á prestación de servizos en materia de telecomunicacións na Comunidade Autónoma de Galicia, para as cales obterá os títulos habilitantes que sexan necesarios en cada caso.
Así mesmo, terá por obxecto tanto a planificación, instalación, xestión, mantemento e explotación de infraestruturas, sistemas e servizos de telecomunicacións en Galicia, como a elaboración de propostas, análises e estudos relacionados coas telecomunicacións que correspondan á Comunidade Autónoma de Galicia.
2. En particular constituirán parte do obxecto social as seguintes actividades:
a) A promoción, planificación, deseño, construción, conservación, mantemento, dotación de equipamento e explotación, por si mesma ou mediante terceiros, de toda clase de infraestruturas e servizos de telecomunicacións que sexan promovidas pola Comunidade Autónoma de Galicia ou en que esta participe, vinculadas ao ámbito das telecomunicacións».
Para o desenvolvemento das súas funcións, Retegal conta con seis (6) centros emisores:
– San Marcos-O Pedroso-Santiago de Compostela (A Coruña), A Bailadora-Ares (A Coruña), Domaio-Moaña (Vigo), O Xistral-Vilalba (Lugo), O Páramo-Sarria (Lugo), Meda-Montederramo (Ourense) e cun Centro de Xestión e Atención de Rede (CEXAR).
Os traballadores prestan servizos nestes centros, ininterrompidamente, 24 horas ao día, os 365 días do ano, en horario presencial no CEXAR. Nos centros emisores, préstanse servizos ininterrompidamente as 24 horas do día, os 365 días do ano, e parte son en horario presencial e parte en dispoñibilidade (gardas).
Resulta necesario a presenza ou atendemento (dispoñiblidade) dos referidos centros permanentemente coa finalidade de asegurar as prestacións de servizos contratadas.
A maior abastanza, Retegal, contractualmente, ten cláusulas de penalización por indispoñibilidades na prestación dos servizos que realiza.
Polos servizos esenciais que presta Retegal, que non son obxecto de discrepancia, e que se xustifican na nota da SETSI sobre a folga xeral do 29 de setembro de 2010, no centro de San Marcos, nas oficinas centrais de Retegal, os sábados, domingos e festivos sempre hai un/unha enxeñeiro/a do departamento técnico de garda (Soporte nivel 3), imprescindible para atender as incidencias que non poden ser resoltas polo persoal dos centros emisores.
• No que respecta á Consellería de Sanidade, os servizos mínimos resultan totalmente necesarios para manter a adecuada cobertura dos servizos esenciais que presta esta consellería, evitando que se produzan graves prexuízos para a saúde da cidadanía e permitindo cumprir coa normativa vixente.
Tales servizos mínimos responden á necesidade de compatibilizar o respecto ineludible ao exercicio do dereito á folga co mantemento dunha serie de servizos á poboación, que baixo ningún concepto poden quedar desasistidos, xa que se realizan no eido da protección da saúde, cun carácter marcadamente preventivo e deberán ser prestados tendo en conta as obrigas que o marco normativo vixente impón.
No ámbito da planificación sanitaria e aseguramento resulta necesario garantir a atención aos cidadáns e centros de saúde, garantindo a presenza de persoal, en quenda de mañá, no servizo de tarxeta sanitaria.
No ámbito da protección da saúde pública e inspectora, os servizos deben garantir o cumprimento das normas esenciais para asegurar o control de calquera incidencia que se poida producir nos establecementos e servizos de sanidade ambiental e alimentaria.
No laboratorio de saúde publica cubriranse as necesidades urxentes ou de perentoria necesidade para as mostraxes realizadas no marco do control oficial da saúde pública.
En canto ás alertas epidemiolóxicas, o obxectivo principal é o de detectar rapidamente aquelas ameazas e situacións que poidan ter un impacto grave na saúde da poboación.
• No ámbito da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude tómase en consideración, para determinar os servizos mínimos, a necesidade da presenza efectiva que permita garantir o funcionamento das súas residencias xuvenís e manter as necesidades básicas das persoas residentes durante a folga.
• Finalmente, en relación á Consellería do Mar, os servizos mínimos establecidos por esta consellería fundaméntanse nos seguintes motivos:
A. Centros de ensino.
Nos centros educativos con alumnado en réxime de internado é preciso un mínimo de persoal que manteña a atención que se debe prestar aos/ás residentes.
Os dous centros de ensino dependentes desta consellería nos que se propón fixar servizos mínimos, o IPMP de Vigo e a EONP de Ferrol, teñen durante os días lectivos da semana servizo de residencia e comedor, pero os sábados, domingos e festivos permanecen pechados. Existe un servizo de vixilancia exclusivamente de dúas horas os domingos e os festivos que son vésperas de días lectivos, que teñen como misión abrir o centro e permanecer nel para recibir aos/ás residentes mentres non empeza a quenda do/da educador/a.
Os/as educadores/as desenvolven o seu traballo a quendas, de luns a venres en horario de mañá, tarde e noite. En ausencia dun servizo de vixilancia faise necesario garantir que durante a folga parcial estean presentes de maneira permanente para control e servizo do alumnado residente, alomenos un/unha educador/a na EONP de Ferrol e a secretaria da residencia no IPMP de Vigo.
B. Servizo de Gardacostas de Galicia.
A vixilancia pesqueira non só é necesaria para manter o control do sector, coa finalidade de ofrecer unha efectiva protección dos recursos mariños, senón que tamén colabora en tarefas e actuacións de salvamento e rescate marítimo cando as necesidades así o exixen. Así, os servizos mínimos deben cubrir de xeito efectivo a área de busca e salvamento marítimo e loita contra a contaminación do mar en Galicia, dada a imposibilidade de que tal servizo quede desatendido, pola transcendencia que esta actividade ten no salvamento de vidas e na protección e prevención de contaminacións mariñas.
O Servizo de Gardacostas de Galicia está operativo as 24 horas do día, os 365 días do ano, sen que se diferencien os servizos establecidos para festivos, sábados e domingos dos programados para o resto do días laborables. As emerxencias, de producirse no día fixado para a folga parcial, na hora da súa duración, poden ser atendidas garantindo unha tripulación (composta por un patrón/oa e un vixilante mariñeiro/a) por provincia, nas bases operativas da Coruña, Celeiro e Pontevedra.
C. Ente Público Portos de Galicia.
Os portos, que comezaron como puntos de descarga de mercancías e pesca, evolucionaron ata convertérense nuns complexos industriais e mercantís onde se desenvolven numerosas actividades produtivas e administrativas e que así mesmo realizan unha función de desenvolvemento rexional, permitindo a localización e promoción doutras industrias, e social, en beneficio da comunidade concentrada na súa zona de influencia.
En Galicia, o funcionamento e a evolución do sistema portuario teñen unha especial importancia, xa que as actividades relacionadas co mar representan un factor fundamental na súa estrutura socioeconómica, e non en van máis do 60 % da poboación total das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra reside en concellos que contan con instalacións portuarias, e unha gran parte desa poboación desenvolve actividades directa ou indirectamente relacionadas co sector marítimo.
Os portos autonómicos teñen unha forte actividade comercial, pesqueira e náutico-recreativa, tales como os de Ribadeo, Burela, Celeiro, Cariño, Laxe, Brens-Cee, A Pobra do Caramiñal e Ribeira, que teñen unha forte actividade comercial, están suxeitos ao código internacional de protección de instalacións portuarias e buques fronte a actos terroristas e de atentado a instalacións críticas, código PBIP, e tamén portos pesqueiros de primeira orde e instalacións náuticas ao longo de toda a franxa costeira galega, que atinxe a máis de 65 concellos; todo o anterior implica o control do tránsito de buques, embarcacións e pasaxeiros exteriores. Todas elas son actividades portuarias con relevante impacto na área de influencia das comarcas da zona de influencia destes portos e que exixen que o responsable, xefe/a de zona (ou persoa que o poida substituír), se relacione con diversos departamentos da Xunta e doutras administracións, concellos, capitanías marítimas dependentes da Dirección Xeral da Mariña Mercante ou cos diferentes concesionarios e empresariado en relación aos servizos portuarios; considerando a duración do paro parcial (unha hora) non resulta preciso que os xefes de zona sexan asistidos por outro tipo de persoal.
Portos de Galicia non ten servizos ordinarios (nin de oficinas nin nos portos) os sábados e domingos; aínda que para casos de incidencias nos portos en días de festivo, sábado ou domingo si se acostuma a actuar desde os cargos de goberno do organismo, a través de instrucións aos tres xefes de Zona Territorial de Portos.
Na súa virtude, de acordo coa normativa citada e cos argumentos expostos, vistas as propostas das consellerías e en virtude das facultades que me confire o Decreto 136/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, oído o Comité de Folga,
DISPOÑO:
Artigo único
1.1. Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.
1.1.1. Servizos centrais:
1.1.1.1. Secretaría Xeral Técnica:
Servizo de Rexistro e Atención á Cidadanía.
– 1 funcionario/a.
Servizo de Atención e Información á Cidadanía na Xunta de Galicia (teléfono 012).
– 1 operador/a de 11.00 a 12.00 para o servizo de atención telefónica de información ás mulleres (900 40 02 73).
– 1 operador/a de 11.00 a 12.00 para o servizo de atención telefónica á infancia.
– 1 operador/a de 11.00 a 12.00 para o teléfono 065.
– 1 operador/a de 11.00 a 12.00 a para a liña social.
– 1 operador/a de 11.00 a 12.00 para o teléfono Arco da Vella.
1.1.1.2. Secretaría Xeral para o Deporte:
– Centro Galego de Tecnificación Deportiva (Pontevedra).
1 subalterno na quenda de mañá.
1 preceptor/a na quenda de mañá.
1 oficial/a de cociña na quenda de mañá.
1 camareiro/a limpador/a na quenda de mañá.
1.1.1.3. Dirección Xeral de Emerxencias e Interior:
Dous técnicos/as do sistema integrado de protección civil e emerxencias, con tarefas de garda presencial e/ou localizada do devandito sistema.
1.1.2. Servizos periféricos:
1.1.2.1 Departamento Territorial da Coruña:
1 funcionario/a da Oficina de Rexistro e Atención á Cidadanía do Edificio Administrativo da Coruña.
1 condutor/a.
1 funcionario/a do Servizo de Obras para o mantemento do Edificio Administrativo da Coruña na quenda de mañá.
– Oficina comarcal de Ordes.
1 funcionario/a.
– Edificio Administrativo de Ferrol:
1 funcionario/a da oficina de Rexistro e información do Edificio Administrativo.
1.1.2.2. Departamento Territorial de Lugo:
1 funcionario/a da oficina de Rexistro e Atención á Cidadanía.
1.1.2.3. Departamento Territorial de Ourense:
1 funcionario/a da oficina de Rexistro e Atención á Cidadanía.
1.1.2.4. Departamento Territorial de Pontevedra-Vigo:
1 funcionario/a da oficina de Rexistro e Atención á Cidadanía de Pontevedra.
1 funcionario/a da oficina de Rexistro e Atención á Cidadanía de Vigo.
1 funcionario/a da Oficina Comarcal de Lalín.
1 funcionario/a do servizo de mantemento do Edificio Administrativo de Pontevedra.
1.2. Consellería de Política Social e Igualdade:
1.2.1. A Coruña.
Centros de titularidade pública con xestión propia.
– Centro de Menores San Xosé de Calasanz:
3 educadores/as en quenda de mañá.
2 camareiros/as limpadores/as en quenda de mañá.
– Complexo de Atención de Menores Ferrol:
3 educadores/as en quenda de mañá.
1 oficial/a de cociña en quenda de mañá.
1 axudante/a de cociña en quenda de mañá.
2 camareiros/as limpadores/as en quenda de mañá.
– Centro de Atención a Persoas con Discapacidade:
1 ordenanza en quenda de mañá.
2 ATS/DUE en quenda de mañá.
6 educadores/as en quenda de mañá.
18 auxiliares coidadores en quenda de mañá.
1 oficial/a de cociña en quenda de mañá.
1 oficial de servizos técnicos en quenda de mañá.
1 mozo de servizos en quenda de mañá.
1 axudante/a de cociña en quenda de mañá.
8 camareiros/as limpadores/as en quenda de mañá.
– Residencia de Maiores Torrente Ballester da Coruña:
1 ATS/DUE en quenda de mañá.
4 auxiliares de enfermaría en quenda de mañá.
1 oficial/a segundo/a de cociña en quenda de mañá.
1 axudante de cociña en quenda de mañá.
7 camareiros/as limpadores/as en quenda de mañá.
1 ordenanza en quenda de mañá.
– Residencia de Maiores de Carballo:
1 auxiliar de enfermaría en quenda de mañá.
2 camareiros/as limpadores/as en quenda de mañá.
1 oficial/a segundo/a ou axudante/a de cociña en quenda de mañá.
– Residencia de maiores de Ferrol:
2 ATS/DUE en quenda de mañá.
9 auxiliares de enfermaría en quenda de mañá.
1 oficial/a cociña en quenda de mañá.
1 axudante/a de cociña en quenda de mañá.
15 camareiros/as limpadores/as en quenda de mañá.
1 ordenanza en quenda de mañá.
– Residencia Asistida de Maiores de Oleiros:
1 médico/a.
1 subgobernante.
1 coordinador/a.
6 ATS/DUE en quenda de mañá.
35 auxiliares de enfermaría en quenda de mañá.
20 camareiros/as limpadores/as en quenda de mañá.
2 oficiais/las segundos/as de cociña en quenda de mañá.
1 axudante/a de cociña en quenda de mañá.
1 ordenanza en quenda de mañá.
– Residencia de Maiores da Pobra do Caramiñal:
1 oficial/a segundo/a en quenda de mañá.
2 camareiros/as limpadores/as en quenda de mañá.
1 auxiliar de enfermaría en quenda de mañá.
– Residencia de Maiores de Santiago de Compostela (Porta do Camiño):
1 ATS/DUE en quenda de mañá.
2 auxiliares de enfermaría en quenda de mañá.
5 camareiros/as limpadores/as en quenda de mañá.
1 xefe/a de cociña en quenda de mañá.
1 ordenanza en quenda de mañá.
– Residencia Asistida de Maiores Volta do Castro:
1 médico/a.
1 coordinador/a enfermaría en quenda de mañá.
2 ATS/DUE en quenda de mañá.
18 auxiliares enfermaría en quenda de mañá.
8 camareiros/as limpadores/as en quenda de mañá.
1 oficial/a cociña en quenda de mañá.
1 axudante/a cociña en quenda de mañá.
1 ordenanza en quenda de mañá.
1.2.2. Lugo.
Centros de titularidade pública con xestión propia:
– Residencia de Maiores Burela:
1 ordenanza en quenda de mañá.
12 auxiliares de enfermaría en quenda de mañá.
2 enfermeiros/as en quenda de mañá.
8 camareiros/as limpadores/as en quenda de mañá.
1 oficial/a de cociña en quenda de mañá.
1 axudante/a de cociña en quenda de mañá.
– Residencia de Maiores de Monforte de Lemos:
1 oficial/a segundo/a de cociña en quenda de mañá.
1 camareiro/a limpador/a en quenda de mañá.
1 ordenanza en quenda de mañá.
1 auxiliar de enfermaría en quenda de mañá.
– Residencia de Maiores A Milagrosa:
2 auxiliares de enfermaría en quenda de mañá.
1 oficial/a primeiro/a ou segundo/a de cociña en quenda de mañá.
1 axudante cociña en quenda de mañá.
4 camareiros/as limpadores/as en quenda de mañá.
1 ordenanza en quenda de mañá.
– Residencia de Maiores As Gándaras:
1 gobernante/a ou subgobernante/a en quenda de mañá.
9 camareiros/as limpadores/as en quenda de mañá.
