
Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coas esixencias de información e publicidade das actuacións financiadas por estes fondos –e, en concreto, de conformidade co disposto no Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, en particular, consonte o seu artigo 34.2, no que se refire á visibilidade da orixe do financiamento; así como co establecido en materia de comunicación, información e publicidade na Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, en especial co previsto no seu artigo 9–, dáse publicidade, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, ás actuacións contratadas que a seguir se indican, por razón do seu financiamento por parte da Unión Europea:
1. Poder adxudicador:
1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.
1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.
1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.
1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
1.5. Código NUTS: ES111.
1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
1.7. Fax: 981 95 74 03.
1.8. Teléfono: 981 95 74 01.
1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/
1.10. Perfil de contratante:
http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216
Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia (https://www.contratosdegalicia.gal), perfil que será así mesmo accesible no Portal web institucional da Xunta de Galicia (https://www.xunta.gal), na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), no Portal de transparencia de Galicia (https://transparencia.xunta.gal), na Plataforma de contratación do sector público (https://contrataciondelestado.es) –por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas– e mais na web https://augasdegalicia.xunta.gal/
2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:
2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.
2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.
3. Actuación contratada:
3.1. Obxecto e descrición da actuación contratada: contrato menor de servizo para o apoio técnico á dirección e ás accións de coordinación empresarial no marco do contrato RET-AB-2025-0131: subministración e instalación dunha rede piezométrica no ámbito territorial da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, derivado do Acordo de colaboración AC25002 entre Augas de Galicia e Retegal.
3.1.1. Referencia de expediente: AUG-2025-0205.
3.1.2. Código/s CPV: 71311100-2 (servizos de asistencia en enxeñaría civil)/71317200-5 (servizos de saúde e seguridade).
3.1.3. Código NUTS do lugar principal da actuación: ES11 Galicia.
3.1.4. Tipo de procedemento de adxudicación e tramitación: procedemento de contrato menor (artigo 118 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público) e polo trámite ordinario.
3.1.5. Orzamento base de licitación:
Importe neto: 14.960,73 euros.
Importe total: 18.102,48 euros.
3.1.6. Valor estimado do contrato: 14.960,73 euros. Coincide co orzamento base de licitación sen IVE.
3.1.7. Prazo de execución da actuación contratada: 5 meses.
3.1.8. Criterio de adxudicación:
3.1.8.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración o único criterio de adxudicación obxectivo establecido na contratación, e en aplicación deste seleccionouse a mellor oferta como resultado da valoración global das proposicións admitidas.
3.1.8.2. Criterio de adxudicación: prezo máis baixo.
3.1.9. Data da adxudicación do contrato: 12 de decembro de 2025.
3.1.10. Número de ofertas recibidas:
3.1.10.1. Ofertas totais: 1.
3.1.10.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 1.
3.1.10.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.
3.1.10.4. Ofertas por vía electrónica: si.
3.1.11. Data de formalización ou celebración do contrato: non procede.
3.1.12. Empresa contratista:
3.1.12.1. Nome da empresa: Control y Geología, S.A.
3.1.12.2. NIF: A28494359.
3.1.12.3. Enderezo: r/ Raimundo Fernández Villaverde, 42, esc. 1, andar 2, pta. 14, 28003 Madrid.
3.1.12.4. Código NUTS: ES11.
3.1.12.5. Correo electrónico: licitaciones@cygsa.com
3.1.12.6. Fax: 915 54 25 13.
3.1.12.7. Teléfono: 915 54 88 16.
3.1.12.8. Pequena ou mediana empresa: si.
3.1.13. Valor da oferta seleccionada:
Importe neto: 14.811,12 euros.
Importe total: 17.921,46 euros.
3.1.14. Publicación da información relativa ao contrato menor no perfil de contratante: 18 de decembro de 2025.
4. Información sobre o proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea relacionado coa actuación contratada: si procede.
Actuación de servizo hidráulico no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU cos fondos europeos procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR).
Actuación encadrada dentro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia na política panca II («Infraestruturas e ecosistemas resilientes»), compoñente 5 («Preservación do litoral e recursos hídricos»), medida: investimento 3 (C5.I3) («Transición dixital no sector da auga [vixilancia e control do contorno dixital])», fito CID 426 («Radares e dixitalización de trámites hidrolóxicos ou meteorolóxicos»), proxecto 01 (C05.I03.P01) («Mellora do coñecemento e o uso dos recursos hídricos»), subproxecto 13 (C05.I03.P01.S13) («PERTE de dixitalización do ciclo da auga na Comunidade Autónoma de Galicia»), campo de intervención 040 («Xestión da auga e conservación dos recursos hídricos [incluída a xestión das concas fluviais, medidas específicas de adaptación ao cambio climático, reutilización, redución de fugas])», campo de intervención 011 («Solucións de TIC para a Administración, servizos electrónicos, aplicacións»).
O Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR) é o elemento central de NextGenerationEU, do que forma parte, e cuxo obxectivo é mitigar o impacto económico e social da pandemia de coronavirus e facer que as economías e sociedades europeas sexan máis sostibles e resilientes e estean mellor preparadas para os retos e as oportunidades das transicións ecolóxica e dixital. Os seus fondos canalízanse a través do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
O Instrumento europeo de recuperación, tamén denominado NextGenerationEU, é un instrumento financeiro temporal de recuperación concibido para impulsar a recuperación, que contribuirá a reparar os danos económicos e sociais inmediatos causados pola pandemia de coronavirus. A Europa posterior á COVID-19 será unha Europa máis ecolóxica, máis dixital, máis resiliente e mellor adaptada aos retos actuais e futuros.
5. Servizo do que se pode obter información sobre o contrato formalizado:
5.1. Nome: Contratación de Augas de Galicia.
5.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.
5.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
5.4. Código postal: 15781.
5.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
5.6. Fax: 981 95 74 03.
5.7. Teléfono: 981 95 74 01.
6. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para a actuación contratada: non procede.
7. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.
8. Outras informacións:
8.1. Financiamento da actuación con fondos da Unión Europea procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR). Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
O financiamento europeo inicialmente previsto da actuación durante a tramitación do expediente de contratación, e a súa execución, levouse a cabo con fondos propios da entidade pública empresarial Augas de Galicia.
Non obstante, procedeuse ao cambio do seu financiamento con fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR), no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, por ter a actuación seleccionada encaixe no dito plan, ao resultar axustada e conforme co contido de aplicación ás axudas financiadas cos fondos do MRR.
8.2. Actuación compatible co principio de «non causar un prexuízo significativo ao medio ambiente» (principio «do no significant harm»-DNSH).
Á actuación resúltalle de aplicación o principio de «non causar un prexuízo significativo ao medio ambiente» (principio «do no significant harm»-DNSH), no sentido establecido no artigo 9.4 do Regulamento (UE) 2021/1060, isto é, a actuación non incide negativamente en ningún dos seis obxectivos ambientais recolleitos no artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sostibles e polo que se modifica o Regulamento (UE) 2019/2088 (Regulamento de taxonomía): mitigación do cambio climático; adaptación ao cambio climático; uso sostible e protección dos recursos hídricos e mariños; economía circular, incluíndo a prevención e reciclaxe de residuos; prevención e control da contaminación á atmosfera, á auga ou ao solo; e protección e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas. O dito regulamento establece a implantación dun sistema de clasificación (ou taxonomía) das actividades económicas ambientalmente sostibles.
A actuación é compatible co principio DNSH de acordo coa documentación que rexe nela, ao non xerar impactos negativos significativos no medio ambiente en atención á súa propia natureza e ás características específicas da súa prestación.
Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2026
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia
