O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que se deberán facer necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.
O Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 16 de setembro de 2010, faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das ditas competencias.
Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída, por proposta do presidente do organismo público Portos do Estado,
DISPOÑO:
A renovación de Javier Suárez García como vogal representante da Administración xeral do Estado no Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña.
Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2026
Marta Villaverde Acuña
Conselleira do Mar