1 xefe/a de cociña ou oficial/a primeiro/a en quenda de mañá.
1 oficial/a segundo/a cociña en quenda de mañá.
1 axudante/a cociña en quenda de mañá.
2 ATS/DUE en quenda de mañá.
14 auxiliares de enfermaría en quenda de mañá.
1 ordenanza en quenda de mañá.
– Casa do Mar de Burela:
1 ordenanza en quenda de mañá.
– Casa do Mar de Celeiro:
1 ordenanza en quenda de mañá.
– Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Sarria:
2 educadores/as en quenda de mañá.
2 ATS-DUE en quenda de mañá.
22 coidadores/as en quenda de mañá.
10 camareiros/as limpadores/as en quenda de mañá.
1 cociñeiro/a (oficial/a primeiro/a, segundo/a ou xefe/a cociña) en quenda de mañá.
1 axudante/a cociña en quenda de mañá.
1 ordenanza en quenda de mañá.
1 oficial/a servizos técnicos en quenda de mañá.
– Centro Socio-Comunitario de Lugo:
1 ordenanza en quenda de mañá.
– Centro Educativo Santo Anxo da Garda:
4 educadores/as en quenda de mañá.
1 oficial/a cociña ou auxiliar en quenda de mañá.
1.2.3. Ourense.
Centros de titularidade pública con xestión propia:
– Residencia do Carballiño para maiores con autonomía:
1 auxiliar de enfermaría en quenda de mañá.
1 ordenanza en quenda de mañá.
1 oficial/a primeira de cociña en quenda de mañá.
2 camareiros/as limpadores/as en quenda de mañá.
– Centro de Menores A Carballeira:
3 educadores/as en quenda de mañá.
1 oficial de cociña en quenda de mañá.
1 axudante de cociña en quenda de mañá.
1 camareiro/a limpador/a en quenda de mañá.
– Residencia de Maiores Nosa Señora dos Milagres:
2 ATS/DUE en quenda de mañá.
12 auxiliares de enfermaría en quenda de mañá.
1 oficial/a de cociña en quenda de mañá.
1 axudante/a de cociña en quenda de mañá.
10 camareiros/as limpadores/as en quenda de mañá.
1 porteiro/a en quenda de mañá.
– Residencia de Maiores de Castro Caldelas:
1 oficial/a de cociña en quenda de mañá.
1 auxiliar de enfermaría en quenda de mañá.
2 camareiros/as limpadores/as en quenda de mañá.
1 subalterno/a en quenda de mañá.
– Residencia de Tempo Libre do Carballiño:
1 gobernante/a en quenda de mañá.
1 oficial de cociña en quenda de mañá.
1 axudante/a de cociña en quenda de mañá.
4 camareiros/as en quenda de mañá.
1 subalterno/a en quenda de mañá.
1 mozo/a de servizos en quenda de mañá.
1.2.4. Pontevedra.
Centros de titularidade pública con xestión propia:
– Centro de Menores Avelino Montero:
3 educadores/as en quenda de mañá.
1 oficial/a segundo/a de cociña en quenda de mañá.
1 camareiro/a limpador/a en quenda de mañá.
– Residencia de Maiores de Pontevedra:
2 enfermeiros/as en quenda de mañá.
6 auxiliares de clínica en quenda de mañá.
1 subalterno/a en quenda de mañá.
1 oficial/a cociña en quenda de mañá.
1 axudante/a de cociña en quenda de mañá.
7 camareiros/as limpadores/as en quenda de mañá.
– Residencia de Maiores da Estrada:
1 oficial/a de cociña en quenda de mañá.
1 axudante/a cociña en quenda de mañá.
1 subalterno/a en quenda de mañá.
1 auxiliar de clínica en quenda de mañá.
2 camareiros/as limpadores/as en quenda de mañá.
– Residencia de Maiores de Marín:
2 auxiliares de clínica en quenda de mañá.
1 subalterno/a en quenda de mañá.
1 oficial/a cociña en quenda de mañá.
1 axudante/a cociña en quenda de mañá.
