DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 23 de xuño de 2026 Páx. 36172

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2026 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa da batea Mamalode II.

Antecedentes:

1. O día 21 de maio de 2026, Sergio Triñanes Pego solicitou autorización para a transmisión inter vivos da concesión administrativa da batea Mamalode II.

2. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a súa tramitación.

Consideracións legais e técnicas:

1. A competencia para ditar esta resolución corresponde á persoa titular da Consellería do Mar, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e coa Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

En virtude da Orde do 21 de febreiro de 2022, de delegación de competencias, delégase a competencia de resolver nas persoas titulares dos departamentos territoriais da Consellería do Mar.

2. O procedemento tramitouse de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Autorizar a transmisión inter vivos da concesión administrativa do seguinte viveiro:

Tipo: batea.

Nome: Mamalode II.

Situación:

Cuadrícula nº: 31.

Polígono: B.

Distrito: Ribeira (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 4.6.1974.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Sergio Triñanes Pego (***8439**).

Nova titular: Triñanes e Pego, S.L.U. (B70397393).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. O actual titular deberá presentar, no prazo máximo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Xustificante da liquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (carta de pagamento ou comprobante da súa presentación).

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo da resolución ditada pola persoa titular da Consellería.

Terceira. A nova titular da concesión administrativa e da batea queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior titular desde o momento de formalización da transmisión inter vivos en escritura pública e, especialmente, subrógase en todas as obrigas contraídas polo transmitinte en relación coa axuda do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) que lle foi concedida ao abeiro da Orde do 17 de decembro de 2021 (expedientes PE205F 2022/006-1, PE205F 2022/042-1 e PE202F 2022/044-1) en concepto de subvencións no ámbito da acuicultura por importe de 48.919,23 euros. Igualmente, o novo titular comprométese a non efectuar ningunha modificación fundamental das establecidas no artigo 71 do Regulamento (UE) 1303/2013.

Declarar a perda de eficacia da Resolución do 13 de novembro de 2026 pola que se autorizou a Sergio Triñanes Pego (con número de expediente PE515A-2023-00645) a extracción de semente de mexillón debido á modificación dos termos recollidos nela, de conformidade co establecido no artigo 8.4 da Orde do 26 de outubro do 2000.

Declarar a perda de eficacia da Resolución do 10 de novembro de 2025 pola que se autorizou a (Sálvora) Sergio Triñanes Pego (con número de expediente PE515A-2025-00297) a extracción de semente de mexillón debido á modificación dos termos recollidos nela, de conformidade co establecido no artigo 8.4 da Orde do 26 de outubro do 2000.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a persoa titular da Consellería do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

A Coruña, 2 de xuño de 2026

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña