A representación da titularidade do centro privado (CPR) EF Educación Sanitaria, da Coruña, solicita a modificación da autorización para impartir o ciclo formativo de grao medio (CM) Coidados Auxiliares de Enfermaría e o ciclo formativo de grao superior (CS) Dietética.
Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo 1. Modificación da autorización
Modificar a autorización e autorizar o CM Coidados Auxiliares de Enfermaría e o CS Dietética. O centro queda configurado como se sinala a seguir:
Denominación xenérica: centro privado (CPR)
Denominación específica: EF Educación Sanitaria
Código do centro: 15033277
Domicilio: avenida Arteixo, 17-19 baixo
Localidade: A Coruña
Concello: A Coruña
Código postal: 15004
Provincia: A Coruña
Titular: Escuela de Finanzas, S.L.
Composición resultante:
Réxime ordinario, modalidade presencial.
• CM Coidados Auxiliares de Enfermaría (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).
• CS Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).
• CS Dietética (2 unidades para 20 postos escolares cada unha)
• CS Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).
• CS Laboratorio Clínico e Biomédico (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).
Artigo 2. Inicio da actividade
Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, o Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do profesorado que impartirá docencia, así como o equipamento.
Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros
Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 4. Revisión da autorización
O centro queda obrigado a cumprir a normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando se teña que modificar calquera dos datos que se sinalan nesta orde.
Disposición derradeira primeira. Recursos
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2026
Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