5 camareiros/as limpadores/as en quenda de mañá.
– Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes (CRAPD) Vigo I:
1 médico/a en quenda de mañá.
1 enfermeiro/a-coordinador/a en quenda de mañá.
5 enfermeiros/as en quenda de mañá.
1 subgobernante/a en quenda de mañá.
43 auxiliares de clínica en quenda de mañá.
2 subalternos/as en quenda de mañá.
1 oficial/a de servizos técnicos en quenda de mañá.
1 oficial/a cociña en quenda de mañá.
2 axudantes/as de cociña en quenda de mañá.
17 camareiros/as limpadores/as en quenda de mañá.
– Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes (CRAPD) Vigo II:
2 enfermeiros/as en quenda de mañá.
1 gobernante/a ou 1 subgobernante/a en quenda de mañá.
11 auxiliares de clínica en quenda de mañá.
1 subalterno/a en quenda de mañá.
1 oficial/a de cociña en quenda de mañá.
1 axudante/a cociña en quenda de mañá.
10 camareiros/as limpadores/as en quenda de mañá.
– Centro de Atención a Persoas con Discapacidades de Redondela:
2 enfermeiros/as en quenda de mañá.
4 educadores/as en quenda de mañá.
24 auxiliares de clínica en quenda de mañá.
1 axudante/a de cociña en quenda de mañá.
1 oficial/a de cociña en quenda de mañá.
9 camareiros/as limpadores/as en quenda de mañá.
1 subalterno/a en quenda de mañá.
– Casa do Mar de Vigo:
2 camareiros/as limpadores/as en quenda de mañá.
– Residencia de Tempo Libre de Panxón:
4 camareiros/as limpadores/as en quenda de mañá.
1 oficial/a de cociña en quenda de mañá.
1 axudante/a de cociña en quenda de mañá.
1 empregado/a de cociña en quenda de mañá.
1 gobernante/a en quenda de mañá.
1 mozo/a de servizos en quenda de mañá.
1 encargado/a de traballos en quenda de mañá.
1 subalterno en quenda de mañá.
1.2.5. Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
1) Centros de atención a persoas maiores
a) Centros residenciais de xestión directa:
– Vivenda comunitaria de Vilasantar:
1 traballador/a en quenda de mañá.
– Vivenda comunitaria da Pontenova:
1 traballador/a en quenda de mañá.
– Vivenda comunitaria de Riotorto:
1 traballador/a en quenda de mañá.
– Vivenda comunitaria de Vilar de Santos:
1 traballador/a en quenda de mañá.
– Fogar residencial/centro de día de Taboadela:
1 técnico/a.
3 xerocultores/as en quenda de mañá.
1 PSX en quenda de mañá.
– Fogar residencial/centro de día de Cerdedo:
1 técnico/a.
3 xerocultores/as en quenda de mañá.
1 PSX en quenda de mañá.
– Fogar residencial de Cerceda:
1 técnico/a.
3 xerocultores/as en quenda de mañá.
1 PSX en quenda de mañá.
– Miniresidencia/centro de día de Melide:
1 técnico/a.
4 xerocultores/as en quenda de mañá.
3 PSX en quenda de mañá.
– Residencia/centro de día de Ortigueira:
1 técnico/a.
6 xerocultores/as en quenda de mañá.
2 PSX en quenda de mañá.
b) Centros de día de xestión directa:
Provincia da Coruña:
Centro de día de Boiro: 1 técnico/a, 3 xerocultores/as e 1PSX.
Centro de día de Cabana de Bergantiños: 1 técnico/a, 3 xerocultores/as e 1PSX.
Centro de día de Dodro: 1 técnico/a, 3 xerocultores/as e 1PSX.
Centro de día de Muros: 1 técnico/a, 3 xerocultores/as e 1PSX.
Centro de día de Outes: 1 técnico/a, 3 xerocultores/as e 1PSX.
Centro de día de Sada: 1 técnico/a, 3 xerocultores/as e 1PSX.
Provincia de Lugo:
Centro de día de Abadín: 1 técnico/a, 4 xerocultores/as e 1PSX.
Centro de día de Chantada: 1 técnico/a, 4 xerocultores/as e 1PSX.
Centro de día de Monforte: 1 técnico/a, 2 xerocultores/as e 1PSX.
Centro de día do Corgo: 1 técnico/a, 2 xerocultores/as e 1PSX.
Centro de día de Pantón: 1 técnico/a, 2 xerocultores/as e 1PSX.
Centro de día da Pobra do Brollón: 1 técnico/a, 2 xerocultores/as e 1PSX.
Centro de día de Ribadeo: 1 técnico/a, 2 xerocultores/as e 1PSX.
Provincia de Ourense:
Centro de día de Coles: 1 técnico/a, 2 xerocultores/as e 1PSX.
Centro de día de Oímbra: 1 técnico/a, 2 xerocultores/as e 1PSX.
Centro de día de Toén: 1 técnico/a, 3 xerocultores/as e 1PSX.
Centro de día de Vilar de Santos: 1 técnico/a, 2 xerocultores/as e 1PSX.
Provincia de Pontevedra:
Centro de día das Neves: 1 técnico/a, 3 xerocultores/as e 1PSX.
Centro de día de Ponteareas: 1 técnico/a, 2 xerocultores/as e 1PSX.
Centro de día de Portas: 1 técnico/a, 4 xerocultores/as e 1PSX.
Centro de día de Valga: 1 técnico/a, 3 xerocultores/as e 1PSX.
Centro de día de Vigo Teis: 1 técnico/a, 3 xerocultores/as e 1PSX.
e) CEMVI:
1 traballador/a en quenda de mañá.
f) Nas escolas infantís de xestión directa:
Nas escolas dunha unidade, dúas persoas traballadoras de atención directa aos nenos e nenas.
Nas escolas de dúas ou máis unidades, terase que cumprir a ratio mínima establecida no Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia.
1.2.6. Fundación Pública Galega para o Apoio ao Exercicio da Capacidade Xurídica:
Os servizos mínimos que se propoñen para a Funga serían:
1 representante da dirección.
2 técnicos xurídicos/as.
2 traballadores/as sociais.
2 administrativos/as.
1.2.7. Axencia Galega de Servizos Sociais.
Nas escolas infantís de xestión directa:
Nas escolas dunha unidade, dúas persoas traballadoras de atención directa aos nenos e nenas.
Nas escolas de dúas ou máis unidades, terase que cumprir a ratio mínima establecida no Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia.
1.3. Consellería de Facenda e Administración Pública.
1.3.1. Rede de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.
Centro emisor de San Marcos: 1 técnico/oficial segundo quendas (1 de mañá).
Centro emisor de Bailadora: 1 técnico/oficial segundo quendas (1 de mañá).
Centro emisor de Xistral: 1 técnico/oficial segundo quendas (1 de mañá).
Centro emisor do Páramo: 1 técnico/oficial segundo quendas (1 de mañá).
Centro emisor de Meda: 1 técnico/oficial segundo quendas (1 de mañá).
Centro emisor de Domaio: 1 técnico/oficial segundo quendas (1 de mañá).
CEXAR: 1 oficial de comunicacións (1 de mañá).
San Marcos Oficina: 1 enxeñeiro/a (en garda segundo quendas).
1.4. Consellería de Sanidade.
1.4.1. Dirección Xeral de Planificación e Reforma Sanitaria:
Servizo de tarxeta sanitaria: persoal administrativo, 3 en quenda de mañá.
1.4.2. Dirección Xeral de Saúde Pública:
Servizo de laboratorio de Saúde Pública: 1 técnico/a da area de microbioloxía e 2 da area físico-quimica, en quenda de mañá.
Servizo de Enfermidades Transmisibles: 1 técnico/a en quenda de mañá.
Servizo de Epidemioloxía: 1 técnico/a en quenda de mañá.
Servizo de Sanidade Ambiental: 1 técnico/a en quenda de mañá.
Servizo de Seguridade Alimentaria: 1 técnico/a en quenda de mañá.
1.4.3. Servizo de Control de Riscos Ambientais (zona Ourense): 4 inspectores/as veterinarios de saúde pública de matadoiro en quenda de mañá.
1.4.4. Servizo de Control de Riscos Ambientais (zona O Barco de Valdeorras):
1 inspector/a veterinario de saúde pública de matadoiro en quenda de mañá.
1.4.5. Servizo de Control de Riscos Ambientais (zona Verín): 2 inspectores/as veterinarios de saúde pública de matadoiro en quenda de mañá.
Servizo de Alertas Epidemiolóxicas de Ourense: un técnico/a de saúde pública en quenda de mañá.
1.4.6. Dirección Territorial da Coruña:
Servizo de Alertas Epidemiolóxicas:
2 técnicos/as sanitarios, 1 xestor/a sanitario e 1 traballador/a social, en quenda de mañá.
1.4.7. Servizo de Control de Riscos Ambientais (zona Pontevedra): 1 inspector/a veterinario de saúde pública de matadoiro en quenda de mañá.
1.4.8. Servizo de Control de Riscos Ambientais (zona Lalín): 2 inspectores/as veterinarios de saúde pública de matadoiro e un farmacéutico/a inspector/a de saúde pública, en quenda de mañá.
1.4.9. Servizo de Control de Riscos Ambientais (zona O Porriño): 1 inspector/a veterinario de saúde pública de matadoiro en quenda de mañá.
1.4.10. Servizo de Alertas Epidemiolóxicas (Dirección Territorial de Pontevedra): un técnico/a de saúde pública, en quenda de mañá.
1.4.11. Servizo de Inspección Veterinaria (zona Lugo): 2 inspectores/as veterinarios de saúde pública de matadoiro en quenda de mañá.
1.4.12. Servizo de Inspección Veterinaria (zona Burela): 1 inspector/a veterinario de saúde pública de lonxa en quenda de mañá.
1.4.13. Servizo de Inspección Farmacéutica (zona Monforte de Lemos): 1 inspector/a farmeceutico de saúde pública en quenda de mañá.
1.4.14. Dirección Territorial de Lugo:
1 persoal subalterno en quenda de mañá.
Servizo de Alertas Epidemiolóxicas: un xestor/a sanitario/a ou enfermeiro/a en quenda de mañá.
1.5. Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
– Centro Residencial Xuvenil LUG
1 persoa de dirección.
1 persoal subalterno/a.
1 camareiro/a-limpador/a.
1 oficial/a segundo/a de cociña.
1 axudante de cociña en quenda de mañá.
– Residencia Xuvenil Altamar:
1 persoa de dirección.
1 persoal subalterno/a.
1 camareiro/a-limpador/a.
1 oficial/a segundo/a de cociña.
1 axudante de cociña en quenda de mañá.
– Residencia Xuvenil Florentino Cuevillas:
1 persoa de dirección.
1 persoal subalterno/a.
1 camareiro/a-limpador/a.
1 oficial/a segundo/a de cociña.
1 axudante de cociña en quenda de mañá.
1.6. Consellería do Mar.
1.6.1. Centros de ensino.
a) Provincia da Coruña:
– Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol:
1 educador/a.
b) Provincia de Pontevedra:
– Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo:
1 secretario/a de residencia.
1.6.2. Servizo de Gardacostas de Galicia
a) Bases de vixilancia da Coruña, Celeiro e Pontevedra. En cada unha das bases:
1 patrón/oa.
1 vixilante mariñeiro/a.
b) Salvamento Marítimo e Loita contra a Contaminación Mariña:
As empresas Tragsatec, Remolcanosa e Avincis deberán garantir que a sala de operacións e todas as embarcacións e aeronaves afectas ao Servizo de Gardacostas de Galicia estarán operativas durante a hora da folga parcial.
1.6.3. Ente público Portos de Galicia
1 xefe/a de zona (Zona Centro-A Coruña).
1 xefe/a de zona (Zona Norte-Lugo).
1 xefe/a de unidade de infraestruturas de zona (Zona Sur-Pontevedra)
Disposición derradeira
Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2026
Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
